Carta ao Presidante da Xunta sobre os depósitos de hidrocarburos de Ferrazo

AO PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA

Exmo. Sr. D. Alberto Núñez Feijoo

SOBRE OS DEPÓSITOS DE HIDROCARBUROS DE FERRAZO – RÍA DE AROUSA

A Rede de colectivos ecoloxistas, de defensa cultural e de acción Social A Ría Non Se Vende apoia á Plataforma en Defensa da Ría de Arousa na súa loita pola defensa ambiental da Ría e polo cumprimento da legalidade e das sentenzas do TSXG e do TS no caso dos depósitos de Ferrazo. En consecuencia, subscribe a carta dirixida a vostede pola PDRArousa nos termos seguintes:

 

Seguir lendo

Advertisement

Debate sobre a protección da Serra do Galiñeiro

Mércores 13 de xullo. 19:00 h Urzaiz A Farola

Goberne quen goberne Galiza non se vende

O monte é noso non das transnacionais

O movemento social “Pola protección da Serra do Galiñeiro” segue realizando actividades, desta volta colaborando cos acampados de Vigo do movemento 15-M. O vindeiro día 13-7-11 terá lugar as 19:00 h un debate sobre a protección deste espazo natural. Para participar no debate so tes que acercarte á Farola de Urzaiz.

Debaterase sobre os seu numerosos valores ambientais, xeolóxicos, paisaxísticos, etnográficos, arqueolóxicos e sociais da Serra do Galiñeiro; os impactos que esta a sufrir e os proxectos de grandes infraestruturas que a ameazan; e a necesidade urxente da súa protección legal e efectiva.

http://www.serradogalinheiro.org

http://www.facebook.com/Serra.do.Galinheiro

Sabado 18, Roteiro contra o parque eólico no Morrazo

A Ría Non Se VendeEste sábado 18 de xuño a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza un roteiro para dar a coñecer a zona afectada polo proxecto de parque eólico que a multinacional italiana Enel Green Power España, pretende construir no Morrazo.

O roteiro que será circular sairá as 10 da mañá desde o parque forestal de Chan de Arquiña unha zona de enorme valor social, ecolóxico e patrimonial e transcorrerá durante 5 quilómetros por pistas forestais cun bo pavimento e unha dificultade baixa. Partirase desde unha altura de mais de 500 metros para ir subindo pouco a pouco até os altos de Monte Faro de Domaio, a mais de 600 desde onde se observarán unhas extraodinarias panorámicas da Ría de Vigo ata as Illas Cíes e tamén se poderá ver monte Formigoso onde poderían ir unha parte dos muíños proxectados.

O roteiro seguirá cara o Coto do Home, o punto máis alto da peninsula do Morrazo, cos seus 624 metros de altitude e permitiranos contemplar as Rías de Pontevedra, Arousa ata o Barbanza e tamén poderemos ver a serra de Domego onde irían outra parte dos muíños proxectados. Do outro lado tamén observaremos en toda a súa plenitude a enseada de San Simón.
Voltaremos pola zona afectada de Pedras Negras, con amplas vistas da ría de Vigo e a serra do Galiñeiro en fronte, tamén ameazada por un proxecto de parque eólico.
Durante o percorrido ademais das vistas cara as rías galegas os e as asistentes poderán observar tamén o enorme impacto visual doutros parques eólicos xa instalados na serra do Barbanza, serra do Suído e monte Faro de Avión. Seguir lendo

ESTE SÁBADO 11 DE XUNHO, MARCHA CONTRA CELULOSAS, SAIDA ÀS 19:30 DAS ALAMEDAS DE MARÍN E PONTEVEDRA.

Marcha contra as celulosasHAI RAZÓNS ABONDO PARA PARTICIPAR NA MARCHA CONTRA CELULOSAS
AAI razóns abondo!. Así reza o lema escollido este ano para dar publicidade á Marcha contra CELULOSAS, en clara referencia ás razóns que asisten á Xunta para non renovar as autorizacións ambientais a ENCE e a ELNOSA. E botamos man do noso lema para chamar á poboación da comarca a participar activamente na nova Marcha, porque son moitas as razóns para esixir a saída do complexo da Ría.

Lonxe de ser certo o que di ENCE (e o Comité de empresa) ENCE (e ELNOSA) segue contaminando a Ría e a atmosfera, segue destruíndo os recursos naturais, a economía da comarca e a calidade de vida da poboación. Impiden a posta en práctica dun modelo económico sustentábel no tempo, baseado na explotación racional do marisqueo, a pesca de baixura, os recursos forestais e turísticos, e seguen sendo dúas empresas ilegais pois non cumpren co establecido na lexislación en materia de medio ambiente. Seguir lendo

Comunicado da rede ARNSV en solidariedade co compañeiro Salva Gomes

A Ría Non Se VendeSolidariedade co compañeiro da RNSV, Salva Gomes

A rede de colectivos “A Ría Non Se Vende” manifestamos a nosa total e ampla solidariedade e respaldo ao noso compañeiro Salva Gomes que ingresou o pasado sábado 4 na prisión de A Lama para cumprir unha semana enteira privado de liberdade, como pago dunha multa de 90 € imposta por asistir a unha concentración pacífica e sen incidentes.

