Domingo 16 de Xunho: Andaina reivindicativa pola Cruz da Maceira e Pastoriza, no Morrazo

CARTAZ-ROTEIROEN DEFENSA DO PATRIMONIO NATURAL, FORESTAL E CULTURAL

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo quere convidarte ao roteiro que organiza este vindeiro domingo 16 de xuño pola Cruz da Maceira e Pastoriza, lugares afectados por un proxecto de parque empresarial de carácter supramunicipal. A saída do roteiro, de dificultade media, será ás 10 da mañán desde a área recreativa de O Beque (A Fraga-Moaña) e chegada ao mesmo lugar ás 13h.

Percorrido: Pozo da Maceira, Cruz da Maceira, Pastoriza, Pedra da Pousa, río das Gorgadas, mámoa de Forno das Arcas, A Telleira, monte capela de San Lourenzo, monte Furcos, Cruz da MAPA-ROTEIROMaceira, Regadantes, O Beque.

Puntos de interese: áreas de ribeira de dous nacementos do río da Fraga, carballeiras e bosque mixto de Pozo da Maceira, núcleo rural de Pastoriza, área de ribeira do nacemento do río das Gorgadas con carballeiras, bidueiral e hábitat natural prioritario de matogueira, mámoa megalítica de Forno das Arcas, ruínas da capela de San Lourenzo do século XVII, áreas forestais de monte Furcos e Pedra da Pousa, carballeiras, soutos e bosque mixto de Regadantes.

Durante o roteiro percorreranse camiños e corredoiras, na súa maior parte, que forman parte do sendeiro municipal do Río da Fraga, do de curto percorrido de Chans e do GR-59 de longo percorrido do Morrazo xunto con vías forestais e rurais.

Como chegar

Para chegar até as instalacións de O Beque hai que utilizar a PO-313 Marín-Moaña, desviarse pola EP-1102 á altura do miradoiro de A Paradela en dirección ó núcleo rural de A Fraga e coller finalmente o desvío en subida á esquerda pouco antes da Taberna A´de Lino.

Proxectos de polígonos

As zonas a visitar, malia estar integradas en chan rústico de especial protección de espazos naturais, forestal, de augas, patrimonial e de infraestruturas e en monte de propiedade comunal, están ameazadas por un proxecto de parque empresarial supramunicipal, entre os concellos de Moaña e Marín, que podería chegar a recualificar até 1.500.000m2 (1.152.021m2 en Pastoriza e 435.528 m2 na Cruz da Maceira) con fortes desniveis arredor dos 400 metros de altura sobre o nivel do mar. O impacto ambiental e paisaxístico na conca que conforman os nacementos do río da Fraga (entre os altos do Cruceiro, Valadiño, Outeiro da Carballosa , Monte Formigoso e Monte Faro) e do río Gorgadas (afluente do Loira) sería irreversíbel. Seguir lendo

Advertisements

Domingo 21 de Abril: IV ANDAINA POLA DEFENSA DA SERRA DO GALIÑEIRO

Imaxe

CARTAZ

Domingo 21 de Abril: A vosa presenza sumará forzas neste momento no que é preciso facer fronte a febre mineira que nos ameaza
IV ANDAINA POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRO.

SAIDA:
Parque forestal de Zamáns ás 10:30 h.

CHEGADA:
Parque forestal de Zamáns as 15:00 h.
Zona de aparcamento: Parque forestal de Zamáns.
O percorrido pasa polos sitios onde se ubicarán alomenos 6 xeradores eólicos e pola área onde se prevé realizar as catas de prospeccións mineiras de terras raras.
A RUTA:
Cun percorrido de 10 km. (3 e media / 4 horas) disfrutaremos das terras de Zamáns e Herville.
Ao remate, lectura do manifesto, poesía e música:
Rexina Vega, Paco Barreiro, Manolo Pipas, Leo i arremecághona e Os Carunchos.
E para os pequenos:
O Mago Marco.
E tamén:
Faremos un xantar popular coa comida que traia cada un.
Tamén haberá bocatas, empanadas e viandas variadas para quen queira comprar alí.
Esperamosvos !!! 

