Sábado 20 de xuño: Marcha contra Celulosas

O vindeiro sábado 20 de xuño ás 19:30 horas, sairá simultáneamente desde as Alamedas de Pontevedra e Marín a “MARCHA CONTRA CELULOSAS”

Dende A Ría Non Se Vende non podemos menos que apoiar esta protesta contra unha industria contaminante e perigosa situada nunha zona de enorme valor biolóxico e ambiental.

 Ence -3

Pero, ademáis, gustaríanos lembrar o outro gran ataque ambiental que pon en perigo tamén o esteiro do Lerez e toda a ría de Pontevedra como é o efectuado polo Porto de Marín a traveso da caciquil e anacrónica Autoridade Portuaria que o xestiona defendendo claramente intereses alleos ao ben común.

Lembremos que dende o ano 2009 existe unha sentenza firme de derrubo dos máis de 300.000 metros cadrados de recheo que foron realizados sen informe de avaliación ambiental. Derrubo que corresponde executar á Autoridade Portuaria, Deputación Provincial e Xunta de Galicia.

 PORTO DE MARÍN, LV, p23c3f1

Este recheo non soamente era innecesario e afecta gravemente ao esteiro do Lerez, senón que da acubillo a empresas non relacionadas en absoluto co mar como Gonvarri Industrial S.A., empresa do sector metalúrxico que xa foi condeada no 2000 por un escandaloso verquido contaminante no río Llobregat.

Por outra parte, o porto de Marín é tamén símbolo da gran pesca industrial, que traballa con artes de arrastre e está levando os océanos a un lamentable estado de destrucción e esgotamento de recursos.

Gustaríanos que en esta ocasión, ademáis da protesta contra celulosas se lembraran tamén estas temáticas de grave deterioro ambiental que están a protexerse e impulsarse dende institucións públicas cuxos responsables parecen gozar de absoluta  impunidade política e xudicial nas súas actuacións.

Vigo a 17 de xuño de 2015 

Rede de colectivos A Ría Non Se Vende