DOBRE PANDEMIA

Nestes días de confinamento nos que a sociedade civil ven dando mostras dun gran civismo e resistencia, atopamos que o tecido asociativo e cultural do país hibernou ou mermou moito a súa actividade por motivos obvios. A Xunta de Galicia pola contra, non parou a súa actividade, e aínda coa poboación confinada e coa mobilidade restrinxida, acelerou un feixe de procedementos administrativos de proxectos industriais. Esto que en principio non estaría mal si os dereitos dos cidadáns estiveran protexidos e tivesen os prazos e as posibilidades de analizar e actuar con normalidade ante  calquera deses procedementos, que non é o caso.

Poidemos ver na páxina da Consellería de Industria  a situación dos proxectos de Parques Eólicos da Serra da Groba e da Serra do Galiñeiro.

Seguir lendo

Advertisement

O monte Carrachal, cultural e natural

A Ría Non Se Vende é unha das organizacións asinantes dentro do ámbito social, cultural e ambiental a nivel local, comarcal e da contorna da ría que se opón á pretensión do Concello de Moaña de construir un sxatepark no monte do Carrachal, espazo de interese paisaxístico e ambiental, supervivinte coa súa carballeira á febre construtora e urbanística que na proximidade destrozou a ribeira baixa do rego do Pontillón, entre O Rosal e As Barxas, entre finais do século pasado e principio deste.

O monte Carrachal, cultural e natural

Repentinamente o pasado martes 2 de marzo, o goberno municipal de Moaña convocaba unha reunión con asociacións veciñais da zona das Barxas e barrios limítrofes, para presentarnos a ocorrencia de instalar un Skatepark na parcela municipal natural do monte Carrachal, e así mesmo, demandar a nosa resposta ante esta iniciativa no prazo exprés de unha semana. Só unha semana de debate e sen falar de exposición pública do proxecto, un prazo e un método inauditos para o debate colectivo e veciñal, polo menos para as persoas e colectivos que acreditamos na formula da democracia participada. Dende logo máis alá do debate en si mesmo, podemos afirmar que as présas non son boas compañeiras e as decisións importantes deben meditarse con tempo.

Seguir lendo

ARNSV apoia o manifesto dos compañeiros do Movemento Exoloxista da Limia

MANIFESTO EN APOIO AO MOVEMENTO ECOLOXISTA DA LIMIA

O vindeiro día 2 de marzo terá lugar no xulgado de Xinzo de Limia o acto de  conciliación previo á demanda civil de COREN contra o compañeiro do MEL (Movemento Ecoloxista da Limia), Manuel García. A causa ten a súa orixe nunha suposta intromisión ilexítima no dereito ao honor de dita empresa, por facer “imputacións falsas” contra ela nun programa de “España Directo” emitido en setembro do pasado ano. A empresa estima os danos e prexuízos nun millón de euros.
O MEL leva anos denunciando os efectos da gandaría intensiva no val do Limia, a mala xestión dos residuos das granxas, o deterioro das augas pola acumulación de nitratos e a eutrofización das augas; e loitando pola protección da comarca, a produción agrícola ecolóxica e a gandaría extensiva.

Os colectivos que asinamos este manifesto queremos mostrar a nosa solidariedade co compañeiro do MEL, ao tempo que a nosa sorpresa porque se admita a trámite semellante despropósito. Parece obvio que, con este tipo de actuacións, o sector da gandaría intensiva pretende pechar a boca a quen nos opoñemos a este modelo industrial e dicimos en voz alta o que pensamos das súas prácticas.

Seguir lendo

MANIFESTO PARA A DEFENSA DO MEDIO NATURAL NO ARENAL DA CALZOA (VIGO)

A Calzoa é un areal situado na desembocadura do río Lagares, o maior curso fluvial do municipio de Vigo, xunto á súa marisma (Xunqueira do Lagares), o que lle confire un gran valor ambiental, moi destacado desde o punto de vista ornitolóxico.

Atópase situado na área de influencia da zona ZEPA Rías Baixas de Galicia, pertencente á Rede Natura 2000, e é elixido preferentemente por moitas aves procedentes desta zona de protección para o seu descanso e a súa alimentación.
A Calzoa é frecuentada por aves mariñas e acuáticas en migración e exemplares invernantes que fan uso dela como zona de alimentación, para despois repousar nas pleamares ou pasar a noite no interior da Xunqueira do Lagares, a zona húmida de maior importancia do concello. Non ten sentido a protección da Xunqueira sen a protección da Calzoa.

Seguir lendo

O Plan Básico Autonómico publicado hoxe no DOG deixa de súpeto sen protección miles de hectáreas de chan natural protexido.

Coa aprobación definitiva do Plan Básico Autonómico, publicado hoxe no DOG, consumouse a perda de especial protección como espazos naturais en solo rústico para miles de hectáreas de chan natural galego que figuraban no Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia.

A entrada en vigor do PBA aparellará a desaparición das Normas Complementarias e Subsidiarias de planeamento das provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, que era onde figuraban os espazos naturais afectados e non se substitúen por outras, simplemente fanas desaparecer…

O PBA fuxe incluso de citar a existencia de espazos naturais a protexer. No seu caso só cabe xa a posibilidade de que por mandato explícito das propias Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento, segundo o artigo 28.1.3, se manteñan os espazos naturais no planeamento municipal que as substitúan que obriga á definición e tratamento do ámbito destes, para a súa ordenación a través dos correspondentes plans especiais.

