Massó e o Tribunal Supremo: manipulación desinformativa

A manipulación informativa dos medios de deformación de masas sempre vai parella á destrución do territorio e da riqueza común para beneficio duns poucos. É por iso que A RÍA NON SE VENDE ven de facer pública a seguinte Nota de Prensa:

O TRIBUNAL SUPREMO NUNCA SE PRONUNCIOU SOBRE A LEGALIDADE OU A ILEGALIDADE DO PORTO DEPORTIVO DE MASSÓ

Nos últimos días foron varios os medios de comunicación que reproduciron unhas declaracións que en máis dunha ocasión repetiu a Presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo, Corina Porro, sobre unha suposta sentencia do Tribunal supremo que avalaba a legalidade da concesión da licencia para o porto deportivo de Massó.

Pois ben, o Tribunal Supremo nin se pronunciou, nin pode, nin entende (de momento) sobre a legalidade ou ilegalidade desa obra e desa concesión. Ese asunto nunca chegou a ese Tribunal.

Quen debe pronunciarse sobre isto é o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), en cuxas estanterías durme desde hai catro anos un contencioso presentado pola Confaría de Pescadores San José de Cangas, que parece agardar a que as obras estean rematadas.

Seguir lendo

CANGAS ERGUEUSE EN CONTRA DO PORTO DEPORTIVO

Erguéndose sobre os ombreiros dos seus mariñeiros, Cangas falou alto e claro: Porto deportivo non!

Máis de cinco mil persoas amosaron onte a súa firme oposición á construción do porto deportivo en Massó nunha das manifestacións máis numerosas da historia da vila do Morrazo. A inmensa maioría dos comercios e bares permaneceron pechados desde as 19:30 ás 21 horas, colgando nas súas portas un cartaz de apoio á mobilización.

 

Manifestación en CangasEsta resposta masiva revela a inconsciencia e a indignidade das recentes declaracións do Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, que aseguraba que os opositores ao porto deportivo eran “unha minoría moi minoritaria que non se presenta ás eleccións”.

De Louro e do Subdelegado en Pontevedra, Delfín Fernández, acordáronse onte @s manifestantes que abarrotaron as rúas de Cangas cando pediron en varias ocasións as súas dimisións así como a de Clara Millán, alcaldesa da vila (BNG).

Seguir lendo