Mércores 27 de xullo: concentración en Teis para esixir o derrube das naves ilegais do porto deportivo da Lagoa

Voces Polo Litoral de Teis e Plan Comunitario de Teis organizamos unha concentración este mércores 27 de xullo as 17:30 no cruce da Avda. Fermina con Espiñeiro de onde se irá ata a praia “Da Lagoa“.Esiximos que o concello de Vigo derrube as naves ilegais do porto deportivo da Lagoa.

Goberne quen goberne Galiza Non Se VendeCando se fixeron estas naves acudimos os tribunais e gañamos tódolos pleitos, mais o concello non as derruba. Queremos que se cumpran as sentenzas para parar aos destrutores das nosas costas e montes.

EXISIMOS:

NO PORTO DEPORTIVO:

A EXECUCIÓN DAS RESOLUCIÓNS DE DERRUBO DITADAS POLO CONCELLO E CONFIRMADAS POLO TSXG (Tribunal Superior de Xustiza da Galiza).

NA PRAIA DA LAGOA:

APLICACIÓN DA LEI DE COSTAS E NORMAS MUNICIPAIS PARA A SÚA RECUPERACIÓN DEFINITIVA.

CONVOCAN: VOCES POLO LITORAL DE TEIS E PLAN COMUNITARIO DE TEIS.

Esta concentración foi notificada à Subdelegación do Goberno.

Debate sobre a protección da Serra do Galiñeiro

Mércores 13 de xullo. 19:00 h Urzaiz A Farola

Goberne quen goberne Galiza non se vende

O monte é noso non das transnacionais

O movemento social “Pola protección da Serra do Galiñeiro” segue realizando actividades, desta volta colaborando cos acampados de Vigo do movemento 15-M. O vindeiro día 13-7-11 terá lugar as 19:00 h un debate sobre a protección deste espazo natural. Para participar no debate so tes que acercarte á Farola de Urzaiz.

Debaterase sobre os seu numerosos valores ambientais, xeolóxicos, paisaxísticos, etnográficos, arqueolóxicos e sociais da Serra do Galiñeiro; os impactos que esta a sufrir e os proxectos de grandes infraestruturas que a ameazan; e a necesidade urxente da súa protección legal e efectiva.

http://www.serradogalinheiro.org

http://www.facebook.com/Serra.do.Galinheiro