FÓISENOS XOSÉ

Quédanos o seu amor, o seu exemplo, o seu legado

 As verbas duns poucos compañeiros e compañeiras expresan moi bem o sentimento de dor de todas as persoas que tivemos a sorte de coñecer a Xosé Reigosa.

Adicado ao noso benquerido compañeiro valente activista e amigo Xosé Reigosa Solleiro.

Por Comité de Defensa das Rías Altas

  1. Ven, ven de présa!
    Nuns intres,
    o tempo parouse.
    Naquel cantil
    deixou de zoar
    o vento,
    unha gaita
    e ata o mar
    choraban….
    soamente ti
    enchías o pensamento.
    Entón, sen sabelo
    baixaron chorando
    as bágoas
    do meu corazón.

    Lembro o teu sorriso
    franco coma as túas palabras,
    esa tenra e cómplice ollada.
    Lembro a túa espontaneidade,
    retranca e tolerancia…
    Mais, especialmente lembro
    a túa devoción á Ría,
    o teu amor ao mar,
    esa incondicional pasión
    pola sagrada Terra-Nai.

    E esa faca maldita
    que te desangraba,
    cada vez máis…
    Quen puidera sanarche
    as feridas!
    As mesmas sufridas
    polas nosas rías,
    montes, ríos e praias!

    Mais ti compañeiro,
    loitaches ate o final
    contra tanta loucura,
    daquelas mentes pensantes
    que non pensan nada.
    Contra tanta desfeita,
    traizón e mafia!

    Mais ti,
    cidadán do mundo,
    sabías que a terra
    é sagrada.
    E, por iso,
    o teu soño
    é o noso soño,
    a túa senda
    non ten retirada.
    E os teus ideais
    están gravados
    no corazón
    das nosas almas.

    Ti, nos enseñaches que,
    cando a xustiza é cega
    e a lei fica mercada
    a indefensión roe a alma.
    Entón, só nos queda
    a loita,
    a forza dun país que se rebela
    a dignidade dun pobo
    que se levanta!

    Ai, como che doía a terra!
    Ai, como che doía a alma!

    Amigo Xosé,
    vas quedar sempre
    no corazón
    dos nenos,dos mozos,
    da xente humilde
    boa e honrada…..
    Neles está a esperanza
    dunha Galiza libre,
    dunha terra respectada
    sen caciques, sen amos,
    sen especuladores nin bárbaros!

    Xóroche, compañeiro,
    que a túa loita
    continuarase nunha
    e en mil batallas
    e que, un día,
    como ti desexabas
    polas nosas rías,
    montes, campos e praias
    polos nosos devanceiros,
    polos nosos fillos e fillas
    Galiza será liberada!

    Adicado ao noso benquerido compañeiro valente activista e amigo Xosé Reigosa Solleiro.
    Comité de Defensa das Rías Altas.

A Xosé Manuel Reigosa
Serxio Regos “O García” de Fuga em Rede

Cando miredes a Ría de Vigo e vexades un monte no alto de Nigrán ke non está completamente urbanizado sabede ke se chama Monteferro. Sabede ke está vivo porke o colectivo “Salvemos Monteferro” protexeuno con Xosé Reigosa á fronte. Sabede que o Xosé foi unha peza irrepetible neste rompecabezas que chamamos Rede Galiza Non Se Vende, pois propiciou e sustentou a mesma como poucos ou se cadra como ninguén. Era tremendamente especial a nivel de representar a dignidade rebelde ke nos move. Sabede ke este compañeiro era un dos imprescindibles (aínda ke a el non lle gustaría esta definición). Síntoo Xosé, pero si, ti eras, es e serás un deses. O seguinte texto é unha carta en voz alta desde o persoal, non podo escribir desde a distancia, desde a frialdade, non podo. Van pois apenas unhas liñas a un grandísimo amigo, a un compañeiro de loita social, a alguén ke coñecín relativamente tarde mais nestes poucos anos compartimos moitos momentos moi intensos de fraternidade, un home humilde e sinxelo, enorme en esencia, humano ata o infinito.

A Xosé Manuel Reigosa Solleiro (Xosé Monteferro) de Serxio Regos “O García”.

Xosé, compa. Onte chegoume a noticia… agora sinto unha dor infinita porke es unha das persoas ke máis kero e respeto no mundo e, cústame pensar ke xa non poderemos desfrutar da túa presenza física. Cústame moito.

