Crease a Plataforma Galega polo tren de cercanías

coordinadora.JPGSegundo informacións recibidas do mesmo, Fernando Gómez Camarero, Coordinador da Plataforma polo Tren de Proximidade “SALVA O TREN”, o pasado 28 de marzo contituiuse en Santiago de Compostela, esta plataforma.

Nela defendese a permanencia do Tren Rexional ata que aproben o estudo e posta en marcha do tren de Proximidade para Galicia, “dado que, ata a data, non teñen previsto outra cousa que o AVE para Galicia”.

Polo de agora a plataforma está composta polos seguintes colectivos: Coordinadora Tren Rexional, Sindicato de Estudantes, Sindicato Ferroviario da Confereración IntersindicalCGT (SFF-CGT de Pontevedra, STOP Accidentes, ADEGA, Verdegaia, Amigos da Terra, Asociación Universitaria Ambiental SYME e Matar por Matar NON,ainda que segue aberta a adhesións de novas asociacións.

Seguir lendo

Nota de prensa de A RIA NON SE VENDE

                                                         A ria de Vigo está Rolda de prensa do vernes 4 de abril de 2008, en Vigoen serio perigo
Ampliación do porto, privatización do mar e do litoral e macrodepuradora.

Ampliación do porto. As pretensións da Autoridade Portuaria para a ampliación do porto de Vigo, realizando mais de 230.000 m2 de novos recheos, son o proxecto dun atentado ecolóxico.

A cobiza do Porto non ten límite: teñen máis de dous millóns de m2 de recheos e din que precisan aínda máis para ser competitivos. E iso só até o ano 2015. ¿E despois que? ¿Seguirán aterrando a Ría até convertela nun canle portuario?

No espazo portuario da Ría de Vigo hai na actualidade 960 concesións que, na maior parte dos casos, non deberían existir. Tiveron a súa orixe na necesidade de suplir, ao longo dos últimos 25 anos, a carencia de solo industrial. Un problema derivado da falta dunha mínima ordenación do territorio.