 

Esta medida tan enormemente desproporcionada e abusiva forma parte da escalada represiva, por parte do estado, contra os movementos sociais que traballan por cambiar esta sociedade policial e corrupta ao servizo dos poderes económicos, baseada na inxustiza, e mantida a base de manipulación e represión.

 

Neste caso foi o secretario do xulgado nº6 de Vigo o encargado de encarcerar ao noso compañeiro Salva, cunha escura manobra,  declarando que se negou a pagar a multa e afirmando que optou polo ingreso voluntario na cadea, cando iso é totalmente falso.

 

A xustiza segue como sempre baseándose na lei do funil, moi estreita para uns e moi ancha para outros.

 

Non lles chega con encher de multas abusivas de xeito indiscriminado e mallar coas porras dos seus antidisturbios a quen osa manifestarse contra este sistema, senón que meten a quen lles peta na cadea sen ningún motivo, mentres os corruptos e especuladores campan as súas anchas, impunes, por todas as institucións do estado.

 

LIBERDADE INMEDIATA PARA SALVA GOMES

DEPURACIÓN DE RESPONSABILIDADES

BASTA DE REPRESIÓN

 

A Ría Non Se Vende

Domingo 5 de Xunho MANIFESTACIÓN EN MUROS contra o cultivo industrial de Salmón

Galiza Non Se Vende  5 de xuño.  “Coas nosas rías non se xoga!”

Este vindeiro 5 de xuño, a “Coordenadora en defensa da ría de Muros e Noia contra o cultivo intensivo de salmón nas súas augas”, integrada por máis de 40 colectivos entre confrarías, organización de produtores/as, ecoloxistas, sindicatos, etc. convocamos unha manifestación en Muros baixo o lema “COAS NOSAS RÍAS NON SE XOGA”. O percurso reivindicativo partirá ás 12h dende do porto de Muros e rematará tras a lectura do manifesto cunha xornada de convivio e lecer. Facemos un chamado a todas as organizacións sociais sensibilizadas coa problemática do mar e do litoral para acudir a Muros este vindeiro domingo e reivindicar conxuntamente un futuro sustentábel para as nosas rías.

8 de Maio Manifestación contra o saqueo socioambiental da nosa terra

Galiza Non Se VendeO domingo 8 de Maio a rede de colectivos Galiza Non Se Vende sae de novo a rúa convocando umha manifestación nacional en Compostela que saira ás 12:00 da Alameda. Esta mobilizaçom coincide mais unha vez, con o inicio da campaña eleitoral, porque a cidadania ten muito que dicir en periodo de eleizons, e porque queremos denunciar o saqueo social e ambiental a que esta sendo sometida a nosa terra por parte da corrupta clase politica, a banca e as grandes empresas.

Pola tarde, ás 17:00 celebrarase um concerto na Sala Nasa, como peche a III Caravana de Galiza Non Se Vende. Acturan os grupos: Guintervan e GalegoZ presentado polo grupo de teatro Berrobamban. Entrada 5 €.

 

Os 60 colectivos que forman a rede continúan a diario a loitar, resistir, traballar, arelar, formular, construír, informar, concienciar a favor da nosa terra e na procura de dignidade e equidade. Vente expresar con nós por unha Galiza mellor.

CONTRA O SAQUEO SOCIOAMBIENTAL DA NOSA TERRA

 

Por unha utilización racional dos recursos naturais

Pola protección do patrimonio natural e histórico

Por unhas rías limpas

Por uns ríos vivos

Pola defensa da nosa soberanía alimentaria

Por un litoral público e natural

Por un urbanismo integrado na natureza e na nosa cultura

Por uns montes ben xestionados

Pola participación da cidadanía na xestión do noso

Por unha xustiza incorruptible

Polo respecto ás outras especies e a protección real da natureza

Por un transporte colectivo eficaz

Por unhas alternativas enerxéticas públicas e conscientes

Por unha xestión responsable dos residuos

Polo fortalecemento do rural e a economía social na Galiza

 

8 de Maio despois da manifestación, ás 17:00 concerto na Sala Nasa, en Compostela

Galiza Non Se VendeO 8 de Maio, día da manifestación contra a destrución socioambiental danosa terra, ás 17:00 celebrarase na Sala Nasa o último concerto da III Caravana de GNSV, onde actuarán os grupos Guintervan e GalegoZ, presentados polo grupo de teatro Berrobamban.Concerto de remate da III Caravana de concertos da rede de colectivos “Galiza Non Se Vende” co lema: “Contra o saqueo socioambiental da nosa terra”. Terra viva e vida digna para tod@s.
Actuarán os grupos Güintervan e GalegoZ presentados polo grupo de teatro Berrobambán:

Guintervan: Xénero: Acústica / Drum & Bass / Folk. Excentrica mistura de melodias balcánicas, ritmos e armonias diabólicas, velocidade extrema e cancións líricas en galego é a marca da banda. Presentan o seu novo traballo “Mundo loco”

GalegoZ: Xénero: Electrónica en directo / Fusión. Bases electrónicas misturadas con reggae, funk e soul, e salpicadas por letras combativas, irreverentes e a veces incluso surrealistas conforman o orixinal sonido de GalegoZ. Música marxista-electricista, para bailar pensada e feita en Galiza.