A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo solicita a retirada do proxecto de conversión en autovía do corredor do Morrazo

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo diante da consulta a información en relación a decisión de avaliación de impacto ambiental do proxecto de “conversión en autovía do corredor do Morrazo CG-4.1-Treito enlace de Rande-enlace de Cangas” por parte da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas solicitou máis alá da decisión de avaliación de impacto ambiental, que evidentemente pedimos, o informe desfavorable e a retirada do citado proxecto pola súa tramitación ilegal e polos gravísimos, irreversibles e críticos efectos que podería ter as obras e o previsible e insustentable incremento do tráfico rodado e motorizado sobre o medio ambiente, patrimonio cultural e o medio socioeconómico, a máis dos xa coñecidos e producidos pola construcción e posta en funcionamento da vía rápida.

Baseouse en:

  1. O proxecto non ten a correspondente cobertura legal xerárquica, xa que o Plan Director de Estradas de Galicia e o Plan MOVE, onde ten que estar integrada a obra están sin aprobar e tampouco se realizou a correspondente Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE), segundo a Lei 9/2006 de 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente.

  2. O proxecto carece da obrigatoria Avaliación de Impacto Ambiental (AIA) por pertencer o Anexo I do R.D. 1/2008 e por afectar de xeito apreciable a un LIC de Rede Natura ( Enseada de San Simón).

  3. Non é aplicable a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) dun estudo informativo realizado no 2001 na que esa DIA foi incumprida, xa que foi en base á construcción dunha vía rápida e non dun corredor, foron ignoradas as propostas alternativas, e agora pretende incumprirse de novo pretendendo eximir da correspondente AIA o proxecto actual. Seguir lendo