ANTE AS MOBILIZACIÓNS DO 8 DE XUÑO

clip_image002.jpgNota de prensa de
A RÍA NON SE VENDE

Os colectivos integrados na rede A Ría Non se Vende, como xa expresamos ao final da gran manifestación do domingo en Vigo, apoiamos e facemos nosa a mobilización convocada para o día 8 de xuño en Ferrol contra Reganosa, e para facilitar a asistencia á mesma contrataremos un servizo de autobuses. Tamén expresamos o noso apoio e facemos noso o chamamento aos actos programados polo colectivo vigués Voces polo Litoral de Teis na ETEA.

Por este motivo lamentamos moito non poder asistir á manifestación convocada con posterioridade para o mesmo día contra o Plano Acuícola. Un Plano que rexeitamos totalmente polo que significa para toda a costa galega (e tamén para esta ría coas ampliacións das piscifactorías de Oia e de Punta dos Castros en Cangas) e unha mobilización, polo tanto, na que nos houbera gustado poder participar.

Non podemos entender que habendo unha convocatoria en Ferrol publicitada desde hai tanto tempo, veña escollerse a mesma data para outra manifestación en Compostela que coincide cos mesmos obxectivos de defensa do patrimonio natural, da paisaxe e do territorio.

Dividir é peor que restar e nós estamos por sumar.

Alén deste desafortunado erro, queremos manifestar a nosa solidariedade con todos os colectivos que loitan contra este Plano Acuícola inxusto e destrutor do noso litoral, solidariedade que xa temos evidenciado sobradamente noutras ocasións coa nosa presencia en Quilmas, Merexo, Corrubedo, etc. Desgraciadamente esta vez prívasenos desa posibilidade.

Ría de Vigo, 30 de maio de 2008

A RÍA NON SE VENDE

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s