MINAS! PARA QUÉ(N)?
Como se despois da explotación do estaño polos fenicios, do ouro polos romanos e do wolframio polos alemáns se cinguira sobre nós a cuarta ondada mineira… Neste caso “sen complexos”, a ceo aberto!

Unha multinacional canadiana pretende extraer ouro en Corcoesto coa técnica do cianuro ameazando o val do río Anllóns e a ría de Laxe e Corme nos concellos Cabana de Bergantiños, Ponteceso e Coristanco na Costa da Morte, outra norueguesa tenta tirarlle a terra ás facendas gandeiras das parroquias dos concellos de Castro de Rei, A Pastoriza e Cospeito na Terra Chá para quedarse co seixo, outra multinacional procura feldespato nas terras agrícolas da Limia, outra busca andalucita nas portas do parque natural das Fragas do Eume. En Castrelo de Miño investigan a posibilidade de facerse co wolfram e estaño ademáis do litio, tantalio e posiblemente Terras Raras, en Viana do Bolo o que os atrae é o coltán. Todo isto sen diminuir a presión das louseiras e graniteiras por todo o país.

No Galiñeiro, Umbono Capital fará investigacións sobre Terras Raras nunha extensión de 10 ha, e a Xunta de Galicia ofertou outras 32 ha para a extración dos mesmos elementos, os minerais que máis reciben o nome de estratéxicos, e por iso máis especulativos.

Que beneficio imos tirar nós de toda esta desfeita?
Un puñado de postos de traballo a cambio da destrución do escaso tecido socioeconómico de cada unha destas bisbarras, da irreparable perda dos bens culturais… da desolación ambiental, da contaminación da agua, o ben máis estratéxico de todos.

Recursos minerais estratéxicos para que?! Estratéxicos para quen?!

Plataforma Pola protección da serra do GALIÑEIRO

 

Sábado 20 de Abril: Ricardo Mella, libertario, daquí, da ría

cartaz_web-1Ricardo Mella Cea foi un topógrafo e librepensador vigués recoñecido a nivel internacional, mais que na súa cidade natal é, para a maioría da cidadanía, un nome baleiro…para uns, unha escola; para outras, unha avenida. Por iso, este próximo sábado 20 de abril celebraremos unha velada artístico-literaria para recordarmos o seu discurso. Un discurso lúcido, subversivo e exemplar que, ante todo, avoga pola soberanía persoal e polo dereito a satisfacer por igual as necesidades fisiolóxicas, intelectuais e morais de toda a humanidade. Di Mella: Eles non ven, non queren ver no home un animal que come, sente e pensa, prefíreno coma cidadán que vota, obedece e traballa. Por iso, a súa lóxica é a da propiedade individual, do privilexio político e da suxestión relixiosa.

Se queredes saber máis tendes unha cita, o 20 de abril. Primeiro, ás 18:00 horas no Bou Eva estrearemos a mostra plástica de Emilio Cabezas Lumpenproletariat e teremos un coloquio con Xosé Manuel Pereiro e Antón Fernández. Así, por unha banda recordaremos o extenso traballo xornalístico de Mella e, por outra, o seu pensamento humanista. Despois deste coloquio, como ben sabemos que, en realidade, todo está roto sairemos a berrar e a bailar cara ao Bar Berlín e o Torreiro da Festa onde a partir das 22:00h. poderemos gozar de música, poesía e circo. Comezaremos cun acústico do Leo de Matamá que se estrea no Berlín e continuaremos no Torreiro da Festa coa poesía de Silvia Penas, o circo de AsSircópatas, o Shaishakarraskaise de Igmig e pecharemos cun sistema de son con García MC ao micro e Cristal Arts aos pratos.

Así é como se loita, non deixando ningún carreiro nin ningunha matogueira ao adversario, cercándoo por todas partes. Se sodes guerrilla, xa seredes exército. Voso será o triunfo. Ricardo Mella en Acción Libertaria, núm. 18. Xixón, 14 abril 1911

http://ricardomella.org/

http://acboueva.blogaliza.org/

JULIO, BENVIDO Á TERRA

imagesDa rede GNSV damos as boas-vindas ao companheiro Julio, despois de sofrer 40 dias de privación de liberdade na prisón Soto del Real en Madrid.

