Arquivo por meses: Agosto 2017
Despois de anos de deixadez por parte da Administración, o Movemento Ecoloxista celebra que, por fin, se faga cumprir o cupo de visitantes diarios ás illas Cíes
A demora de 14 anos en aprobar un PRUX por parte da administración e a manifesta irresponsabilidade de certas empresas navieiras, comprometen a conservación deste espazo natural e poñen en perigo a seguridade dos visitantes
A polémica das últimas semanas polo turismno desordenado nas Cíes pon de manifesto o que dende o ecoloxismo levamos anos denunciando: que a normativa de cupos de visitantes para as illas Cíes é incumprida de maneira sistemática por certas navieiras, sen que ata o momento se tomase ningunha medida seria de cara a atallar este problema por parte das autoridades competentes. Unicamente se impuxeron algunhas sancións que, pola súa escasa contía, compensan ás navieiras, comparadas cos enormes ingresos que se derivan de sobrepasar o tope diario de visitantes.
NON A PORTO CABRAL
DESPOIS DE QUE OS VICIÑOS FALARON, VOTARON E DIXERON NON A PORTO CABRAL, A Xunta Rectora volta cun novo intento de apropiación do monte veciñal para fins diferentes dos propios da súa natureza. Porto Cabral volta sair à palestra parece ser coa finalidade de contruir un macrocentro comercial, a expensas dun monte mancomunal
NECESITAMOS O VOSO APOIO PARA MÁIS QUE NUNCA BERRAR FORTE:
NON A VENDA OU EXPROPIACIÓN PARA FINS DO GRAN CAPITAL DO MONTE COMUNAL.
(O DOMINGO 27 ÁS 12:00H TODAS ESTAREMOS NO MONTE DE COTOGRANDE-CABRAL-VIGO NA ROMARÍA DO PAN DE MILLO )
Despois de case unha ducia de anos ao fronte da Comunidade de Montes de Cabral, em maio de 1999, a persoa que se puxera à fronte da Parroquia para reivindicar que os montes comunais foran propiedade dos viciños, dá por concluida a súa xestión polo que em maio dese ano , accede à presidencia o actual presidente (Luís Rodríguez),que leva xa 18 anos no cargo. Nun principio e durantRe un periodo corto de tempo foi tamén presidente da Asociación de viciños.
O interés polo monte de Cabral ven xa de antigo. A finais do ano 1999 , com tan só un ano no cargo, suscitouse o primeiro enfrontamento na CM de Cabral pola criación dunha praza de touros e propúñase como ubicación Cotogrande.