Absoltas as 10 persoas de A Ría Non se Vende imputadas polos feitos de Toralla

v1c4f1.jpg

O Xulgado número 6 de Vigo ven de dictar sentenza absolutoria para as 10 persoas imputadas nun xuízo de faltas no que se lles acusaba “dunha falta leve de respecto e consideración debida á autoridade”.

Os feitos xulgados refírense a unha concentración lúdica e pacífica na praia da Illa de Toralla que, aquela tarde do pasado 13 de setembro, foi “invadida” por músicos, “piratas” e navegantes aventureiros que reivindicaban o dereito cidadán (estipulado pola lexislación vixente) de acceso ao litoral. Algo que nesa illa, símbolo da especulación, non se compre. Os incidentes que deron lugar a este xuízo deriváronse da intervención dunha dotación policial antidisturbios cando o acto xa tiña rematado.

A fiscal pedía para cada unha das persoas acusadas unha multa de 350 euros por considerar probado que proferiron insultos contra os policías actuantes. A sentenza, pola contra, considera que non quedou “acreditada a responsabilidade e participación dos denunciados” nos feitos que se lles imputaban.

Ademais, e polos mesmos feitos, un total de doce persoas foron sancionadas pola Subdelegación do Goberno con multas que oscilan entre os 350 e os 600 euros, sancións que, en base a esta resolución xudicial absolutoria, están sendo agora recorridas.

A Ría Non se Vende solicita a Costas o deslinde da Illa de Toralla

A rede de colectivos A Ría Non se Vende solicitou formalmente á Dirección Xeral de Costas en Madrid e ao Servicio Periférico de Costas de Pontevedra o inicio dun expediente de deslinde do litoral da Illa de Toralla e a consecuente recuperación dos terreos de dominio público marítimo terrestre.

Actualmente o acceso público ao litoral de Toralla non é posible ao estar ilegalmente pechado o paso, podéndose acceder tan só á praia onde remata a ponte, pero non percorrer todo o perímetro litoral da illa.

Restablecer a legalidade e que toda a cidadanía poida disfrutar dun espazo costeiro que lle pertence por dereito é o fin que perseguimos con esta actuación.

A RÍA NON SE VENDE

A rede Galiza Non Se Vende perante a mudanza do goberno

p1060539-b.JPG

O 16 de Abril o Parlamento galego xurdido das últimas eleccións autonómicas investiu a Nuñez Feijóo como novo presidente da Xunta. De novo o PP volta gobernar Galiza. A Rede GNSV, formada na lexislatura que acaba e moi crítica co goberno saínte, desexa posicionarse publicamente a respecto do período que se abre coa maioría absoluta do Partido Popular.

A Rede Galiza Non Se Vende naceu en Novembro de 2007 como evolución da Rede Litoral Vivo, constituída en Febreiro do mesmo ano por diferentes colectivos ecoloxistas e sociais. A Rede GNSV xurdiu estando PSdeG-PSOE e BNG no goberno galego fronte a unhas políticas e prácticas ambiental e socialmente destrutivas, para defender un ordenamento territorial baseado na sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social.

COMUNICADO DA REDE “A RÍA NON SE VENDE” SOBRE O PLANO DE USOS DO PORTO DE VIGO

Macro-recheio de BouçasÁ vista do publicado en distintos medios de comunicación respecto ao Plano de Usos do Porto, a rede de colectivos “A Ría Non Se Vende” ven manifestar o seguinte:

PRIMEIRO:

A presentación deste Plano de Usos non é mais que unha campaña mediática que resposta a intereses políticos e económicos e pretende xustificar a pobre e continuísta xestión de Suso Paz ao frente da Autoridade Portuaria. Xestión da que cómpre salientar a actuación ilegal na zona da antiga Duchess, en Rande, explanando e cementando terreos integrados dentro do LIC da Rede Natura da Enseada de San Simón.

Seguir lendo

A Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común mostra o seu rexeitamento ao proxecto de conexión da A-57 có aeroporto de Peinador e a rede arterial de Vigo.

Tras coñecer a aprobación definitiva do estudio informativo da polémica variante que cruza os concellos de Pontevedra, Soutomaior e Redondela, esta Organización quere mostrar o seu desacordo cun proxecto que desvertebra o monte veciñal de alomenos 8 Comunidades.

 Leer máis: http://oaredondela.blog.com/4795131/

Xulgado nº 6 de Vigo: Xuízo pola “invasión pirata” de Toralla

piratas-en-toralla.jpgNOTA DE PRENSA DE
A RÍA NON SE VENDE

No xulgado nº 6 de Vigo tivo lugar o pasado día 30, un xuízo de faltas contra dez persoas polos “feitos” de Toralla.
Estes “feitos” refírense a unha concentración lúdica e pacífica na praia da Illa de Toralla, que foi “invadida” aquela tarde por músicos, “piratas” e navegantes aventureiros que só reivindicaban o dereito cidadán (estipulado pola lexislación vixente) de acceso ao litoral. Algo que nesa illa, símbolo da especulación, non se compre.

A fiscal pediu para cada unha das persoas acusadas unha multa de 350 euros por considerar probado que proferiron insultos contra os policías actuantes. Tamén solicitou a libre absolución dun policía nacional acusado de agredir a un dos manifestantes. Algúns destes presentaron como proba varios partes médicos das lesións que sufriron aquela tarde.

Este xuízo, que responde a unha denuncia da Policía Nacional, é para A RÍA NON SE VENDE un paso máis no camiño de criminalización e acoso que se ven producindo cara esta rede de colectivos desde a Subdelegación do Goberno en Pontevedra.

Seguir lendo