Queremos ao mesmo tempo denunciar públicamente a montaxe policial de que foron vítimas Julio e a sua compañeira Silvia ao serenlles aplicada a lei antiterrorista, ao somete-los ao réxime de incomunicación, ao serem trasladados pola forza aos calabozos da Audiencia Nacional en Madrid e ao ingresar o Julio no cárcere.

Dous días despois de ser detida, Silvia foi posta en liberdade sen cargos. Entrarom na súa casa pola forza, separaron-na da súa crianza lactante e levaron-a secuestrada para Madrid sen ningún tipo de xustificación.

Coarenta días tivo que pasar Julio na cadea para sair en liberdade, eso sí, baixo fianza para non ter que admitir que todo foi unha montaxe policial sen ningún tipo de provas.

Condeamos a actuación dos medios de comunicación subvencionados que publicaron a nova das detencións, con notas enviadas directamente de comisaria, sen molestarse en comprovar os feitos, con imaxes de artefactos para criminalizar as persoas detidas e sen ter ningún reparo en difundir os nomes e apelidos, sen concederlles a presunción de inocencia, condenando sen xuízo e incrementando a fantasia policial dos cargos que se lles achacaban. Agora que Julio foi posto en liberdade non lle adican nin unha soa linha nos seus panfletos mentireiros.

NON MÁIS MONTAXES POLICIAIS
NON Á DISPERSIÓN DAS PERSOAS PRESAS
ABOLICIÓN DA LEI ANTITERRORISTA
BASTA DE INTOXICACIÓN MEDIÁTICA

Galiza Non Se Vende

A Plataforma en Defensa da Serra do Galiñeiro presentou alegacións contra o Proxecto de Parque eólico

galineirologo-200-11O día 30 de novembro a Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro, da que forma parte “A Ría Non Se Vende” presentou a súa alegación ao Proxecto de parque eólico na citada serra. A pesar das dificultades que a Administración nos puxo, preparamos un  extenso argumentario ante as distintas infracións que o proxectado  polígono eólico infrinxiría na serra do Galiñeiro.

O prazo para preparar o documento de alegación foi de só un mes, do  que os primeiros días non tiñamos practicamente acceso ao Proxecto, ao  tratarse este de un extenso documento de centos de páxinas e planos  que só podiamos consultar nas oficinas dos concellos ou da consellería  de industria. O documento dixitalizado tivo que ser pedido á Xunta e  conseguido con esforzo. Foi só na última semana, e cando se nos  comunicou que non daban ampliación do prazo de alegacións, que nos  enviaron o Proxecto en formato dixital.

Esta Plataforma conseguiu redactar en poucos días e coa adicación do  tempo libre dos seus membros, un traballo máis exahustivo do que  fixeron no gabinete de redacción do estudo de impacto de Terra do  Vento, que nalgúns aspectos é unha redacción teórica copiada de  diversas fontes e sen estudo de campo.

Os estudos de impacto son encargados como trámites, e aínda que en  ocasións son estudos feitos por profesionais serios, noutros casos coa  súa desidia burlan e desprezan os valores desta serra.

Queremos dar as grazas unha vez máis a toda a xente que colaborou asinando a alegación persoal pedindo a retirada do Proxecto de Parque eólica na serra do Galiñeiro. Gracias a todas e todos eles, presentamos máis de 8.000 alegacións no rexistro da Xunta.

http://serragalinheiro.wordpress.com

A REDE DE COLECTIVOS “GALIZA NON SE VENDE” SOLIDARIZÁMONOS CON XULIO E SILVIA, COMPAÑEIR@S DETID@S O PASADO LUNS

Xulio Saiáns Liverdade

Sentimos dor e raiba ao enteirarnos, o luns á noite, da detención d@s nos@s compañeiros e amig@s Xulio Saiáns e Silvia Casal, xunto co seu meniño de oito meses, baixo graves acusacións e por serlles aplicada a lexislación de excepción da lei antiterrorista.

Alegramonos, de que primeiro o meninho e ao dia seguinte Silvia foron postos en liberdade.

Desde a rede de colectivos GNSV queremos destacar que:

Júlio e Silvia son persoas boas e xenerosas, comprometidas activamente coa defensa ambiental, social e cultural da nosa terra, respetuosas e dialogantes con todas as diferencias de criterio entre os distintos colectivos da nosa rede e cunha traxectoria incuestionábel durante todos os anos que levan luitando polo noso pobo. Sempre foron exemplo de compromiso, tolerancia, xenerosidade e amor pola nosa terra.