Estou saíndo no tren cara a túa Ría, a nosa, a dos compas, a ke non está a venda, ese espazo común de terra, xente e sal ke moldeaches con agarimo no facer. Vou mirar as Cíes, vou cara a Ría, a ke non se vende e tódolos carroñeros keren facer negocio con ela, como con todos e cada un dos espazos naturais da Terra, a ke pertencemos.

Porke sabemos ke son chulos, chulos do territorio e exercen como tal, nunca se sacian, pero para definilos nada mellor ke a túa sinxeleza e humor, como saído dun western, no medio dunha frase desas túas interminables e con voz susurrante : “…os malos”.

Vou no tren lento, penso ke nunca foi tan lento, cara a Ría a xunto ós teus, a xunto ós compas, para estar ó teu carón e falarche, teño tanto ke dicirche… e sobre todo tanto ke escoitarte pois desde ke te coñezo non deixei de aprender meu. Pra min es como a encarnación da esperanza, tronzas as barreiras xeracionais coa túa proximidade.

Vou no tren, para estar a túa beira, neste tren ke debera ser realmente do común e non como a alta velocidade elitista que tanto cuestionaches e asegúroche cuestionaremos, por formar parte de unha estratexia depredadora do territorio, ke só lle interesa ao capitalismo salvaxe, xa sabes nós somos pasmós-peatós e non hai máis.

Vou ao teu carón parece ser ke a despedírmonos de ti… pero eu kero escoitarte máis, ke me fales do decrecemento, dende o neolítico! Como acostumas a facer… cóntame si, porke o teu libro sobre o tema xa debe estar bastante encamiñado, ou ke? É cando máis precisamos dos teus coñecementos, da túa lucidez, da túa paciencia, da túa calma e da túa digna rabia cando hai ke tela. Agora é cando máis precisamos do teu humor, nestes tempos ke corren, fálame do decrecemento unha vez máis… da biodiversidade da Ría, transmíteme o teu AMOR con maiúsculas pola Terra. Veña Xosé ke eu comprométome a transmitirllo aos demais como poida. Dime.

Ah! E cántame a de “Al vent” e a de “se non tedes sachos traémolos nós…” ke aínda imos conversar dun par de temas un ratiño máis… ke digo un ratiño máis si sempre nos pasa o mesmo e remata por iluminarnos a raiola do amencer…

Xosé, eu noméote: Xosé Monteferro, noméote e vives, nomeámoste e pensámoste e estás akí con nós por iso non falo en pasado, porke negámonos a perderte. Todo o ke construímos é indestrutible aínda ke perdamos a vida, ti vivirás sempre en min, en tod*s nós, e nos montes e na Ría, e en cada loita antisistema como a ti che gusta dicir, non antisistémica como sempre che digo eu… E ti coa túa brillante intelixencia dicías “non! antisitema, porke sistémica son tódolos sistemas, e a nós, o ke non nos gusta é este e imos construír outro mellor…”

Quien nombra llama.
Y alguien acude, sin cita previa, sin explicaciones, al lugar donde su nombre, dicho o pensado, lo está llamando.
Cuando eso ocurre, uno tiene el derecho de creer que nadie se va del todo
mientras no muera la palabra que llamando, llameando, lo trae.

Eduardo Galeano.
“Ventana sobre la Memoria”, en Las Palabras Andantes. Ed. Siglo XXI.

Días despois do seu pasamento celebrouse unha homenaxe en Monteferro e botáronse as súas cinzas ao mar ke tanto coidou (e ke agora coida del) desde o monte ke tanto protexeu (e ke agora o protexe).

Xosé, pasou unha semana e algo da túa despedida e agora estou en Monteferro. Está isto ateigado de xente! E hoxe non sinto dor, sinto alegría, orgullo, e non son o único, escoitáronse akí moitas emocións de boca de xente moi diversa en idades, de diferentes lugares, de diferentes colectivos, da túa familia e amigos… E sentín ke andabas por akí entre a xente fumándolle un cigarro coa túa presenza inevitablemente agarimosa, de paz.

