O informe da UE sobre as rías galegas: consumouse a farsa

Cantas persoas queren que cos seus impostos se procure unha mellora no medioambiente? A preservación da biodiversidade, o dereito á vida das especies que poboan a Terra e o intento de preservar a natureza e deixar o medio natural e o medio humanizado en mellores condicións ás xeracións que veñen atrás de nós parecen obxectivos racionais, compartidos pola maioría das persoas de ben, pero tristemente vemos como as políticas locais, autonómicas, estatais e europeas constitúen unha maquinaria destrutiva que esnaquiza calquera intento xusto de mellora medioambiental.

ENCE na ría de Pontevedra

ENCE na ría de Pontevedra

Sobre o papel, moitos dos cartos dos nosos impostos dedícanse á mellora medioambiental. Máis de 25.000 millóns de euros ten recibido Galiza de fondos europeos para o suposto obxectivo de acometer un saneamento real das Rías. Porén, a realidade mostra unha xestión indebida de tales fondos (cando menos nos aspectos técnicos e económicos, e probablemente tamén no legal), traducida nun aumento imparable da contaminación nas Rías. A construción de redes unitarias que contaminan as augas pluviais ao mesturalas coas augas residuais; un conxunto de depuradoras deficitarias, cando non inoperativas, a ausencia de interconexións que permitan transvasar auga contaminada dunha depuradora ás outras en caso de avería; a ausencia total de predepuración de augas industriais; a falla de mantemento das redes xerais; os erros na instalación de colectores e as fallas nos bombeos, non parecen formas axeitadas de conseguir mellora ningunha. O resultado son centos de puntos negros de contaminación en toda a costa galega, censados cada ano pola propia administración pública a través dos informes de Augas de Galicia.

Seguir lendo