Encontro paralelo á reunion dos ministros de pesca da Unión Europea

Ante a reunión que manterán en Vigo os ministros de pesca da UE os días 4 e 5 de maio, os grupos integrados na rede de colectivos A RIA NON SE VENDE / GALIZA NON SE VENDE pensamos que, na alarmante situación actual, cómpre facer visibles á sociedade os enormes problemas e a ignorada catástrofe que os sistemas de pesca industrial están causando nos océanos, xunto á problemática situación do litoral galego, especialmente nas rías e o sector extractivo.

Por este grave motivo, ARNSV/GNSV organiza un encontro paralelo á reunión ministerial con distintos grupos ecoloxistas de Galicia, do resto do Estado e das máis importantes organizacións internacionais, entre as que se contan Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, WWF Adena, Océana, Marcha Mundial das Mulleres, Amarante, Altermundo e outras, así como confrarías de pesca e representantes do sector marisqueiro locais.

O encontro terá lugar entre o 27 de abril e o último día da reunión ministerial, o 5 de maio. Nel trataranse os problemas que se expoñen no documento de convocatoria que podedes ler aqui, e constará dos actos e accións que se detallan no programa.

As conclusións do encontro serán recollidas nun Documento
que será entregado ós/ás participantes na reunión ministerial.

Para ver o PROGRAMA preme en Ler máis

Seguir lendo

POLA RECONQUISTA DA RÍA DE VIGO


Benvid@ á Ría de Vigo. Está vostede nun lugar de singular beleza e riqueza natural, único no mundo pola súa elevada produción biolóxica, ecosistema fráxil que se esta a degradar dun xeito alramante pola desidia e ignorancia das institucións públicas e pola cobiza dunhas poucas empresas privadas.

Pode vostede bañarse nas súas augas, contaminadas por vertidos fecais, metais pesados, clorobifenilos e hidrocarburos.Mais desde a rede de colectivos “A Ría Non Se Vende” propoñémoslle unha andaina polas desfeitas e zonas ameazadas do litoral:

Porto do Molle

Empece por Nigrán, contemple a enorme chaira de 1 millón de m2 que estragou o bosque de ribeira e afectou ao leito do río Muíños, para construir o polígono industrial de Porto do Molle.

Pode acercarse a Monteferro, espazo natural baixo ameaza constante de talas ilegais e proxectos de urbanización. Monteferro
EDAR-Coruxo

Se segue pola costa, pasará por Coruxo, onde pode observar unha zona única en flora e fauna: a Xunqueira do Lagares, pero eso si, vaia vostede co nariz tapado xa que a fedorenta depuradora verte cada segundo 900 litros de aguas residuais sen tratar. Mais non se preocupe, ou si, xa que proxectan construír no mesmo sitio unha máis grande, que tampouco funcionará, porque non pensan separar as aguas pluviais, residuais urbanas e industriais. Esta, como todas as depuradoras da ría, onde as hai, funcional mal e contaminan o mar.

Contemple a Illa de Toralla, coa monstruosa torre de apartamentos e a urbanización de chaléts, que constitúe a privatización dunha illa que debería ser parque natural e arqueolóxico para o desfrute de todaa cidadanía.

Toralla
Bouzas

Xa en Bouzas pode observar o macrorecheo, realizado aterrando o maior banco de bivalvos da Ría. Mais dun millón de m2 de superficie convertidos en almacén de veiculos e polígono industrial de empresas alleas á actividade portuaria que verten os seus residuos directamente ao mar. A súa iluminación provoca unha tremenda contaminación lumínica. Esta cafrada modificou a dinámica de correntes prexudicando a toda a vida mariña. Como din que non lles chega queren amplialo 71.500 m2 mais. Tamén están a construír silos, de tres pisos de altura, para almacenar veiculos, o que que estraga ainda máis a deteriorada paisaxe da ría.

No centro de Vigo, si pasea polo Berbés, pode decatarse de como se coida o patrimonio arquitectónico. Se se achega ao peirao observe a nave dos redeiros, queren reconvertila en restaurantes e cafeterias, unha actividade “moi portuaria”. O PXOM desta cidade pretende duplicar a súa extensión e o volume construído no prazo de 12 anos, o que supón un atentado ambiental e paisaxístico (reducindo un tercio da superficie non artificializada), cultural (destruindo de 84 dos 95 núcleos rurais e unha importante riqueza arqueolóxica) e urbano (desaparecendo os sinais da identidade urbana, ausencia de espazo público de calidade, densificación e mobilidade insustentabeis).

panfleto-reconquista-2010-maquetacion-1_pagina_1_imagen_0006.jpg
panfleto-reconquista-2010-maquetacion-1_pagina_1_imagen_0007.jpg

No Porto pode deleitarse co esperpéntico centro comercial da Laxe ou o edificio da Xunta (con orden de derribo) que pechan Vigo ao mar. Tamén pode imaxinarse como quedaría unha absurda fonte luminosa cibernética cun chorro de 100 m. de altura que ansían construir.

Seguindo a rota, no Areal, está a Terminal de contentores, que pretenden ampliar en 80.000 m2. Contemple o recheo a medio facer, continuar con esta obra suporía remover os fundos e pór en suspensión moitas micropartículas de metais pesados e outros contaminantes que poderian afectar a toda a vida mariña e introducirse na cadea alimentaria, como avisan desde Investigacións Mariñas, o Oceanográfico e a Universidade.
Hai varias persoas imputadas como responsábeis por realizar está obra ilegal.

Areal

Seguir lendo