Centos de persoas na andaina contra Porto Cabral

O próximo domingo 26, coincidindo coa asemblea na que os comuneiros decidirán sobre a posible “expropiación pactada” de máis de 300.000 m2 de monte comunal, está convocada e notificada á subdelegación do goberno unha concentración, as 9:30 horas, na entrada do Ifevi. Espallade a información e acudide.
O MONTE NON SE VENDE
2013_05_19_999_32

2013_05_19_999_46

2013_05_19_999_56

2013_05_19_999_57

2013_05_19_999_63

2013_05_19_999_69

2013_05_19_999_80

2013_05_19_999_83i

Advertisements

CONTRA O MACROCENTRO COMERCIAL NOS MONTES DE CABRAL

03

A RÍA NON SE VENDE CONTRA O MACROCENTRO COMERCIAL NOS MONTES DE CABRAL

Como consecuencia do aberrante proceso de redacción do PXOM de Vigo, rexeitado, alegado e recorrido na súa contra por moita da veciñanza, estes terreos agora no punto de mira da especulación, que en orixe estaban clasificados como chan rústico de especial protección forestal e dos que uns 300.000 m2 son monte comunal, pasaron estar clasificados como urbanizables, dando paso a esta operación de auténtico pelotazo urbanístico que conta coa complicidade do Concello de Vigo e a presunta colaboración da directiva da Comunidade de Montes de Cabral.

Ante a asemblea da Comunidade que se vai celebrar este domingo, a rede de colectivos A Ría No Se Vende solicítalle aos comuneiros e comuneiras que participen que fagan un exercicio de responsabilidade votando en contra do macrocentro comercial e de ocio que proxecta a multinacional inglesa Eurofund Investiments.

Este proxecto, aínda que o promocionen dicindo que xeraría miles de postos de emprego, na realidade incidiría máis na destrución de empregos no pequeno e mediano comercio local e da pequena industria máis achegada a nós, dentro dun modelo centralizador e espoliador representativo das malas prácticas ultracapitalistas que nos trouxeron ata a situación de crise actual.

Eliminaría masa forestal necesaria como pulmón para a atmosfera dunha cidade xa bastante polucionada, afectaría ao patrimonio arqueolóxico, social e cultural, ós recursos económicos asociados ó monte, á paisaxe e á propia memoria vital dos veciños e veciñas da zona.

Os montes comunais, teñen unha función ecolóxica e socio-económica derivada dos seus recursos e non pertencen soamente a unha xeración, chegaron a nós grazas ós esforzos de nosos devanceiros e é o noso deber coidalos e transmitilos no mellor estado posible ás xeracións que virán.

Apelamos á conciencia e á responsabilidade dos comuneiros e comuneiras como xestores do monte como ben común. Pedímolles que non se deixen manipular e defendan o que é seu e de todos/as nós.

De seguir este mesmo modelo económico de especulación e espolio imos de xeito irreversible a un precipicio ambiental, económico e social. Esiximos  construír o noso futuro tendo en conta o medio ambiente, os recursos que nos proporciona e a básica dimensión de proximidade e sustentabilidade que debe prevalecer nas nosas relacións económicas.

RECLAMAMOS UNHA NOVA EXPOSICIÓN PÚBLICA DO DEUP

areal01

Os despropósitos na tramitación da Delimitación de Espazos e Usos Portuarios do Porto de Vigo continúan.

Non chegaba cun proxecto que pretende formalizar a ocupación dunha boa parte da ría sen xustificalo medioambientalmente, obviando incluso extensas ocupacións da propia Rede Natura.

Non chegaba con pretender darlle carta de existencia a máis de dous millóns de metros cadrados de ría recheados ilegalmente dende mediados do século pasado.

Non chegaba con inserir con disimulo no plan actividades que nada teñen de portuarias.

Non chegaba con ter deixado sen resposta formal as alegacións cidadáns ao plan (temos constancia da chegada a algunhas asociacións de respostas enviadas sen certificar, sen verificar polo tanto a súa entrega) e dubidamos incluso que esas respostas e as propias alegacións figuren no expediente enviado a Portos do Estado.

Non, despois de ter exposto un plan cunhas desafeccións propostas pola propia APV, e presentadas como titular de prensa, como magnánimo “regalo” da autoridade portuaria á cidadanía; aparece agora que gran parte de esas desafeccións non se farán.

Consideramos que a modificación do plan con respecto ó que foi exposto ó público é da suficiente entidade como para que se realice unha nova exposición pública, e así o esiximos en escrito presentado ante a APV, e esiximos unha vez máis que como plan dunha administración pública que é, respecte a lexislación europea e española, someténdose a avaliación ambiental estratéxica e iniciando de novo o deseño do plan tendo en conta os seus efectos ambientais.

