Resolución do concurso “o antes e agora do humedal do Lagares 2010”.

Queridos amigos:

 O día 1 de outubro farase público nesta páxina os nomes dos gañadores/ gañadoras dos Premios “o antes e agora do humedal do Lagares 2010”.

 Ese mesmo día porémonos en contacto cos gañadores/gañadoras para darlles a nova. Na mesma nova se indicará o lugar e hora de entrega dos premios. Con todas as fotos participantes no concurso, sen excepción, farase unha exposición fotográfica que incluirá tamén fotos antigas da zona.

Queremos disculparnos pola tardanza no fallo do concurso. Varios foron os motivos. Muitas das fotos entregadas contiñan títulos e nomes (insertadas na mesma foto) o que dificultou que se poideran entregar tal cual viñan ao xurado (en aras de manter a maior imparcialidade posible) e houbo que axustalas as condicións do concurso.

Lamentamos moito a tardanza na resolución do concurso e vos pedimos disculpas. 

Estade atentos ao día 1.

Moitas grazas a todas e todos. 

MANIFESTO DA REDE “GALIZA NON SE VENDE” CONTRA OS LUMES FORESTAIS

Este ano 2010, como todos os das últimas décadas, volve ser negro para os montes galegos, e mesmo tráxico, coa morte de dous traballadores da loita contra o lume.

Galiza perdeu o bosque orixinario que a cubría enteira. Perdeuno século a século, co avance da agricultura e da gandeiría, como ocorreu en casi todo o mundo. Daquel bosque quedan, tan só, algúns vestixios. Sen embargo, as árbores ocupan dous terzos do territorio galego. É a masa forestal da repoboación do franquismo, que invadiu os pastos e as terras de labor con especies arbóreas alóctonas e pirófitas, que acabou nunha década cun sistema agrogandeiro que levaba funcionando séculos, eque acabou, tamén,con valiosos reductos de árbores autóctonas.

Esta masa forestal demáis de 600 millóns de árbores, é na súa meirande parte un cultivo forestal abandoado. Pero tamén un tesouro económico de 28.000 millóns de euros, do que, sen embargo, apenas se tira rendemento. Só o nove por cento da superficie forestal de Galiza está cuidada e explotada comercialmente. Malia ser unha das comunidades con máis masa arbórea, Galiza ocupa os últimos postos en termos de investimento no sector forestal.

Seguir lendo