O Goberno proíbe a manifestación en Melide mais… iremos á festa!

Aínda que non é habitual que se denegue o permiso para exercer o dereito a manifestarse, nesta ocasión a Delegación do Goberno, seguramente preocupada pola incidencia dun acto molesto para os plans da Xunta e das empresas responsables das fumigacións, decidiu aplicar o prazo mínimo de solicitude, entendendo que non hai motivos que xustifiquen a urxencia da convocatoria.

Se cadra se fosen fumigar con carácter inmediato a casa do delegado do Goberno, aplicaría un criterio diferente, pero isto é o que temos.

Xa que logo, a Plataforma decidiu renunciar a realizar unha manifestación pero mantemos a cita prevista con todos na Foliada de Melide, para realizar información cara a cara e participar como outros cidadáns máis na festa melidense. Informemos en animada e festiva conversa aos nosos paisanos en Melide! Festa con conciencia! Festa activa!

Domingo, 29 de abril ás 11:00 en Melide: Acción contra as fumigacións, cun isecticida tóxico, nos montes de eucalipto

O 29 de abril, às 11:00 na feira en Melide, a Plataforma contra as fumigacións. Por un futuro sen pesticidas desenvolverá unha acción de protesta, en contra das fumigacións masivas que pretenden facer nos montes de eucaliptos contra a plaga do goníptero cun insecticida que causa entre outras cousas a morte das abellas, fundamentais para realizar a polinización e polo tanto relacionadas directamente coa colleita de alimentos. Os responsables principais desto son a Asociación de fabricantes de pasta de papel, que pagan a fumigación, e a Xunta e Concellos que promoven a recollida de sinaturas para que os propietarios autoricen as fumigacións.
Pasearemos pola feira de Melide con máquinas sulfatadoras, máscariñas, outros con traxe de abelleiros, para chamar a atención. Repartirase o manifesto da plataforma e haberá unha intervención pública explicando o que pretenden facer e porqué nos opoñemos.
Se queres obter máis información sobre o tema podes visitar o sitio
http://fumigacionsnon.org/
Para que non nos tiren veneno por riba maniféstate en Melide o 29!

Comunicado no Día Mundial Da Bicicleta

NON A PENALIZACIÓN DO USO DA BICICLETA NA CIDADE DE VIGO

O pasado 15 de Marzo, ás 20:30, D. F. I. circulaba en bicicleta polo carril-bus da rúa Lopez Mora, en direción cara o centro da cidade, cando os axentes municipais nº 440 e 429, da patrulla C-4, o pararon, o obligaron a identificarse e tras telo retido durante uns 25 minutos, tramitáronlle unha multa de 200 €, considerando como infracción grave “circular en bici por un carril reservado a Bus/Taxi”.

Os colectivos Bouzas-móvete, Luita Verde, Salvemos Monteferro, Verdegaia, C.S. A Revolta e C.E. Maúxo consideramos esta sanción como un abuso e un ataque ao uso da bicicleta na cidade, xa que neste concello non se promociona nen se facilita o uso da bicicleta senon que se penaliza, aínda que esta sanción sexa debida a un exceso irracional de celo por parte dos axentes que a tramitaron ou a un desproporcionado afán recadatorio por parte do concello de Vigo. Seguir lendo

Comunicado sobre a Área Metropolitana de Vigo


A ÁREA METROPOLITANA DE VIGO

Agora que o goberno galego da Xunta acaba de aprobar unilateralmente a lei de creación da área metropolitana de Vigo comeza o seu fracaso amosado na inmediata loita dos poderes políticos polo seu control (Xunta, Deputación de Pontevedra, Concello de Vigo e Concellos da bisbarra), tal e como veu sucedendo tamén nestes anos previos a súa elaboración.  Pero alén diso, a problemática vai mais alá  do que se recolle nos medios.

As áreas metropolitanas, por moito que se as catalogue como funcionais –son funcionais aos intereses de expansión e reprodución do capital- son un absoluto fracaso no ámbito estatal e internacional,  fundamentadas nun desenvolvemento totalmente insustentable do sistema capitalista globalizado, que pouco a pouco e a marchas forzadas está desmembrándose trala última (pode que derradeira) grande crise que nos está tocar vivir. Seguir lendo