CANGAS: Non pasarán

foto401.jpgA cidadanía de Cangas, agrupada no Foro Social desa vila do Morrazo, leva máis de dous anos resistindo pacífica pero firmemente, coa súa presencia diaria diante das máquinas, á construción do porto deportivo e a urbanización ilegal de Massó, no Salgueirón.

Dous anos tódolos días: é fácil dicilo pero o valor da súa constancia é difícil de medir.

Cando nas eleccións municipais do pasado maio foi derrotado o PP e substituído polo tripartito BNG, PSOE, ACE (opostos a tal actuación), moitos pensamos que a batalla rematara con ben.

Pero non.

A Promotora Residencial Marina Atlántica, que ten como principal accionista a Caixanova, está anunciando estes días mediante unha gran campaña publicitaria, que vai intentar comezar esas obras ilegais. O novo proxecto que ven anunciando na prensa pretende ser unha versión suave dunha obra que vai destrozar o entorno, e ven sendo a coartada para xustificar cambios de opinión. Non entendemos como unha entidade de caracter pretendidamente “social” como Caixanova se pode adicar a actividades especulativas, a pelotazos que representan graves atentados ao medio ambiente.

Seguir lendo

Xuntanza urxente en Cangas

Queremos pedirvos que a semana que comeza, debido a inminente ameaza de reanudación das obras do porto deportivo de Massó, asistades a xuntanza de A Ría Non Se Vende que se fará en Cangas, o mercores 9, as 19:30 horas na Casa da Cultura (ao inicio da praia de Rodeira) coa intención de recoller suxerencias, estudiar mobilizacións e tentar artellar unha estratexia común.
Esta xuntanza esta aberta a particulares e coletivos, en especial aos coletivos profesionais que viven do mar, confrarías, asociacións de produtores, etc..
Un saúdo
FORO SOCIAL DE CANGAS

E DALLE!!

que lambonada de terreos!

La promotora reactiva el plan de Foster en Cangas
Marina Atlántica iniciará de inmediato la construcción del puerto deportivo, que lleva aparejadas 750 viviendas

PRIMITIVO CARBAJO-EL PAIS – Vigo – 05/01/2008

Residencial Marina Atlántica, promotora del proyecto del arquitecto Norman Foster en los terrenos de O Salgueirón, en Cangas, reiniciará en la segunda quincena de este mes las obras del puerto deportivo, paralizadas desde octubre de 2005 por el obstruccionismo del Foro Social pola Defensa do Pobo.

Seguir lendo