Marzo 2013

Presentadas alegacións ó Plan de Areas Empresariais de Galicia

A Rede de colectivos A Ría Non Se Vende ven de presentar alegacións ó proxecto de Plan Sectorial de Ordenación das Areas Empresariais de Galicia.

Apoia e recolle a alegación presentada pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo solicitando a retirada do parque empresarial Marín-Moaña e da plataforma loxística Marín-Pontevedra, e a amplía, pedindo tamén a exclusión do proxecto de ampliación do parque empresarial Bueu-Castiñeiras.

Alégase a falla de xustificación dunha demanda real de solo industrial, como teñen recoñecido tanto Xunta como Xestur; que non se ten en conta a importancia fundamental dos Montes do Morrazo, como espazo natural valioso en si mesmo e como corredor ecolóxico, conectando áreas costeiras como a da Costa da Vela e Cabo Udra cos espazos interiores das terras de Pontevedra; e que o plan está deseñado segundo un modelo de desenvolvemento especulativo e insustentable.

Xa nas alegacións concretas aos proxectos do Plan para o Morrazo, detállanse os impactos que produciría na natureza e na paisaxe, nos nacementos dos ríos, nas zonas de captación de augas, nos núcleos rurais, nas importantes areas patrimoniais e arqueolóxicas da zona, nas especies en perigo de extinción e nos propios recursos marisqueiros, pesqueiros, paisaxísticos e turísticos das rías.

Hai que salientar a figura de protección do espazo natural Montes do Morrazo, actualmente solo rústico  de protección de espazos naturais, que imposibilitaría calquera edificación no seu ámbito, e ínstase a respectar esa figura e o espazo sexa incluído na prevista ampliación da Rede Natura 2000.

Tamén se apoia a proposta de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, que se situaría entre os concellos de Marin, Pontevedra e Vilaboa, nunha zona extraordinariamente rica en xacementos arqueolóxicos e elementos patrimoniais afectada polo plan.

E reclámase un plan axustado á realidade, baseado no decrecemento de produción e de consumo, na autosuficiencia e na eficiencia e o aforro enerxético. Hai que utilizar os espazos actualmente existentes, apostando por areas municipais máis pequenas, e por unha industria de escala máis humana e respectuosa co medio.

A Ría Non Se Vende

Vémonos na Taberna do Salgheirón!!!

Porque non todo vai ser dura loita, un ano máis, unha parte pola nosa obriga de facer caixa para as multas e os gastos de avogados motivados pola nosa loita contra o especulador malo e as administracións larcháns, e por outra pola ledicia de nos xuntar cun viño e unhas navallas da ría e ter un pouco de troula coincidindo coas festas de Cangas, o Foro Social de Cangas monta de novo a Taberna do Salgheirón!!

O programa é:

  • Venres ás 20 horas:    Circo na rúa
  • Sábado ás 18 horas:   Charla debate “As rías, estado natural e recursos pesqueiros” 
  • Domingo ás 23 horas: Salgueirón Jazz Trio
  • Luns ás 19:30 horas:  Codia e Miolo -contacontos-
  •           ás 21:00 horas:   SOS Massó Jazz Band
  •           ás 22:30 horas:   “Arremecághona’s Produçións na Xira d@s Nen@s sen País ’11″

Vémonos na Taberna!!!

 

Visita ao proxectado parque acuícola de Nerga

oscastros02-copia.jpg
  A Ría Non Se Vende  organiza unha visita á zona designada polo recentemente aprobado Plan Galego de Acuicultura na ribeira norte da ría para a creación dun parque acuícola de 34.000 m2
    A visita será o sábado 4 de outubro. Quédase as 18 horas no bar O’Canizo, no núcleo de Nerga, na mesma baixada á praia, uns 500 mts antes dela.
Asistirá Manoel Santos, da Plataforma Medioambiental de Corrubedo, que dará unha charla sobre as implicacións da aprobación efectuada.
    Agradeceríamos a vosa presenza e que truxerades aparello fotográfico para realizar unha pequena exposición gráfica sobre a importancia paisaxística e medioambiental da zona.
Saúdos
tel.contacto:652848942

CONTRA A DESTRUCIÓN DA RÍA: a mani na prensa

foto Juan de Arcos

foto Juan de Arcos

http://gzvideos.info/manifestacion-da-rede-a-ria-non-se-vende-en-vigo/

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2008/05/26/0003_6850648.htm

Pulsa aquí.

http://www.verdegaia.org/content/view/574/141

http://www.galiciae.com/nova/11509.html

http://www.vigometropolitano.com/news/177/ARTICLE/7749/2008-05-25.html

http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=305029

http://www.vieiros.com/nova/66768/vigo-sae-a-rua-na-defensa-da-ria