JULIO, BENVIDO Á TERRA

imagesDa rede GNSV damos as boas-vindas ao companheiro Julio, despois de sofrer 40 dias de privación de liberdade na prisón Soto del Real en Madrid.

Queremos ao mesmo tempo denunciar públicamente a montaxe policial de que foron vítimas Julio e a sua compañeira Silvia ao serenlles aplicada a lei antiterrorista, ao somete-los ao réxime de incomunicación, ao serem trasladados pola forza aos calabozos da Audiencia Nacional en Madrid e ao ingresar o Julio no cárcere.

Dous días despois de ser detida, Silvia foi posta en liberdade sen cargos. Entrarom na súa casa pola forza, separaron-na da súa crianza lactante e levaron-a secuestrada para Madrid sen ningún tipo de xustificación.

Coarenta días tivo que pasar Julio na cadea para sair en liberdade, eso sí, baixo fianza para non ter que admitir que todo foi unha montaxe policial sen ningún tipo de provas.

Condeamos a actuación dos medios de comunicación subvencionados que publicaron a nova das detencións, con notas enviadas directamente de comisaria, sen molestarse en comprovar os feitos, con imaxes de artefactos para criminalizar as persoas detidas e sen ter ningún reparo en difundir os nomes e apelidos, sen concederlles a presunción de inocencia, condenando sen xuízo e incrementando a fantasia policial dos cargos que se lles achacaban. Agora que Julio foi posto en liberdade non lle adican nin unha soa linha nos seus panfletos mentireiros.

NON MÁIS MONTAXES POLICIAIS
NON Á DISPERSIÓN DAS PERSOAS PRESAS
ABOLICIÓN DA LEI ANTITERRORISTA
BASTA DE INTOXICACIÓN MEDIÁTICA

Galiza Non Se Vende

A Plataforma en Defensa da Serra do Galiñeiro presentou alegacións contra o Proxecto de Parque eólico

galineirologo-200-11O día 30 de novembro a Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro, da que forma parte “A Ría Non Se Vende” presentou a súa alegación ao Proxecto de parque eólico na citada serra. A pesar das dificultades que a Administración nos puxo, preparamos un  extenso argumentario ante as distintas infracións que o proxectado  polígono eólico infrinxiría na serra do Galiñeiro.

O prazo para preparar o documento de alegación foi de só un mes, do  que os primeiros días non tiñamos practicamente acceso ao Proxecto, ao  tratarse este de un extenso documento de centos de páxinas e planos  que só podiamos consultar nas oficinas dos concellos ou da consellería  de industria. O documento dixitalizado tivo que ser pedido á Xunta e  conseguido con esforzo. Foi só na última semana, e cando se nos  comunicou que non daban ampliación do prazo de alegacións, que nos  enviaron o Proxecto en formato dixital.

Esta Plataforma conseguiu redactar en poucos días e coa adicación do  tempo libre dos seus membros, un traballo máis exahustivo do que  fixeron no gabinete de redacción do estudo de impacto de Terra do  Vento, que nalgúns aspectos é unha redacción teórica copiada de  diversas fontes e sen estudo de campo.

Os estudos de impacto son encargados como trámites, e aínda que en  ocasións son estudos feitos por profesionais serios, noutros casos coa  súa desidia burlan e desprezan os valores desta serra.

Queremos dar as grazas unha vez máis a toda a xente que colaborou asinando a alegación persoal pedindo a retirada do Proxecto de Parque eólica na serra do Galiñeiro. Gracias a todas e todos eles, presentamos máis de 8.000 alegacións no rexistro da Xunta.

http://serragalinheiro.wordpress.com