O tren, nas Corversas de Alén Nós

cartel_tren_copiacolor-2.JPG

A Asociación Cultural Alén Nós, de Redondela, dentro do ciclo habitual de charlas, debates, etc, organizan as próximas Conversas de Alén Nós, que co título Transporte por ferrocarril e alta velocidade, tratarán aclararnos a situación actual en Galiza, destes medios de transporte, e cal pode ser o futuro de ámbolos dous medios. Logo da conferencia establecerase, como é costume nas Conversas de Alén Nós,  un turno no que o público asistente podera plantexar as opinións, exposicións, preguntas, propostas, etc. que razonada, civica, respetuosa e ordenadamente considere.

Os conferenciantes invitados serán, Fernando Gómez Camarero, Coordinador Xeral da Plataforma Galega SALVA-LO TREN, e Rafael Camacho, representante da Sección Sindical da CXT do Ferrocarril de Pontevedra (integrante, tamén na Plataforma SALVA-LO TREN). Esperamos a vosa asistencia e participación activa, este venres, 17 de outubro, ás 20:00 hs. no Multiusos da Xunqueira (Paseo da Xunqueira, s/n) de Redondela.
 
Agradeceríase, que se sodes da Área de Vigo, imprimades o cartaz e o difundades, no voso barrio, ou nos medios (asembleas, xuntanzas, blogs, webs, xornais, radio, etc) das asociacións ou coletctivos nos que actuedes ou dos que participedes.

Advertisements