60 Seguir lendo

A Foz do Miñor declarada Lugar de Especial Interese Paisaxístico (LEIP)

A Ría Non se Vende, Luita Verde e a Plataforma pola defensa dos Montes do Morrazo, fixeron alegacións ao Catálogo das Paisaxes de Galicia, solicitando a inclusión no mesmo da Foz do Miñor como Área de Especial Interese Paisaxística (AEIP).

foto424O resultado foi a estimación parcial da solicitude e a declaración da Foz do Miñor como Lugar de Especial Interese Paisaxístico (LEIP).

foto525

Esta é unha medalla máis a engadir á larga lista de figuras de protección das que pode presumir a Foz do Miñor, figuras que levan aparelladas lexislación que deberían protexela medioambientalmente, como son:

Lástima que ningunha delas sirva polo de agora para que as administracións poñan freo, dunha vez por todas, aos diversos ataques medioambientais que está a sofrer a zona desde hai demasiado tempo.

Non será por medallas. Non será por lexislación. Non será por valores a preservar. Non será por paisaxe. Non será pola cidadanía que respondeu moi positivamente ás chamadas para a protección da zona.

 

Por que será? Preguntámonos.

A Ría Non Se Vende

…La aprobación del Plan de Utilización de los Espacios Portuarios condiciona la suerte de las concesiones correspondientes, tanto si se trata de las existentes como de las futuras. Lo hace, decimos, incluso respecto de las concesiones que ya existan pues pueden ser rescatadas si el desarrollo del Plan lo requiere (artículo 96. 5) y, en todo caso, cuando resulten incompatibles con las determinaciones del Plan de Utilización de los Espacios Portuarios, deben adaptarse a él (artículo 98. 1) El Plan, por lo demás, supone la afectación al uso portuario de los bienes de dominio público y de los bienes patrimoniales incluidos en la zona de servicio que sean de interés para el Puerto

 Extracto del 5º fundamento de derecho del RECURSO DE CASACION Num.: 6849/2009 – 09/04/2013

SENTENCIA del TRIBUNAL SUPREMO. (Sala de lo Contencioso-Administrativo)

Este extracto da sentencia firme do Tribunal Supremo do 9 de abril de 2013 referida ó Porto Deportivo e á urbanización que se pretendía construir en Massó (Cangas), evidencia un feito que as 20 Asociacións Ecoloxistas que formamos a Rede A RIA NON SE VENDE vimos denunciando ata a saciedade desde fai moitos anos: Non hai ningunha obra nin concesión realizada legalmente na xurisdicción da Autoridade Portuaria de Vigo dende o ano 1993 (no que entrou en vigor a Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante) ata hoxe, xa que o Porto de Vigo carece da preceptiva Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP), antes Plan de Utilización dos Espazos Portuarios (PUEP).

 Despois de 22 anos á espera da aprobación de este crucial documento coidamos que se pode incurrir nun grave erro que vimos de denunciar. No documento da proposta de DEUP enviado ó Ministerio de Fomento para a súa tramitación e aprobación     en xuño de 2011 -modificada ata en tres ocasións (decembro de 2011, abril de 2012 e outubro de 2013), se considera zona de servicio do Porto de Vigo prácticamente toda a lámina de auga da ría, en base a unha obsoleta Orde Ministerial do 23 de decembro de 1966.

apvigo

Proposta de Delimitación dos Espaciós e Usos Portuarios da zona de servicio do Porto de Vigo – abril 2012

Seguir lendo

O Bernardo Alfageme en terra

Barcos á rotonda? Medre o mar!

 

           Sou humano, sou barco, sou tantas cousas (…)

        (…) e alí estou coa proa,

           as amuras, a popa, a barriga, o eixe…

            Eu sou mariñeiro, e o mar móllame a alma,

        salinízame e golpéame o corazón. (…)

                Xosé Iglesias, de Transfusión oceánica.

Desde A Ría Non se Vende queremos manifestar o noso apoio á veciñanza e colectivos que están a deter as obras de instalación dun barco nunha rotonda do barrio vigués de Coia. Dúas son as razóns argumentadas para tomar esta acción: o seu custe económico e o maltrato a un ben cultural como é un barco de altura con 70 anos de antigüidade, o Bernardo Alfageme, testemuño único da vida mariñeira do seu tempo.

coia Seguir lendo

Nova ilegalidade en Massó

Despois de máis de nove anos de conflicto, e tras a sentenza do Supremo declarando a ilegalidade da concesión para porto deportivo en Massó, que estaba asociada cun proxecto especulativo en terra, e coa disolución polo xuiz da empresa Residencial Marina Atlántica S.A., parecía que as augas voltaban ao seu canle.

De feito, a Autoridade Portuaria de Vigo anunciaba a desafectación da zona e a intención de traspasar os terreos que alí administraba ao Concello de Cangas e ao servizo de Costas, licitando e aprobando un proxecto de acondicionamento ambiental, preceptivo para realizar a desafectación.

As obras foron adxudicadas por máis de 400.000 euros e comezaron en setembro, pero xa a mediados de outubro aparecen as primeiras sorpresas:

o que debera ser a simple retirada de entullos da praia coñecida como da cheminea convertíuse nun caso máis de aterramento ilegal da ribeira do mar.
fv20141031 Seguir lendo

Barrio do Cura.

Porque este barrio fai parte da nosa historia e somos nós os que queremos vivir aqui, e construir aqui os xogos, os soños, a partir de aquí dalgo que é de tod@s. Non deixemos que rematen as primaveras no Barrio do Cura e que fagan del algo que xa non nós será…queren arrincar un cachiño de historia e nós intentaremos que cada primavera volva abril ao barrio do Cura. A vida ainda non se esgotou neste Barrio que nace ao pé da ría.

Montaxe Miriam Rodriguez
Cámara Pablo Kaufmann
Texto e Voz Xabi X. XArdón