Cadea humana en Coruxo

Mais de duascentas persoas reuníronse onte nunha cadea humana diante da depuradora de Coruxo denunciando o proxecto da nova macrodepuradora que se quere construir na Xunqueira do Lagares e reivindicando unha dpuración eficaz na ría de Vigo.

A cadea humana rematou nunha manifestación espontánea rodeando a depuradora e coa lectura do seguinte manifesto:

Manifesto da Cadea Humana

Boas tardes a todas e todos.

Unha vez máis, Estamos aquí como cidadás e cidadáns preocupadas pola grave situación na que se atopa o saneamento da Ría de Vigo e que carga somentes na veciñanza de Coruxo, mentras que dende os Concellos e freguesías colindantes non vemos este problema como propio.

Todas e todos queremos denunciar que esta dramática situación na que se atopa a nosa Ría, débese á irresponsabilidade e incompetencia da clase política e empresarial deste país, que ao apostar polo “deixar facer, deixar pasar” non fan máis que estragar as nosas riquezas naturais e o noso territorio.

A historia do saneamento na Ría pódese resumir en dúas palabras: Contaminación e Corrupción.

Contaminación das súas augas por produtos químicos industriais e augas fecais.

Contaminación por vivir nun país que ve o progreso na industrialización e urbanización descontroladas, sen cuestionar o custo, ecolóxico e económico, que isto ten para nós agora e para as xeracións futuras.

Seguir lendo

Sábado 17 Cadea Humana contra a Macrodepuradora de Coruxo

Depuración eficaz SI, Macrodepuradora NON

CADEA HUMANA

¡!!SANEAMENTO EFICAZ SI, MACRODEPURADORA NON!!!

SÁBADO DÍA 17 ÁS 19:00h, diante da depuradora de Coruxo.

Desde a Ría Non se Vende  facemos  un chamamento a tod@s @s compañeir@s das diversas luitas pola defesa do País para que  vos sumedes a esta cadea humana que bordeará o perímetro da depuradora do Lagares como método de luita e denuncia, necesaria, ante a sociedade xa que :

 

  • A situación de contaminación da ría de Vigo é dramática. A inexistencia dunha depuración eficaz está pondo en grave perigo o noso ecosistema máis importante: A Ría, cada día máis contaminada polos vertidos de augas residuais urbanas e refugallos industriais. Seguir lendo