Andaina Pola Protección da Serra do Galiñeiro

Organiza:Plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro
DIA:DOMINGO 20 DE FEBREIRO DO 2011
LUGAR: PARQUE FORESTAL DO GALIÑEIRO
HORA: 10:30 DA MAÑÁ
TEMPO ESTIMADO:2,50 HORAS

Andaina polo Galiñeiro

Os Montañeiros Celtas e o clube Peña Trevinca, organizan un paseo por un antigo camiño, hoxe pista forestal, que rodea a Serra do Galiñeiro. Esperamos un grande número de asistentes. Queremos trasmitir á opinión publica que, ante os grandes valores da Serra do Galiñeiro, e ante as ameazas de degradación que penden sobre ela, unha gran maioria dos veciños dos 5 municipios que rodean a Serra (GONDOMAR, VIGO, MOS, PORRIÑO E TUI) queremos solicitar a súa clasificación como como ESPAZO NATURAL PROTEXIDO. Polo tanto, rexeitamos a instalación do PARQUE EÓLICO Previsto na Serra a do Galiñeiro, debido ás graves consecuencias que tería sobre este espazo: Seguir lendo

Advertisements