A Ría Non Se Vende

…La aprobación del Plan de Utilización de los Espacios Portuarios condiciona la suerte de las concesiones correspondientes, tanto si se trata de las existentes como de las futuras. Lo hace, decimos, incluso respecto de las concesiones que ya existan pues pueden ser rescatadas si el desarrollo del Plan lo requiere (artículo 96. 5) y, en todo caso, cuando resulten incompatibles con las determinaciones del Plan de Utilización de los Espacios Portuarios, deben adaptarse a él (artículo 98. 1) El Plan, por lo demás, supone la afectación al uso portuario de los bienes de dominio público y de los bienes patrimoniales incluidos en la zona de servicio que sean de interés para el Puerto

 Extracto del 5º fundamento de derecho del RECURSO DE CASACION Num.: 6849/2009 – 09/04/2013

SENTENCIA del TRIBUNAL SUPREMO. (Sala de lo Contencioso-Administrativo)

Este extracto da sentencia firme do Tribunal Supremo do 9 de abril de 2013 referida ó Porto Deportivo e á urbanización que se pretendía construir en Massó (Cangas), evidencia un feito que as 20 Asociacións Ecoloxistas que formamos a Rede A RIA NON SE VENDE vimos denunciando ata a saciedade desde fai moitos anos: Non hai ningunha obra nin concesión realizada legalmente na xurisdicción da Autoridade Portuaria de Vigo dende o ano 1993 (no que entrou en vigor a Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante) ata hoxe, xa que o Porto de Vigo carece da preceptiva Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP), antes Plan de Utilización dos Espazos Portuarios (PUEP).

 Despois de 22 anos á espera da aprobación de este crucial documento coidamos que se pode incurrir nun grave erro que vimos de denunciar. No documento da proposta de DEUP enviado ó Ministerio de Fomento para a súa tramitación e aprobación     en xuño de 2011 -modificada ata en tres ocasións (decembro de 2011, abril de 2012 e outubro de 2013), se considera zona de servicio do Porto de Vigo prácticamente toda a lámina de auga da ría, en base a unha obsoleta Orde Ministerial do 23 de decembro de 1966.

apvigo

Proposta de Delimitación dos Espaciós e Usos Portuarios da zona de servicio do Porto de Vigo – abril 2012

Sen embargo, nesas mesmas augas existen Lugares de Interese Comunitario (LICs) como o ES1140016 Enseada de San Simón, ES1140010 Costa da Soavela, ES0000001 Illas Cíes, e ES1140012 Illas Estelas, espazos que segundo a Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade (LPNB), no seu artigo 50, establece que a xurisdicción dos espazos protexidos -no caráter administrativo e no ámbito estatal-   correspóndelle ao Ministerio de Alimentación, Agricultura e Medio Ambiente (artígo 6 LPNB).

apvigo1

Espacios da Ría de Vigo incluidos na Rede Natura 2000

Polo tanto, a Autoridade Portuaria de Vigo está a usurpar competencias ao Ministerio de Alimentación, Agricultura e Medio Ambiente nas zonas protexidas da Rede Natura 2000, polo que a Rede de colectivos A RÍA NON SE VENDE ven de presentar denuncia ante a Xunta de Galicia esixindo a adopción de medidas cautelares para evitar posibeis deterioros nos espazos naturais incluidos na Rede Natura 2000 (artigo 22 LPNB) e que de xeito fraudulento forman parte da Zona II da zona de auga da zona de servizo do Porto de Vigo e polo tanto, ficando sen protección e sen o preceptivo control ambiental esperable para zonas declaradas de especial proteción segundo a Directiva Comunitaria 92/43/CEE.

Denunciamos, así mesmo, que ainda que estes Lugares de Interese Comunitario foron incluidos na Lista de LICs da Rexión Bioxeográfica Atlántica da Rede Natura 2000 no ano 2004, non consta na proposta de DEUP documento algún respecto á Avaliacións Ambientais de plans ou programas e/ou Avaliacións de Impacto Ambiental de proxectos que afecten a estes espazos.

O proceso de declaración de Zonas Especiais de Conservación, que tiña que ser rematado a máis tardar no 2010, foi iniciado pola Xunta un ano máis tarde (2011) e rematou no ano 2014. Cando menos desde comezos do 2010 tíñanse que ter adoptado medidas cautelares, ou propiciado ou promovido as Avaliacións Ambientais preceptivas.

Máis o cúmulo de ilegalidades e despropósitos non acaba aquí. En abril de 2012, tendo coñecemento dende setembro de 2011 do inicio do procedemento iniciado pola Xunta, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente emitiu resolución na que se dicía que non era necesario someter a tramite de Avaliación Ambiental a proposta de DEUP a pesares de que na mesma incluíanse as devanditas zonas con categoría de especial protección, conculcando a Lei. Queremos sinalar que a proposta da DEUP en tramitacion esta a incluir na zona de servizo do Porto de Vigo ademais dos espazos naturais protexidos, bancos marisqueiros e autorizacións vixentes a Confrarias da Ria, sen pasar por Avaliacion Ambiental Estratexica e sen estudiar a afeccion das actividades portuarias e posibles proxectos de infraestruturas portuarias sobre o conxunto da ria e a sua biodiversidade polo que vimos de denunciar ante o Xulgado de Guarda os delictos de prevaricación, falsedade en documento público, contra dos recursos naturais e o medio ambiente e da ordenación do territorio ós responsables do Ministerio (engadese copia da DENUNCIA).

É por iso que desde a Rede de Colectivos que formamos A RÍA NON SE VENDE reclamamos á Xunta que, xa que non procedeu en tempo e forma, adopte agora e de xeito urxente medidas cautelares nas devanditas zonas, en aplicación do disposto no Decreto 37/2014, de 27 de marzo, polo que se declaran Zonas Especiais de Conservación os Lugares de Importancia Comunitaria de Galicia e se aproba o Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia (PDRN2000G), que esteblece a prevalencia do PDRN2000G sobre calquera outro Plan -Delimitación-, incluídos os existentes (artígo 4 do Anexo (PDRN2000G) do Decreto 37/2014).

Asemade, reclamamos á Xunta de Galicia que asuma o xestión que lle corresponde, que someta a estricto control o proceder concesivo da Autoridade Portuaria de Vigo, que impida ou invalide a súa emisión de concesións ou ampliacións de actividades en Rede Natura, que segrege definitivamente os espazos da Rede Natura da zona de servicio da APV, e que someta a unha estricta revisión xurídica e a unha verdadeira Avaliación Ambiental todas as actividades actualmente instaladas nestes espazos naturais.

Asemade, tamén reclamamos que a Xunta de Galicia solicite formalmenta á APV a desafectación das zonas do litoral onde se ubican os bancos pesqueiros e marisqueiros de Cangas e de Moaña das que exerce a competencia outorgada pola Constitución Española e o Estatuto de Galicia.

A Ría Non Se Vende

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s