A RÍA NON SE VENDE SOLIDARÍZASE COS COMPAÑEIROS PROCESADOS POR DEFENDER A NOSA LINGUA

A Lingua Non Se VendeA rede de colectivos “A Ría Non Se Vende” solidarízase cos compañeiros Aurelio Lopez e Iusa Prado procesados xudicialmente polo simple feito de ter participado nunha concentración pacífica en defensa da nosa lingua. O fiscal , incomprensibelmente, píde penas que suman máis de oito anos de cadea, acusandoos de agresión contra a autoridade, cando na realidade foi a policia quen disolveu o acto cunha violencia irracional e esaxeradamente desproporcionada, aporreando aos compañeiros procesados.

Denunciamos este modelo de sociedade que exerce a represión indiscriminada contra os movementos sociais, baseada na violencia policial, nas sancións económicas, nas prisóns e na criminalización dos colectivos e persoas discrepantes coa política dos gobernos da Xunta e do Estado.

Con represión ou sen ela, as galegas e galegos vamos seguir defendendo o noso idioma, o noso patrimonio cultural identitario e o noso medio natural, e os preservaremos para as xeracións vindeiras, polo menos, nas mesmas condicións que nos chegaron a nós. Non imos consentir ningunha agresión máis á nosa lingua, igual que non consentiremos a destrución nin a privatización do noso territorio nin do noso mar, por muito que intenten silenciarnos ou criminalizarnos.

Con represión ou sen ela, non podemos consentir que se menoscabe o dereito das galegas e galegos a usar, conservar e transmitir a lingua propia como legado, e que se impida a normalización do seu uso polo resto da poboación. Non podemos tolerar que a miseria intelectual, a inconsciencia e a insensibilidade dos que se avergoñan de seren galegos sirvan como xustificación espuria dunha pretendida liberdade para destruir unha lingua que é o noso máis prezado patrimonio cultural e un valioso patrimonio da humanidade.

Con represión ou sen ela non permitiremos que a nosa lingua sexa neciamente desprezada, nin irresponsabelmente destruida. A lingua galega é unha das linguas do mundo; unha obra colectiva do noso pobo ao longo da historia; o medio co que construimos o noso pensamento, e a máis valiosa aportación de Galicia ao patrimonio cultural da humanidade. Debemos estar lexítimamente orgullosas da nosa herdanza.

Destruir a nosa lingua é deixar á nosa terra orfa de nomes, valeira de significado, carente de memoria cultural e totalmente desprotexida.

 

BASTA DE REPRESIÓN CONTRA OS MOVEMENTOS SOCIAIS

DEFENDER A LINGUA NON É DELITO, É UN ACTO DE RESPONSABILIDADE

SOBRESEIMENTO DOS COMPAÑEIROS PROCESADOS

PROCESAMENTO DOS POLICIAS IMPLICADOS POR FALSA TESTIMUÑA

GOBERNE QUEN GOBERNE A NOSA LINGUA NON SE VENDE

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s