Vai todo o noso apoio, o noso cariño e a nosa solidariedade para Julio Saians, ainda preso e incomunicado, Silvia Casal e o meniño de amb@s.

Sentimos vergoña, indefensión e fustración ao ver como o ministerio de interior e a prática totalidade dos medios de difusión subvencionados, se saltan a presunción de inocencia, e criminalizan ás persoas detidas, chegando a ilustrar a nova con fotografías de artefactos inexistentes, cando o propio Ministério, detalla que se requisaron únicamente “axendas, material informático e numerosa documentación”. Mentras Silvia é posta en liberdade sen cargos unhas horas mais tarde, despois de sofrir durante varias horas a separación forzosa do seu meniño de 8 meses en idade de lactancia.

En canto a Xulio, ainda preso e incomunicado:

Esiximos que se respeten os seus dereitos fundamentais e a súa liberación inmediata.

Preocupanos o trato de que poida ser obxecto derivado do “réxime especial” que se lle está aplicando de detención incomunicada a mans da policia ata durante 5 días (sen acceso de avogad@s, familiares, etc.) réxime que foi denunciado desde instancias internacionais para a súa eliminación. Lembremos que o Tribunal de Dereitos Humanos europeu condenou tres veces nos últimos anos ao estado español pola prática de torturas ás persoas detidas.

Preocúpanos de que poida ingresar en prisión, sen xuízo, por un período que pode durar ata catro anos.

Preocupanos a posibilidade de que sexa dispersado ilegalmente a unha prisión a centos de Kilómetros da Galiza.

Denunciamos a criminalización das persoas polo seu compromiso, a sua ideoloxia ou a súa pertenza a colectivos sociais.

Pensamos que a lei debería actuar contra os banqueiros e os políticos que os amparan, que son quen inducen á miseria e a morte prematura a milleiros de mulleres, homes, nenas e nenos nun sistema capitalista destrutor do medio ambiente, xerador de desigualdades sociais e de miseria humana a nivel intelectual, cultural e alimentario, e non ensañarse coa xente comprometida co pobo.

Animamos a participar en todas as mobilizacións que se fagan na súa solidariedade e pola lberación do compañeiro Xulio.

XÚLIO SAIÁNS LIBERDADE!

DEFENDER A TERRA NON É DELITO

Mércores 31 de Outubro

Galiza Non Se Vende

DEFENDER A TERRA NON É DELITO

Mércores 31 de Outubro

Galiza Non Se Vende

“A RÍA NON SE VENDE” SOLIDARÍZAMONOS COAS 12 PERSOAS PROCESADAS POR DEFENDER A NOSA LINGUA

En febreiro de 2009, 12 persoas foron detidas por participar en actos de protesta contra unha manifestación galegófoba á que asistían destacados membros da ultradereita estatal e galega arropados por centenares de persoas vindas, a maioria, de fóra do país.

Os manifestantes galegófobos eran protexidos por un desproporcionado dispositivo policial mentras que as persoas presentes nos actos de defensa da lingua sufrían unha salvaxe carga policial, sendo muitas identificadas, outras malladas brutalmente, detidas e criminalizadas.

O martes 23 de Outubro ás 9:30 escomenza o xuízo no que o fiscal pide en conxunto 45 anos e 8 meses de cárcere e sancións económicas que superam os 30.000 euros para estas 12 persoas.

 Consideramos este proceso como político, irracional e antidemocrático, unha farsa baseada en infamias e falsidades que pretende convertir as vítimas en verdugos.

Ante este atropelo, queremos mostrar toda a nosa solidariedade e o noso apoio incondicional coas persoas procesadas que o único que fixeron é manifestarse pola defensa da nosa lingua, ante unha ofensiva planificada desde a extrema dereita e orquestada polos medios de comunicación oficiais.

 Denunciamos a hipocresía e baixeza moral das testemuñas, membros de Falange, de UPyD e de Galicia Bilingüe e as suas arelas de manipular a opinión pública criminalizando as persoas que defenden a nosa lingua. Seguir lendo