NON A PORTO CABRAL !!!

NON A PORTO CABRAL
A RÍA NON SE VENDE
Rede de asociacións ecoloxistas en defensa do territorio,
da natureza, da xustiza social e do patrimonio cultural
CONVOCA Á CIDADANÍA
Á XUNTANZA EN DEFENSA DO MONTE COMUNAL
QUE TERÁ LUGAR CON OCASIÓN DA ROMARÍA DO PAN DE MILLO
NO PARQUE FORESTAL DE COTOGRANDE, CABRAL
O DOMINGO 27, DE 12:00 A 14:00 H,
E DENUNCIA:


O intento, por parte da Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Cabral,
de entregar unha parte do monte a un grupo empresarial multinacional

• En contra da vontade dos viciños e comuneiros,
• En contra da Lei de Montes,
• En contra do interese comunal e público, e
• A favor dos intereses privados da empresa e da propia Xunta Reitora

Os viciños e comuneiros xa fixeron oír a súa voz no ano 2013, en asemblea soberana, votando en contra do proxecto de Porto Cabral. Porén, a Xunta Reitora da Comunidade de Montes volve á carga, intentando a entrega de monte comunal, mediante a súa venda ou expropiación, a un grupo empresarial multinacional, para desenvolver un proxecto especulativo que é incompatible:

• Co aproveitamento económico sustentable do monte
• Cos valores naturais, arqueolóxicos e antropolóxicos do monte
• Cos fins que a Lei de Montes asigna ao monte comunal
• Co sostemento económico e a continuidade do comercio local

O proxecto consiste nun macrocentro comercial e de ocio. O grupo empresarial e a Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Cabral tentan vender o proxecto coa falsa promesa da xeración de “milleiros” de postos de traballo. A falsidade de tal promesa está palmariamente demostrada pola realidade doutros centros da mesma empresa, ITU – Eurofund, noutros lugares do estado.

Non é ético utilizar a precariedade económica que sufrimos para tentar seducir nin presionar á cidadanía para a aceptación do proxecto. Non é ético promover unha espuria declaración de utilidade pública do proxecto para xustificar a expropiación dos terreos e o seu cambio de uso. Non é ético abandoar unha valiosa zona de monte comunal á súa destrución irreversible a prol do beneficio privado dunha grupo empresarial cuxa actividade comprometería a viabilidade do comercio local.

Non é ético nin racional perseguir un beneficio económico puntual a costa da destrución dos valores naturais, paisaxísticos, etnográficos e arqueolóxicos dunha zona de monte cuxo uso multifuncional ben planificado, e as conseguintes labores de recuperación, aproveitamento e mantemento, darían traballo e sustento a moitos cidadáns en condicións de sustentabilidade, que quere dicir perdurabilidade.

Os comuneiros, os veciños, o monte, os valores e a historia que o monte garda, precisan do noso apoio. Agárdannos. En Cabral. No monte de Cotogrande.

O próximo domingo, 27 de agosto de 2017
O MONTE NON SE VENDE

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s