I Marcha en bici Moaña – Cangas

O próximo domingo 6 de novembro terá lugar esta marcha, entre Moaña e Cangas, atravesando a parroquia de Tirán polo chamado “Camiño Real”. Un camiño tradicional con vocación peatonal ou ciclista. O obxectivo e poñelo en valor evitando novas desfeitas como a transformación do mesmo en estrada.

“I Marcha Moaña – Cangas” en bici ou camiñando.

Será o próximo domingo, 6 de novembro, ás 11.30 horas.

Trátase dun acto para reivindicar un mellor uso dos nosos camiños tradicionais, en este caso, como vía de comunicación e senda de lecer entre os concellos de Cangas e Moaña.
O percorrido atravesa un auténtico parque insertado no territorio. Un parque cheo de paisaxe ao interno do cal, discurre esta fermosa vía tradicional coñecida como “Camiño Real”.
Moitas veces, utilizar as infraestructuras que xa temos axeitadamente, evita novas e dispendiosas obras. Este é o caso deste camiño que discurre por Tirán, unha xoia que perviviu ata hoxe como parte da nosa paisaxe cultural e que diferentes proxectos pretenden desvirtuar. A intención é a darlle vida.

Esta convocatoria forma parte dun proceso de participación cos veciños no que se pretende pór motivos para mellorar as cousas sen destruílas. Cunha filosofía semellante á “Proposta de mobilidade para O Morrazo” inténtase crear debate sobre o xeito de intervir no noso territorio inmediato. Bótalle un ollo a esta proposta en:
 https://sites.google.com/site/mobilidadeparatodos/

Esta marcha está indicada para calquera persoa, xa que a distancia será de 5.500 Seguir lendo