Os lumes de Portugal confirman que a deseucaliptización de Galicia é unha tarefa urxente

Ante a vaga de incendios que asola Portugal e considerando a extrema gravedade dos acontecementos, desde os grupos promotores da Asemblea Contra a Eucaliptización queremos destacar:

  1. A xestión das emerxencias por grandes incendios, sendo fundamental para evitar o agravamento da súa incidencia, especialmente no tocante á posta en perigo de vidas humanas, non debe deixar en segundo plano a existencia de factores relacionados coa política forestal e de usos do monte.
  2. Recoñecendo a complexidade dos problemas asociados á xestión do monte e á prevención e combate do lume, é preciso asumir que a frecuéncia e intensidade de grandes incéndios é un fenómeno relativamente recente, mui posíbelmente favorecido polas mudanzas climáticas. Mais tamén é innegábel que a súa aparición se remonta aos decénios dos anos 70 e 80.
Incendio acontecido este pasado sábado en Corcoesto nunha zona de eucalipto-Foto-Petón do Lobo

Incendio acontecido este pasado sábado en Corcoesto nunha zona de eucalipto-Foto-Petón do Lobo

 

 

 

Seguir lendo