“A RÍA NON SE VENDE” SOLIDARÍZAMONOS COAS 12 PERSOAS PROCESADAS POR DEFENDER A NOSA LINGUA

En febreiro de 2009, 12 persoas foron detidas por participar en actos de protesta contra unha manifestación galegófoba á que asistían destacados membros da ultradereita estatal e galega arropados por centenares de persoas vindas, a maioria, de fóra do país.

Os manifestantes galegófobos eran protexidos por un desproporcionado dispositivo policial mentras que as persoas presentes nos actos de defensa da lingua sufrían unha salvaxe carga policial, sendo muitas identificadas, outras malladas brutalmente, detidas e criminalizadas.

O martes 23 de Outubro ás 9:30 escomenza o xuízo no que o fiscal pide en conxunto 45 anos e 8 meses de cárcere e sancións económicas que superam os 30.000 euros para estas 12 persoas.

 Consideramos este proceso como político, irracional e antidemocrático, unha farsa baseada en infamias e falsidades que pretende convertir as vítimas en verdugos.

Ante este atropelo, queremos mostrar toda a nosa solidariedade e o noso apoio incondicional coas persoas procesadas que o único que fixeron é manifestarse pola defensa da nosa lingua, ante unha ofensiva planificada desde a extrema dereita e orquestada polos medios de comunicación oficiais.

 Denunciamos a hipocresía e baixeza moral das testemuñas, membros de Falange, de UPyD e de Galicia Bilingüe e as suas arelas de manipular a opinión pública criminalizando as persoas que defenden a nosa lingua.

 Manifestamos o noso mais profundo repudio ao encausamento de estas 12 persoas e ás graves penas de cadea solicitadas pola acusación e esiximos:

  1. O respeto ao dereito das persoas procesadas a manifestarse para defender a nosa lingua.
  2. A depuración de responsabilidades policiais e políticas pola actuación represiva, que supuso unha clara violación de dereitos fundamentais, e polo procesamento, das 12 persoas, baseado en falsidades.
  3. O inmediato sobreseimento das persoas procesadas, que a fiscalía retire a acusación e que a causa sexa arquivada para así pór fin a esta infamia.

 Facemos un chamamento á sociedade para secundar os actos de denuncia destos feitos.

 NON PERMITAMOS QUE SE CRIMINALICE A DEFENSA DA LINGUA, DA NOSA CULTURA E DA NOSA TERRA.

DEFENDER A LINGUA NON É DELITO

Deixar un comentario