Nota de Prensa de Bouzas-móvete ante os proxectos de ampliación do Porto de Vigo

Plano da ampliación do macro-recheo de Bouzas en 83.024 m2

Mais unha vez, se demostra que a cobiza do Porto non ten límite, agora din que precisan 230.000 m2 mais de recheo para ser competitivos até o ano 2015, e despois que? seguiran recheando a Ría até convertila nun canal portuario?

Desde o Colectivo Bouzas-Móvete, levamos un par de anos dicindo que se queren gañar espazo deverian retirar as naves e industrias que non estan relacionadas coa actividade portuaria, cousa da que se empeza a falar agora, aunque con condicionantes, de se aparece terreo perto, de se esperan a que caduquen as concesións… Mais estas concesións foron feitas de xeito ilegal, incumplindo sistematicamente o artículo 32.1 da Lei de Costas, por unha directiva do Porto que xa falaba de falta de espazo e da necesidade de recheos, en aquel momento.

Seguir lendo

OUTRA CANTEIRA (en Redondela, Pazos de Borbén e Soutomaior

Unha nova aberración ameaza as parroquias de Ventosela, Reboreda, Amoedo (Pazos de B.) e Moreira (Soutomaior).
Trátase de recuperar un vello proxecto xa desestimado polos veciños hai anos, unha canteira nos montes de Ventosela, Amoedo e Moreira.

O caso é que en Redondela, xa levamos un par de meses oindo ruxe-ruxes sobre o tema, e a confirmación tivo lugar na última asamblea da Comunidade de Montes de Ventosela. Nesta asamblea o presidente plantexou o interés dunha empresa mineira para levar a cabo unha explotación dunha canteira de granito ornamental nos montes da parroquia.

Seguir lendo

Novas cortas ilegais de arborado en Monteferro

SALVEMOS MONTEFERRO presenta denuncia e o concello de Nigrán paraliza os traballos
foto230.jpgXa había moito tempo que non tiñamos que falar de Monteferro para dar conta dunha nova tropelía.

O pasado día 6 iniciouse unha corta masiva de pinos e eucaliptos que afectou á zona comprendida entre a carreteira de subida e o camiño do faro, nunha extensión superior a unha hectárea.

Unha corta a mata rasa, explicitamente prohibida polas Normas Subsidiarias vixentes.

Ao día seguinte Salvemos Monteferro presentou a correspondente denuncia ante a Concellería de Medio Ambiente de Nigrán:
Ler mais…

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

proxecfermo12.jpgAnabam, Asociación Naturalista “Baixo Miño”, con motivo da celebración o 21 de marzo (Semana Santa) do día Mundial Forestal, organiza para este sábado 15 de marzo, ás 16:00 hs., unha plantación de Érbedos, nunha parcela cedida pola comunidade de Montes de Camposancos a carón da área Recreativa de Chans (Camposancos-A Guarda).

A plantación desta especie arbustiva, resposta a recrear o habitat da bolboreta Charaxes jaius (unha das bolborestas máis fermosas que voan en Galicia), da que a súa existencia depende dos érbedos.

Seguir lendo

URXENTE: Alegacións canteira de Mondariz

Foxo lobosAmigos da Terra precisa recoller o maior número de alegacións posibles para entregar contra a inminente construción dunha canteira en Coto de Eira, Concello de Mondariz. Alí se atopa o único foxo de lobos que se conserva en Galicia. Estos foxos eran métodos moi antigos para a captura de lobos e outros animais salvaxes polo ‘método do acoso’. Estase solicitando a declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) á Consellería de Cultura e á Consellería de Medio Ambiente por canto o estudo de impacto ambiental presentado pola empresa correspondente, ignora no seu proxecto este complexo etnográfico, de alto valor cultural e patrimonial.

É necesario recoller un gran número de Alegacións. Así que procurade, de ser posible, fotocopialas e distribuilas entre os vosos amigos, familiares e compañeiros de traballo. Se podedes, achegadeas en persoa ó Concello de Mondariz, ou ben remitilas á asociación por correo postal a Montse Valencia, Amigos da Terra, Rúa Capitán Eloi, 20 2º esquerda; 31003 Ourense).

O prazo final de recepción en Amigos da Terra-Ourense, é o 13 de marzo. Os representantes dos grupos ecoloxistas personaranse en Mondariz o sábado 15 para a súa entrega.

Graciñas!

alegacion_adt.doc

AENA Á CAZA

0698203001204305041-as-arbores-eran-carballos-na-sua-maioria.jpgDende OAR queremos chamar a atención sobre uns feitos e unha información recibida de Matar por Matar, e aproveitamos este espazo para difundilo, que para eso foi creado. Manifestar tamén nosa solidaridade co denunciante, cos traballadores de AENA e Matar por Matar.

O gallo da denuncia feita por Matar por matar NON, da tala indiscriminada de árbores que está sendo levada a cabo no Aeroporto de Vigo, parece que se iniciou a típica reacción do poderoso, que non acepta que se cuestionen os seus actos, de tentar amedrentar e matar ó mensaxeiro.

Seica están molestos pola repercusión do asunto e, lonxe de recapacitar na súa acción, xa enviaron un escrito ó traballo do denunciante acusándoo de supostos insultos que non se especifican.

Non só parece un intento de amedrentar como, ademais, mesturan asuntos privados de un cidadán, con a súa vida laboral. Non hai traballo e aí é onde mais doe.

Son moitos os traballadores do aeroporto que manifestaron a súa solidariedade con esta denuncia, así como a impotencia que senten de ter que calar en moitos outros casos, por medo ó poder do “departamento xurídico”, que AENA xa manifestou que está mobilizando contra o denunciante desta desfeita.

É lamentable que, no día dos feitos, milleiros de pasaxeiros e centos de traballadores, teñan visto o que acontecía sen que houbera ninguén para sinalar que algo estaba errado.

Esa é a proba do temor que existe ó sistema. Algo fallou no silencio masivo e hai que cortar polo san e impedir que o exemplo se estenda.

Non nos vamos sentir intimidados e continuaremos a denunciar os abusos que, agochados no medo xeneralizado, pretendan levar a cabo impunemente.

Os resultados dos seus actos á vista están, non foron os traballadores quen levaron o planeta ós problemas que hoxe nos están afectando. Foi a codicia dos que queren gañar cartos a calquera custo.

Agardamos que a xustiza, se aí hai que chegar, poña en evidencia, tamén neste asunto, as malas artes de quen non sabe valorar o noso medio ambiente e a nosa riqueza natural.