
APOIAN:
- Asociación de Naseiros de Alvedosa.
- Asociación Pedra Oliveira.
- Confraría de Pescadores de Baiona.
- Confraría de Pescadores de Redondela.
- Confraría de Pescadores San Xosé de Cangas.
- Cooperativa Cíes Artesanais.
- Cooperativa Mar do Morrazo.
- Cooperativa Pesca de Baixura e
- Plataforma en Defensa da Enseada San Simón.
E DESPOIS DA MANIFESTACIÓN, CONCERTO SOLIDARIO:

Sábado 14 de Novembro en Vigo:
MANIFESTACIÓN
A Ría de Vigo, como todas as rías atlánticas, é un dos ecosistemas mariños máis ricos do mundo. Unha enorme riqueza biolóxica en si mesma, pero tamén un recurso económico que, racionalmente explotado, é fonte de vida e de alimento para hoxe e para sempre. Este tesouro común, de valor incalculable, nolo están destruíndo dun xeito estúpido, progresivo e irresponsable.
Por iso, este sábado 14 de Novembro, a rede de colectivos “A Ría Non Se Vende” co apoio de 8 organizacións de mariñeiros e da Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón, organizamos unha manifestación que sairá ás 19:00 horas da Praza dos Cabalos e rematará na Autoridade Portuaria de Vigo. Posteriormente, ás 23:00, na Sala Farándula (rúa Churruca) celebrarase un concerto solidario.
O lema da Manifestación será:
Massó, Bouzas, Areal, Teis, Chapela….
OS RECHEOS MATAN A RÍA
Os Recheos matan a Ría, tanto se son construídos con terra e entullo como se o son con pilotes ou caixóns de formigón.
-Os responsábeis desta morte proxectada son: a Autoridade Portuaria de Vigo, principal promotora de todos os proxectos de ampliacións portuarias e portos deportivos, que se autoproclama propietaria da lámina de auga e do litoral, a clase empresarial,que é aque verdadeiramente marca as directrices do porto de Vigo, e os alcaldes e alcaldesas que gobernan nos concellos bañados pola Ríae permitenas máis agresivas actuacións no mar e na ribeira.
ASISTE Á MANIFESTACIÓN CONTRA OS RECHEOS ESTE SÁBADO 14
Contra a cobiza insaciábel polo espazo portuario para logo construír centros comerciais, edificios administrativos, campos de fútbol, hoteis, restaurantes, fontes cibernéticas absurdas…
Contra a conversión do litoral en caóticos polígonos industriais cheos deempresas e naves alleas á actividade portuaria.
Contra a política avariciosa de conseguir as máximas ganancias no menor tempo para que os de sempre sigan a engrosar os seus beneficios.
Contra a contaminación conmillóns de litros de augas residuais urbanas e industriais que se verten diariamente ao mar sen depurar.
Contra a especulación do litoral, tanto urbanística, como de chan industrial oude lámina de auga.
Contra a privatización do litoral,a usurpación de espazos agora públicos para convertelos en lucrativos negocios privados, como prazas de amarre para embarcacións de recreo.
Contra a utilización do porto comounalmacénde mercadorías, ou un aparcadoiro de vehículos.
Contra os que utilizan a ría como un vertedoiro,construtoras grandes e pequenas que, aproveitando os recheos, verten ao mar os entullos e todo tipo de lixo xerado nassúas obras.
É hora de paralizar as agresións á ría, de levantar recheos e demoler as naves alleas á actividade portuaria.É horade parar a especulación e a privatización do mar.
É hora de que a sociedade organizada non permita ningún atentado máis á ría: Por iso, hoxe máis que nunca, queremos dicir con voz forte e clara:
Goberne quen goberne
A RÍA NON SE VENDE!!!
Convoca: A Ría Non Se Vende
Apoian: Asociación de Naseiros de Alvedosa,
Asociación Pedra Oliveira,
Confraría de Pescadores de Baiona,
Confraría de Pescadores San Xosé de Cangas,
Confraría de Pescadores de Redondela,
Cooperativa Cíes Artesanais,
Cooperativa Mar do Morrazo,
Cooperativa Pesca de Baixura e
Plataforma en Defensa da Enseada San Simón
Teléfonos de contacto: 647965193 (Xosé Reigosa) / 649266619 (Duarte Ferrín)
Proxectos actualmente en marcha na Ría de Vigo:
Proxectos de recheos en curso de realización:
Bouzas:66.339 m2 máis
Areal:79.938 m2 máis
Punta Chapelisa:21.194 m2 máis
Rande:32.881 m2 máis
TOTAL: 200.352 m2, 32.881 en Rede Natura
|
Proxectos de portos deportivos:
Baiona: 85 prazas de amarre máis
Panxón: 43 fondeos
Canido: 45 fondeos
Vigo: 400 prazas de amarre máis
Etea: 250 prazas de amarre
(ampliable)
San Adrián: 450 prazas de
amarre máis
Moaña: 50 prazas de amarre máis
O Con: 360 prazas de amarre
Cangas: 290 prazas de amarre máis
Massó: 420 prazas de amarre
TOTAL: 2.305 prazas de amarre
máis. Na actualidade xa hai 4.114
|