1º CONCURSO FOTOGRÁFICO “O ANTES E O AGORA DO HUMEDAL DO LAGARES”

Concurso Fotográfico: O antes e o agora do hunidal do Lagares.

A rede de colectivos” A Ría Non se Vende” xunto coa Comisión veciñal de afectados pola depuradora do Lagares convocan o 1º concurso fotográfico :

“O ANTES E O AGORA DO HUMEDAL DO LAGARES”.

O Medio ambiente e o coñecemento do noso patrimonio natural e cultural é o protagonista deste certame.

O obxectivo que se busca é duplo: por un lado concienciar e agudizar o sentido crítico das persoas sobre o medio que as rodea e en concreto sobre a Xunqueira do Lagares, o humedal máis importante de Vigo e contorna; e por outro, denunciar tanto a depuradora actual como o proxecto de macrodepuradora que lonxe de arranxar o problema do saneamento de Vigo o que vai provocar é a desaparición da Xunqueira e amplificar os problemas de contaminación na nosa ría.

Para isto empregamos un medio como é a fotografía que está ao alcance da maioría da poboación. As fotos poden amosar lugares e elementos diversos: Fai unha foto na Xunqueira da flora, da fauna, da súa paisaxe, dun dos seus fermosos recunchos. .. ou

dunha agresión da marisma ou algo que queiras denunciar! ! !

Anímate e participa

Consulta as bases do concurso aquí.

cartazconcursofotografico400.jpg