Plan Vigo Íntegra? Non, grazas

vi1.bmp25 colectivos de sete concellos aúnan esforzos en defensa do territorio e do patrimonio histórico e natural

NOTA DE PRENSA DE

A RÍA NON SE VENDE

Representantes dos colectivos abaixo asinantes, entregamos hoxe nas oficinas da Xunta en Vigo as últimas das miles de alegacións presentadas ante o chamado Plan Viario Integral, Vigo Íntegra.

Queriamos destacar con esta acción a unanimidade de tan diversas asociacións de toda a contorna da Ría de Vigo, ante un Plan que constitúe unha ameaza de destrución para a maioría das nosas parroquias e concellos.

Promove a construción de 243,8 quilómetros de autovías e 82.4 quilómetros de estradas de circunvalación, variantes e carreteiras de conexión con vías de alta capacidade.

Baseado nun modelo obsoleto de mobilidade, este plan esquece totalmente o transporte público, estimulando aínda máis a utilización do vehículo privado e o movemento de mercadorías por estrada, xerando máis contaminación (acústica e atmosférica, favorecendo o cambio climático) e aumentando aínda máis a nosa xa grande dependencia do petróleo.

A Xunta, que cuantifica en 2.000 millóns de euros o seu custe total (333.000 millóns de pesetas), segue vivindo de costas á irreversible crise enerxética global e está hipotecando ademais o futuro de Galicia.

Canto máis se atrase o cambio do modelo de mobilidade, máis diñeiro teremos malgastado nun sistema de transporte inadecuado, dilapidando gran parte da capacidade financeira indispensable para realizar as transformacións necesarias. Hoxe máis que nunca, os desproporcionados investimentos en autovías e autoestradas son un desperdicio imperdoábel.

Estas actuacións provocarían ademais un enorme e irreversible impacto no patrimonio histórico e natural, tanto dentro da propia cidade como nos demais concellos afectados: Erosión do solo, fragmentación do territorio, efecto barreira que racha e divide vilas e parroquias, fenda xeolóxica, recheo de vales e leitos fluviais, perda de masa forestal e de biodiversidade, ocupación de solo rústico, afectación do patrimonio cultural e arqueolóxico, expropiación de leiras e vivendas, etc.

Na asemblea de representantes dos colectivos asinantes, celebrada o pasado 1 de setembro, acordouse centrar os esforzos na redacción de alegacións ata o día de hoxe (mañá remata o prazo de presentación das mesmas) para, a partir de agora, iniciar unha serie de mobilizacións conxuntas encamiñadas á conseguir a retirada e arquivo definitivo do Plan Vigo Íntegra. Das datas e lugares desas mobilizacións, así como de calquera outra actividade, informaremos oportunamente.

A Ría Non se Vende,

Asociación Cultural Berra Val Miñor,

Asociación Cultural Caleidoskopio,

Asociación de Veciños Dunas (Nigrán)

Afectados Ronda Vigo – Lavadores,

Agrupaçom de Montanha “Augas Limpas”,

Alternativa Veciñal,

Bouzas Móvete,

Centro Social A Revolta,

Clube Espeleolóxico Maúxo,

Colectivo Nacionalista de Marín,

Colectivo Xogo Descuberto,

Comisión Veciñal contra a Macrodepuradora do Lagares,

Foro Social de Cangas,

Grupo Axitación Social (GAS Vigo),

Luita Verde,

OAR Redondela,

Plataforma Cidadá de Redondela,

Plataforma Plan de Seguridade Viaria PO-325,

Plataforma pola Defensa de Mos,

Plataforma Priegue Unido,

Plataforma Vive Gondomar,

Salvemos Monteferro,

Sárdoma en Loita e

Verdegaia

Advertisements

3 thoughts on “Plan Vigo Íntegra? Non, grazas

  1. Soy un veciño de Nigran, e estou altamente preocupado polo desastre ecolóxico, sen sentido, que se pretende facer co tramo que Vigo Integra previu para este concello. É arripiante o que algúns compoñentes doutras AdeV.V., do mesmo concello, non se decaten de tamaña tropelía. No noso concello o problema non está en desprazarnos (máis ou menos comodamente) localmente, o problema está nos limítes , tanto para Vigo como para Baiona, por iso e en aras a mellorar a comunicación externa, pedimos e reclamamos a utilización das infraestruturas existentes, certamente infrautilizadas, como é a G-57. Así de simple, dar entrada e saída desta autoestrada para a comunicación entre os municipios limítrofes, e evitar un dano irreparable, como se pretende coa autovía, cuxo único interese en favorecer a Zona Franca (inicio no polígono de Valladares e termo no Polígono Porte do Molle).
    Beneficia isto a Nigran?, non só aos especuladores, a Zona Franca, e aos lelos que aínda cren que este polígono industrial traeralles postos de traballo.
    Xa Nigran sufriu un aldraxe ecolóxico, coa construción da G-57, agora xa irreparable. Aproveitemos entón esta infraestrutura xa existente, e non transformemos Nigran nun Mos.
    O meu total repudio o Plan Vigo Integra, ao que o Val Miñor respecta.

  2. Son un veciño de Nigran, e estou altamente preocupado polo desastre ecolóxico, sen sentido, que se pretende facer co tramo que Vigo Integra previu para este concello. É arripiante o que algúns compoñentes doutras AdeV.V., do mesmo concello, non se decaten de tamaña tropelía. No noso concello o problema non está en desprazarnos (máis ou menos comodamente) “inter nos”, o problema xurde nos limítes , tanto para Vigo como para Baiona, por iso e en aras a mellorar a comunicación por fora do concello, exiximos e reclamamos o uxase das infraestruturas existentes, certamente infrautilizadas, como é a G-57. Así de simple, dar entrada e saída desta autoestrada para a comunicación entre os municipios pertos, e escudir un dano irreparable, como se pretende coa autovía, cuxo único interese en favorecer a Zona Franca (inicio no polígono de Valladares e termo no Polígono Porte do Molle).
    Beneficia isto a Nigran?, non só aos especuladores, a Zona Franca, e aos lelos que aínda cren que este polígono industrial traeralles postos de traballo.
    Xa Nigran sufriu un aldraxe ecolóxico, coa construción da G-57, agora xa irreparable. Aproveitemos entón esta infraestructura xa existente, e non transformemos Nigran nun Mos.
    O meu total repudio o Plan Vigo Integra, ao que o Val Miñor concerne.

  3. Claro, dous mil millóns en infraestructuras que non van a ningures, que benefician a uns poucos (aos de sempre), etc. e mentres os colexíos e institutos sen mestres, os hospitais con lista de espera, sen médicos nin persoal, os xulgados saturados de espedientes sen resolver e outros novos sen crear, as familias rotas sen centros de encontro, os indixentes sen un teito, os toxicómanos na rúa, a polícia dando malleiras os sectores productivos, agricultores, gandeiros, traballadores do metal, bateeiros, etc., ó sector servizos (transportistas) e a todos que discrepan das dúas versións únicas e oficiais, etc. acribillannos a inpostos que non para de subir (gasoleo, tabaco, etc.) España Vai Ben. Pero para quen? Para as multinacionais construtoras (con ramificacións noutros sectores e tras as que se agocha sempre algún banco) e para a clase política que lle serbe o negocio en bandexa de ouro (2.000 millóns no Vigo Íntegra, o ouro e o mouro no AVE, etc.), Viva Aspaña!, Coño!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s