Unha homenaxe do pobo humilde e sinxelo como te mereces, uníndonos unha vez máis a tod*s entorno á terra, como acostumabas facer. Poesía, palabras, colectividade, natureza, xantar popular… Información rigorosa sobre a situación ambiental actual de Monteferro e todo o Val Miñor da man do teu irmán, asemblea, acción na rúa, música…

Estás xa na memoria colectiva, burlaches a morte! Como fixeches!?

O amor polas persoas, pola Terra, pola vida, sempre situado abaixo e de pé. Canto nos deches meu, canto, canto. Sempre con alegría, de arriba pra baixo, caravanas de concertos, conversas mil, asembleas a eito, manifestacións, notas de prensa, redacción e sobre todo sintetización de manifestos… sempre sumando. Sen alentar. Un espírito libertario, nada dogmático, xa che vén de familia: Ricardo Mella, Urania Mella… O teu compromiso admira a ken o mira meu, es xustamente todo o contrario á covardía.

Téñolle escoitado aos indíxenas de Chiapas unha definición das persoas especialmente respectadas pola comunidade por seren defensoras do Colectivo, da Cultura e do máis importante de todo, a terra e o territorio no seu conxunto. A Nai Natureza na ke se sustentan os Pobos, pois sen Terra viva non hai vida digna, non hai nada… “Los Guardianes” din, os ke garanten a protección do espazo territorial, “hasta morir si es preciso” din. Unha definición ke me ten chamado moito a atención e xa o teño falado contigo Xosé porke pra min es “O Gardián da Ría” e por extensión un Gardián, un guerreiro, ke ofrendaches o mellor de ti polo ben común, un bo e xeneroso como xa dixeron máis compas. O noso Xosé, gardando a biodiversidade da Ría xa desde os ollos de Monteferro. Gardando a Ría, como nós te gardamos a ti pois xa non te podes ir. Conseguíchelo, permaneces. Transmítesnos toda a forza para seguir defendendo o ke é de todos e todas. Hai un compromiso, unha débeda pois, de defensa da xustiza e da liberdade ke alimentaches e ke non se pasará por alto, asegúrocho.

Saúde e Terra camarada! E unha aperta rebelde desas ke nos damos a última hora cando xa se foron todos despois das asembleas, e do xantar e… akí estamos, no crepúsculo, ti máis eu felices coma nenos, conspirando por algo mellor, xunto aos todos e todas ke somos… compa! seguimos!

Xosé, vives!
A loita sigue!

Goberne ken goberne, Monteferro non se vende!
Goberne ken goberne, A Ría non se vende!
Goberne ken goberne Galiza non se vende!
Terra viva e vida digna para tod*s.

CORREO DE IRENE
Irene de Radio Piratona
Olá a tod*s. Antes que nada, mandar-vos todo o agarimo do mundo nestes momentos. Ainda que tarde, muita força… e sim, como di Montse por fortuna estamos a ver o surgimento de sinergias fermosas; hai cousas que, com todo o mau, unem e dam pê para outras que talvez nom aguardássemos.

CANDO MORRE UN IRMÁN UN COMPAÑEIRO, UN PAI, UN AMIGO
Montse de Salvemos Monteferro e companheira de Xosé

Pode que non aterrara aínda pero máis que munusvalías sinto o que tiven e xa sempre terei de Xosé. Houbo máis amor que bagoas na súa despedida e amor de todas as tallas e cores como lle gustaba. Recibimos tanto de todos e todas vós antes e agora que o que sinto é unha grande comunión no sentido non desastrado do término. Está e estará con nós porque nos fixemos xuntos e xa non é posible desfiar o que é de cada quén. Debe de ser esa unidade da que falan por outros lares. Axudáchedes ca vosa emoción e a vosa forza a encher de tenrura e beleza un escenario que soe ser de dor e negocio coa morte. Sei que, coma nós, estarabos infinitamente agradecido.

Seguiremos na vida, al vent, nestes momentos de maré que dende o seu posto de vixía anunciaba Xosé, para combatila, paliala, reventala e construir mundos e saídas fronte a Goliat. Pequeniños en rede: Cualsevol nit pot sortir el sol.

É …como é? A miña casa é vosa casa se que hai casas de alguén

Montse Seguir lendo

Fóisenos Xosé. A nova en distintas webs

Non marcha quen semente deixa na terra.

Xosé con nós, e para sempre.

