I Xornada Labrega no C. S. A Formiga

Hai uns días, Ricardo de OAR, recibiu un correo electrónico de Raquel, responsanbel do Centro Social A Formiga, convidando @s membr@s de OAR a participar o sábado, 16 de febreiro, nunhas labouras labregas, nunhas terras de labradío abandoadas acarón do C. S. A Formiga. Hai que decir que houbo escaso interese ou falta de tempo, que se traduciu en pouca participación pola nosa parte (OAR) na xornada labrega. Pola mañá, só asistiran Raquel e Ricardo.

Accidentalmente apareceu Víctor (OAR), e probou un par de horas a súa detreza no manexo da sacha. Tódol@s participantes puxeron o mellor deles nun intento de posta en valor do recurso natural a día de hoxe abandoado, que esperemos no futuro de os seus froitos, e poidan, se non convidarnos, si polo menos facer unha cuchipanda vexetal entre os labregos.

Temos que decir que non todo foi traballo e sacha. Á hora de xantar, recibiron a visita de Mario e dous amigos do CS a Formiga, que acompañaron e compartiron solidariamente a súa comida c@s nov@s labreg@s. As empanadas de Raquel e o viño caseiro de Ricardo, as conversas e o comer relaxado foron do máis reconfortante, despois dunha dura xornada de rompelo lombo contra a dura terra. Ningunha comida sabe igual nun entorno natural e despois do duro traballo no campo. Creedeme tédelo que probar.

Logo pola tarde, Mario e Raquel continuaron na leira.

A experiencia do sábado, vai a máis e no C.S. plantexanse organizar unhas verdadeiras xornadas abertas a tod@s e lograremos colectivamente aprender algo máis dos procesos de cultivo e producción de alimentos naturais (cas nosas propias máns e, por exemplo, libres de químicos).

GALIZA NON SE VENDE PIDE A DIMISIÓN DO CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE

Manifestación RGNSV 17/02/2008

Manuel Vázquez, Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta, en declaracións recollidas polos medios respecto á manifestación de GALIZA NON SE VENDE que tivo lugar o domingo en Compostela afirma que os manifestantes “non representaban á sociedade galega senón que defendían intereses particulares: Só ían polo que hai do meu”.

Lonxe de responder aos argumentos de GNSV, expresados no manifesto e no comunicado, prefire descualificar aos milleiros de galeg@s que democraticamente e facendo gala dun enorme sentido da responsabilidade (entendida esta como unha actitude cívica de defensa do patrimonio natural e do medio ambiente) esiximos un cambio de rumbo.

Seguir lendo

CONTRA A DESTRUCIÓN DO TERRITORIO

Desde A Guarda a Ribadeo, desde O Courel á Terra Cha, un terremoto de especulación e depredación da terra e do mar está destruíndo a nosa natureza, a nosa paisaxe e a nosa forma de vida. Está destruíndo, polo tanto, a propia identidade de Galiza.


Hoxe, máis que nunca, Galiza precisa de ti, da
túa voz e da túa forza

 
Temos que recuperar o espírito das vellas xestas para amosar que aínda mantemos intacta a dignidade de pobo que non quere morrer.

Xuntos e firmes estaremos o 17 de febreiro en Compostela para defender a nosa paisaxe, a nosa natureza, a nosa identidade e a nosa forma de vida. Xuntos e firmes, baixo o sol ou baixo a chuvia, será un domingo radiante de esperanza para a terra dos nosos pais e dos nosos fillos, para a vida futura e, por que non dicilo tamén, para o noso ameazado planeta.


O 17 DE FEBREIRO ESTAREMOS EN COMPOSTELA


GALIZA NON SE VENDE

TERRA VIVA E VIDA DIGNA PARA TOD@S

Ler máis