UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

proxecfermo12.jpgAnabam, Asociación Naturalista “Baixo Miño”, con motivo da celebración o 21 de marzo (Semana Santa) do día Mundial Forestal, organiza para este sábado 15 de marzo, ás 16:00 hs., unha plantación de Érbedos, nunha parcela cedida pola comunidade de Montes de Camposancos a carón da área Recreativa de Chans (Camposancos-A Guarda).

A plantación desta especie arbustiva, resposta a recrear o habitat da bolboreta Charaxes jaius (unha das bolborestas máis fermosas que voan en Galicia), da que a súa existencia depende dos érbedos.

Os primeiros 150 érbedos (Arbutus unedo) cos que se iniciará o proxecto UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA, proceden de viveiro, teñen unha altura comprendida entre os 50 cm e algo máis de 2 metros, sendo adquiridos cunha subvención da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, invertindo nos mesmos 3.000 euros.

CADA SOCIO SEU ÉRBEDO:

Os socios de ANABAM poderán participar activamente neste proxecto de tal xeito que cada un poderá te-lo seu érbedo e contribuir así á protección e conservación dunha das máis grandes bolboretas de Galicia: a Charaxes jasius.

Os socios terán dúas formas de participar:
a/ Acondicionando a parcela e procedendo a plantar seu érbedo. Cada érbedo estará numerado para identificar perfectamente cada exemplar e disporá dunha ficha na que estarán os datos do mesmo “e os do seu propietario/a”.
b/ A outra forma de participación é apadriñando o érbedo (para aqueles que non poidan acudir). Neste caso o apadriñamento se consigue aportando un donativo de 10 euros por cada érbedo que desexe apadriñar. A asociación será a encargada de efectuar a plantación.

COLABORACIÓN DOS NON SOCIOS:

Os que non son socios de ANABAM tamén poderán participar neste proxecto. O érbedo poderá ser plantado pola persoa interesada, se así o desexa, ou ben farano no seu nome a propia asociación.

E hai dúas opcións:
a/ Colaborando como voluntario na plantación, acondicionamento e mantemento do erbedal,
b/ Apadriñando un érbedo (para aqueles/as que non poidades asistir). O apadriñamento se consigue cun donativo de 20 euros por cada érbedo que desexe apadriñar.p>

ANABAM suministrará o érbedo e unha ficha plástificada cos datos do mesmo: nº de érbedo; data da plantación; altura que ten o érbedo; Coordenadas do lugar; etc e o nome da persoa ou familia que o plantou, así @s participantes estarán unidos á natureza a través dun érbedo e dun proxecto do que tamén se forma parte.

@s interesad@s, podedes contactar previamente con ANABAM na súa sede en Rúa do Calvario, 44, A Guarda, no teléfono mobil, 616180557 ou no enderezo electrónico anabam.anabam@terra.es.

2 opinións sobre “UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

  1. Onte acudín a A Garda,e participei na acción de plantación dos Érbedos. Cheguei tarde, porque botei mal os cálculos, tanto da situación xeográfica de A Garda, coma da distancia e o tempo que me levaría chegar aló, e por riba non levei mapa.
    Previamente a plantación de hoxe, realizaranse traballos de desbroce selectivo, con tractor, eliminando unha basta matogueira de acacias e deixando bidueiros e carballos dunha plantación anterior. Houbo voluntarios que levaron candansúa ferramenta de traballo, e eu tiven a sorte que me deixaron unha eixada, ainda que eu prefiro unha convinación de eixada ou o lagón, para limpar a capa superficial da terra, e a laia para profundizar o burato donde irá a árbore.
    A primeira capa do chan (duns 15 centímetros de profundidade) de toda a parcela, estaba composta de follas podres de acacia e dunha basta rede de raices de acacia que tapizaba o chan afogando o desenrrolo doutras especies vexetais.
    Esta capa de follas e raices de acacia que acabo de describir, lembroume que unha vez que fun testemuño da reproducción dun incendio, cando horas despois de extinguido o lume, este reproduciuse fora do perímetro de seguridade, pasando polo subchan, entre as raices e as follas secas das acacias.
    A conciencia e procurando a supervivencia futura de cada arbusto trasplantado, en escasas dúas horas, plantei seis érbedos.
    Antes de voltar a Redondela, xa marcharan a maioría d@s participantes. Seríamos entre adultos e nen@s uns 40. A xente nova recibiron como agasallo unha camiseta cun simpático debuxo do Estuario do Miño, e os adultos recibimos un interesante material didáctico, consistente nunhas publicacións (guías) de ANABAM:
    Cunchas arreboladas pola marea na costa do Baixo Miño; A fauna e o ser humano na prehistoria do Baixo Miño a través dos gravados rupestres; Biodiversidade na zona intermareal do Baixo Miño; A costa do Baixo Miño; Guía para andar polo estuario do Miño; Muiños do Folón e do Picón (O Rosal); Boletín de Divulgación ambiental “Carrizal”; e Ruta Ornitolóxica polo Baixo Miño (DVD). O rematar tamén ns ofreceron un anaco de roscón e bebida. Ademáis persoalmente agasallaronme cunha planta de Sobreira (quercus suber).
    En resumo, encantado da xornada de voluntariado ambiental de onte no Baixo Miño. Voltarei!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s