Compa Xosé Monteferro

Poema de Manolo Pipas – Envolventes as palabras

http://envolventesaspalabras.info/semblanzas-apertas-elexias/compa-xos%C3%A9-monteferro

Unha vez houbo un home que nunca dixo meu

Xosé Manuel García Crego (prazapública, valminor.info, quepasanacosta, galiciaconfidencial)

http://praza.com/opinion/94/xose-reigosa-solleiro/

Unha vez houbo un home que nunca dixo meu

http://www.valminor.info/opinion/cartas-ao-director/4178-unha-vez-houbo-un-home-que-nunca-dixo-meu

http://www.quepasanacosta.com/?p=13150

http://galiciaconfidencial.com/nova/9754.html

http://es-es.facebook.com/valminor/posts/390571987629200

Infinita dor… pero Xosé vive!

Serxio Regos García

https://www.facebook.com/photo.php?fbid=3094594316461&set=a.1440341601177.99808.1012143035&type=1&theater

Poema – SOS Groba

http://sosgroba.blogspot.com/2012/02/estamos-de-loito.html

Hoxe finou Xosé Reigosa Solleiro

Instituto de Estudos Miñoranos

http://www.minhor.org/component/content/article/39-novas/525-hoxe-finou-xose-reigosa-solleiro

 Hoxe finou Xosé Reigosa Solleiro

Verdegaia (web propia, MundoGaliza, Diario Liberdade, Ártabra 21)
http://www.verdegaia.org/content/view/1389/1/

http://www.diarioliberdade.org/index.php?option=com_content&view=article&id=24630:finou-xose-reigosa-solheiro&catid=18:consumo-e-meio-natural&Itemid=48

http://mundogaliza.com/hoxe-finou-xose-reigosa-solleiro/

http://artabra21.blogspot.com/2012/02/hoxe-finou-o-activista-xose-reigosa.html

Onte finou Xosé Reigosa Solleiro

Verdegaia – Praza pública – Un claro no bosque

http://unclaronobosque.prazapublica.com/post/18080491890/onte-finou-xose-reigosa-solleiro

Fallece el activista Xosé Reigosa

http://www.viartu.com

http://www.youtube.com/watch?v=q6oZ0HkTaKo

 Entrevista a Xosé Reigosa (in memoriam) e a Enrique Romasanta – outubro de 2009

Antón Escuredo – xornalismo e altercultura galego-catalana

http://antonescuredo.wordpress.com/2012/02/22/entrevista-a-xose-reigosa-in-memoriam-e-a-enrique-romasanta-2009/

Salvemos Monteferro

Carta de Xosé no Faro de Vigo – 16 de abril de 2008

http://www.valminor.info/opinion/cartas-ao-director/2390-salvemos-monteferro

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008041900_20_217707__Cartas-Salvemos-Monteferro

Sábado 25 de Febreiro, en Vigo: Mesa redonda sobre a ENERXÍA EÓLICA

Sábado, 25 de Febreiro de 2012:

Lugar: Auditorio Municipal do Areal (Antigo Reitorado). Rúa Areal, 46,  VIGO

Horario: DE 17 h. a 20h. palestras e de 20h a 21h. mesa redonda.

RELATORES:

  1. Charla: EMILIO MENÉNDEZ. Universidade Autónoma e Politéxnica de Madrid. – ENERXÍA EÖLICA EAVALIACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL.
  2. Charla: DAMIÁN COPENA. Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) da Universidade de Vigo – A ECONOMÍA DA ENERXÍA EÓLICA E SOBRE A GUÍA PARA PROPIETARIOS DE TERREOS AFECTADOS POR PARQUES EÓLICOS.
  3. Charla: XOSÉ VEIRAS. Verdegaia – A IMPLANTACIÓN DA ENERXÍA EÓLICA EN GALICIA.
  4. Charla: MARIANO TOMÁS. Avtivista do movemento “Contra parques eólicos de Valencia” – A LOITA VALENCIANA CONTRA PROXECTOS DE ENERXÍA EÓLICA.
  5. Charla: IVÁN NOVOA. Técnico instalador de enerxías renovables –EÓLICOS DE PEQUENA POTENCIA E  USOS COMPLEMENTARIOS DOS RECURSOS ENERXÉTICOS.
  6. Charla: PAULA VIDAL. Amigos da Terra – A EXPERIENCIA DO CENTRO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL “AS CORCERIZAS”.