OUTRA CANTEIRA (en Redondela, Pazos de Borbén e Soutomaior

Unha nova aberración ameaza as parroquias de Ventosela, Reboreda, Amoedo (Pazos de B.) e Moreira (Soutomaior).
Trátase de recuperar un vello proxecto xa desestimado polos veciños hai anos, unha canteira nos montes de Ventosela, Amoedo e Moreira.

O caso é que en Redondela, xa levamos un par de meses oindo ruxe-ruxes sobre o tema, e a confirmación tivo lugar na última asamblea da Comunidade de Montes de Ventosela. Nesta asamblea o presidente plantexou o interés dunha empresa mineira para levar a cabo unha explotación dunha canteira de granito ornamental nos montes da parroquia.

Houbo unha votación para ver se decián que non definitivamente ou si se plantexaban seguir estudiando a rendabilidade da explotación. Por moi pouco gañou esta última, pero todo parecía que se ía quedar en consultas con dista xente que axudaxen a facer unha valoración máis detallada de todo isto.

Unhas veciñas e veciños de Ventosela, quixeron saber máis sobre o proxecto e se foron a Pontevedra a preguntar, só por curiosidade de que ía o tema, e en Pontevedra se toparon con todo o petate.

Resulta que a empresa interesada xa tiña un proxecto redactado dende abril do 2007, que pedira a explotación de máis de 80 cuadrículas a industria e que industria deulle só 16, pero que é terreo sufuciente para afectar directamente a Ventosela, dende o barrio da Carosa ata o río Alvedosa, a parte do Barrio de Moreira en Soutomaior e a parte do alto de Amoedo. Xa indirectamente, por problemas de ruído, po, pérdida de acuíferos e contaminación de recursos hídricos tamén estarán afectados varios barrios de Reboreda.

A empresa acababa de enviar o proxecto para un permiso de investigación e, presumiblemente, xa estaba colgado no taboleiro anuncios do Concello de Redondela.

Estas personas acudiron ó Concello e, despóis de buscar no taboleiro e non atopar preguntáronlle a funcionaria de turno. Esta buscou no ordenador e alí estaba o anuncio. Buscaron outra vez no taboleiro e topárono. Non estaban seguros da data na que se colgara (foi 2 ou 3 de marzo) pero no anuncio dábanlle 15 días para persentar alegacións en contral del. Veciñas de Ventosela redactaron unha folla para a recollida de sinaturas. Formalmente non é unha alegación, parece máis un rexeite sin condicións a este proxecto.

Estes 15 días esgótanse, presumiblemente o próximo mércores día 26 de marzo e as veciñas e veciños queren entregar o martes 25 o maior número de sinaturas no Concello.

Todo isto acaba de empezar. O que solicita a empresa é unha investigación que durará 3 anos. Augas de Galicia, por exemplo todavía non se vai meter nesta fase. Durante todo ese tempo se poden facer moitas cousas para botar abaixo o proxecto. Este é o primeiro, deixar ver dende o principio que hai persoas que non están dispostas a asumir o que deciden 4 iluminados.

Ademáis, a última palabra tena a Comunidade de Montes. Hai que presionalos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s