
A rede A Ría Non Se Vende, organiza en Vigo unhas xornadas sobre o modelo de transporte actual e a crise enerxética e financeira global. Comezaron 28 de Febreiro e continuarán 7, 13 e 14 de Marzo.
As xornadas, abertas a tódolos colectivos e xente interesada, versarán sobre a insustentabilidade do patrón de transporte dos nosos días, apoiado en infraestruturas impactantes no medio natural. Un modelo de transporte que impacta negativamente tamén na sociedade, que causa mudanza climática, e que perpetua un crecemento destrutor e consumista de enerxía e recursos naturais.
Así mesmo, debatirase en mesa redonda sobre a crise financeira global -que afecta especialmente ao sector da automoción, con perdas de emprego masivas-, sobre as medidas de rescate da industria automovilística e as axudas para promover o consumo e, por suposto, falarase tamén de posibles alternativas que están xurdindo e que son desoídas.
Un debate no que se prantexará se cómpre seguir mantendo artificialmente un sistema produtivista e inxusto (baixo a xustificación do emprego) ou se por fin chegou a hora de reprantexarse alternativas serias que dean resposta aos problemas actuais.
Sabemos que o crecemento ilimitado nun planeta limitado é algo irrealizable, polo que non parece disparatado reprantexarse o decrecemento de produción e consumo para recuperar o equilibro coa natureza e a xustiza social no Planeta.
Seguir lendo →