“A RÍA NON SE VENDE” SOLIDARÍZAMONOS COAS 12 PERSOAS PROCESADAS POR DEFENDER A NOSA LINGUA

En febreiro de 2009, 12 persoas foron detidas por participar en actos de protesta contra unha manifestación galegófoba á que asistían destacados membros da ultradereita estatal e galega arropados por centenares de persoas vindas, a maioria, de fóra do país.

Os manifestantes galegófobos eran protexidos por un desproporcionado dispositivo policial mentras que as persoas presentes nos actos de defensa da lingua sufrían unha salvaxe carga policial, sendo muitas identificadas, outras malladas brutalmente, detidas e criminalizadas.

O martes 23 de Outubro ás 9:30 escomenza o xuízo no que o fiscal pide en conxunto 45 anos e 8 meses de cárcere e sancións económicas que superam os 30.000 euros para estas 12 persoas.

 Consideramos este proceso como político, irracional e antidemocrático, unha farsa baseada en infamias e falsidades que pretende convertir as vítimas en verdugos.

Ante este atropelo, queremos mostrar toda a nosa solidariedade e o noso apoio incondicional coas persoas procesadas que o único que fixeron é manifestarse pola defensa da nosa lingua, ante unha ofensiva planificada desde a extrema dereita e orquestada polos medios de comunicación oficiais.

 Denunciamos a hipocresía e baixeza moral das testemuñas, membros de Falange, de UPyD e de Galicia Bilingüe e as suas arelas de manipular a opinión pública criminalizando as persoas que defenden a nosa lingua. Seguir lendo

Domingo 14 de outubro. Mobilización en Compostela.

O vindeiro domingo 14 de outubro ás 12:00 horas na Alameda de Santiago de ConmpostelaGaliza Non Se Vende organiza un Xuizo Popular aos responsables da destrucción e o desleixo da nosa terra e o noso mar.

 Estes son os cargos que se lles imputan:

  • Perda da soberanía alimentar (abandono do sector primario, mar, rural..)
  • Desastrosa xestión de residuos e contaminación
  • Minería salvaxe e sobreexplotación dos recursos (ríos, montes, vento…)
  • Desprotección da biodiversidade
  • Esfarelamento do territorio (infraestruturas, especulación..)
  • Abandono do patrimonio cultural

Polo noso presente, polo noso futuro, polo futuro dos nosos fillos, DEFENDAMOS A TERRA E O MAR Acude a Compostela.

 NON FALTES !!!