O PORRIÑO 2º Parada da II Caravana reivindicativa de GNSV

O Porriño II Caravana de GNSVO Porriño:

Sábado 6 de Febreiro ás 23:00 na Sala Liceum
Actuarán:

* Malandromeda Hip Hop desde Compostela
* Gendbeat Beat Box desde Cerceda
* DJ Tuchi Hip Hop de O Porriño
* DJ Digro Hip Hop de O Porriño

Colaboración 3 Euros

Esta Caravana, que percorrerá as principias vilas e cidades de Galicia, rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifestación en Compostela en defensa do territorio.

A venta do noso vento, da nosa costa, das nosas rias, do Courel, supón depredar o territorio fisico común para mercantilizalo en beneficio duns poucos. Privatizando beneficios e socializando os costes. O benestar colectivo non debe basearse na explotación nin das persoas nin da terra que habitamos. Este modelo caduco levounos a esta crise que todos padecemos. Galiza Non se Vende pretende porlle freo a esta locomotora que esta a avanzar queimando os seus propios vagóns nunha tola carreira cara ningures.

Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende

Terra viva e vida digna para tod@s

http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
http://galizanonsevende.org/

Comentar esta nova…

1º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE

Caravana de Galiza Non Se VendeGaliza Non Se Vende sae de novo á rua coa II Caravana de concertos e actividades por cidades e vilas galegas.

O primeiro concerto, o de presentación da Caravana, será en Vigo, o Sábado 30 de Xaneiro ás 22:30 na Sala Farándula (Prza. de Portugal). Actuarán:

  • Labregos do tempo dos sputniks (García MC (DKTC) máis  Leo i Arremecághona)
  • Abobriga (Música tradicional / contemporánea)
  • Assircópatas (Teatro e circo)

Colaboración 2 Euros

Esta Caravana rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifestación nacional en Compostela en defensa do territorio (a terra, o mar, o aire, os ríos… e os recursos naturais todos). Porque sin territorio non hai vida, non hai cultura, non hai música, non hai nada.

http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende

Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende

Terra viva e vida digna para tod*s

21 de xaneiro de 2010: A lingua non se vende

A lingua non se vende

“Defendemos a Terra e, polo tanto, a biodiversidade. Polo mesmo, defendemos a diversidade cultural que permitiu ao ser humano adaptarse á biosfera e, polo tanto, defendemos a nosa cultura e a nosa lingua.

Terra, cultura e lingua van da man. Destruír a nosa terra é destruír a nosa cultura, ao facer desaparecer o seu soporte material. Destruír a nosa terra é destruír a nosa lingua, ao facer desaparecer os lugares que nomea, as actividades que describe, a memoria que ela garda e lembra. Destruír a nosa lingua é deixar á nosa terra orfa de nomes, valeira de significado, carente de memoria cultural, desprotexida.”

Do manifesto de Galiza Non se Vende en defensa da lingua

MANIFESTO DE GNSV EN DEFENSA DA LINGUA

Galiza Non Se Vende

GOBERNE QUEN GOBERNE, A LINGUA NON SE VENDE

 

Dende Galiza Non Se Vende queremos manifestar a nosa total oposición ao decreto do galego no ensinodo PP, pois constitúe un atentado á lingua galega e, polo tanto, un atentado á cultura e á identidade de Galicia. 

 

Non podemos admitir un decreto que pretende lexitimar o abandono da lingua polos poderes públicos e interromper a súa transmisión interxeracional. Non podemos consentir que se menoscabe o dereito dos galegofalantes a usar, conservar e transmitir a lingua propia como legado, e que se impida a normalización do seu uso polo resto da poboación. Non podemos tolerar que a miseria intelectual, a inconsciencia e a insensibilidade dos que se avergoñan de seren galegos sirvan como xustificación espuria dunha pretendida liberdade para destruir unha lingua que é o noso máis prezado patrimonio cultural e un valioso patrimonio da humanidade. 

 

O decreto que nos ocupa, igual que outras disposicións legais, que non lexítimas, revela o absoluto descoñecemento da realidade do noso país, e o desprezo da nosa cultura, por parte de quen nos goberna.

Seguir lendo

NOTA DE PRENSA DE “A RIA NON SE VENDE” SOBRE AS DECLARACIONS DOS VOGAIS DO CONSELLO DE ADMON. DO PORTO DE VIGO

2010-01-11_img_2010-01-11_233406_vi1.jpg

Desde a rede de colectivos “A Ría Non Se Vende” consideramos lamentábel a campaña contra o auto de paralización das obras do Areal. Esta campaña, orquestrada pola Autoridade Portuaria de Vigo e apoiada polos mesmos empresarios que forman parte do seu Consello de Administración, intenta presionar para que a xuíza levante a paralización das obras, saltándose toda a legalidade vixente co único argumento de que “prexudica os intereses de Vigo” cando o que prexudica realmente son os seus propios intereses.

 

O que lemos estes días na prensa asemella unha esperpéntica campaña de apoloxía da prevaricación, por parte dalgúns empresarios portuarios.

 

Os xornais do luns 11 de xaneiro titulaban:

 

“Os empresarios de Vigo contra a orden de paralización do recheo do Areal”

 

 Lendo completa a noticia resultaba que os tales empresarios eran, todos eles, vogais do Consello de Administración da propia Autoridade Portuaria:

 

  • José Manuel Fernández Alvariño, Vogal representante da Federación de empresarios de Pontevedra.
  • Gonzalo López Braga, Vogal representante da Consellería do Mar e da Federación de usuarios do Porto.
  • José García Costas, Vogal representante e Presidente da Cámara de Comercio, Industria e Navegación.
  • Bonifacio Logares Güenaga, Vogal representante de ACOESPO (Asociación de Consignatarios da Provincia de Pontevedra) e por último,
  • Cándido Rodríguez Graña, Vogal representante de UGT.

 

Nós pensamos, polo tanto, que o titular debería ter sido este outro:

 

“O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo apoia á Autoridade Portuaria de Vigo”

Seguir lendo

NOTA DE PRENSA DE “A RIA NON SE VENDE” SOBRE A PARALIZACIÓN DAS OBRAS DO AREAL

recheio-no-areal.jpg

Os colectivos que formamos a a rede “A Ría Non Se Vende” valoramos moi positivamente o Auto da Xuiza que paraliza as obras de ampliación do porto, mediante recheos, no Areal.

Como viñamos sostendo desde a rede, estas obras precisan de estudo de impacto ambiental, segundo a lexislación vixente, que entrou en vigor no 2008, en concreto, o “Real Decreto Lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Avalación de Impacto Ambiental de Proxectos”.

Asimesmo, esiximos que se cumpran as estipulacións do “Real Decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a producción e xestión dos residuos de construcción e demolición”.

O recheo do Areal é unha obra, que está provocando un grave atentado ambiental, ao poñer en suspensión e disolución muitas partículas contaminantes almacenadas, durante décadas, nos fondos lamacentos da zona, unha das máis contaminadas da ría. Entre estos contaminantes hai metais pesados (cobre, mercurio, chumbo, zinco…), hidrocarburos aromáticos policíclicos e benifenilos policlorados, entre outros. Estes compostos son moi persistentes e de difícil degradación natural, teñen un elevado potencial canceríxeno e capacidade de bioacumulación nos seres vivos, polo que representan un grave perigo, se se poñen en suspensión, tanto para a fauna e flora de todo o medio mariño como para os consumidores dos produtos da Ría, xa que poden introducirse na cadea alimentaria.

Seguir lendo