CONTRA O PORTO DEPORTIVO DE MASSÓ

sen licencia municipal
sen Plan de Usos
sen Plan Especial
sen PXOM
destrúe a ría
ameaza ao pequeno comercio
para beneficio duns poucos
saltando leis e acordos de goberno
con represión policial brutal
O Grupo Ecoloxista Luita Verde denuncia os abusos e a violencia con que se ensañou a Garda Civil o pasado luns 20 de xullo pola mañá nas persoas concentradas contra a construcción ilegal do porto deportivo de Massó en Cangas.
Entre das 16 persoas detidas estiveron dous membros de Luita Verde, Cándido Martínez e Ricardo Sanchez, que facendo en conxunto unha acción de asentada pacífica contra dunhas obras ilegais e perxudiciais contra do medio natural e a ría puideron obervar in situ as malas maneiras e as agresións por parte dos antidisturbios nas cargas, que causaron lesións a varias das persoas concentradas entre eles Ricardo Sánchez, que resultou pisoteado e agredido de porra nunha das súas pernas concretamente no tornocelo onde en vez de oso ten placas de metal con parafusos, sendo extremadamente dolorosos os golpes recibidos, tendo que ser ingrasado no hospital POVISA de Vigo para o seu tratamento.Tamén denunciamos que a parte das agresións físicas recibidas polos antidisturbios estivo a actitude agresiva e vexatoria por parte de varios membros adscritos ao Cuartel da Garda Civil de Cangas, nunha actitude de permanente de provocación e agresións verbais.
En relación coa actual situación xerada en Cangas polas obras do porto deportivo de Massó, a organización ecoloxista Greenpeace pide a paralización inmediata das mesmas polo grave impacto ecolóxico que o recheo ocasionará na área, e as perdas irreversibles para a explotación pesqueira e marisqueira. Greenpeace pediu ás autoridades, en relación coa detención de dezaseis veciños o pasado luns, que deixe de perseguirse aos que defenden o medio ambiente.
A pesar do seu gran impacto e as manifestas irregularidades na tramitación administrativa, Residencial Mariña Atlántica comezou as obras de recheo para a construción dun porto deportivo de 420 prazas, nunha zona pesqueira e marisqueira de gran valor biolóxico na que a Confraría de Pescadores de Cangas ten autorización para faenar (extráese sobre todo ameixa loura e navalla)desde 1972.
Diante da desproporcionada e inxustificada intervención onte en Cangas dos axentes antidisturbios da Garda Civíl contra as persoas que dun xeito pacífico amosaban o seu desacordo coas obras de construción dun porto deportivo nos terreos da antigua fábrica de conservas Massó, a Asociación pola Defensa da Ría de pontevedra (APDR) quere facer público o seguinte comunicado:
1º.- Solidarizámonos cos detidos e feridos nesa intervención policial e amosamos o noso apoio decidido a todas cantas persoas e colectivos manifestan a súa oposición á costrución do antedito porto deportivo e, xa que logo, loitan pola defensa da ría e do medio ambiente natural. Por desgraza, son moitas as agresións que o noso medio está a sofrir a cotío e moitas tamén as ocasións nas que os intereses económicos e especulativos duns poucos son primados desde as administracións en contra dos dereitos da maioría a disfrutar da paisaxe, do medio ambiente e dunha calidade de vida digna.
Galiza Non Se Vende. 20 de xulho 2009. Cangas
BRUTAL INTERVENCIÓN DA GARDA CIVIL EN CANGAS – MASSÓ
DEZASEIS PERSOAS DETIDAS
Hoxe en Cangas, unha vez máis, a intención de reiniciar as obras en Massó tinguiuse de violencia e represión, pero desta vez rebasou tódolos límites. Dende primeira hora da mañá, numerosas veciñas e veciños de Cangas, e membros de colectivos sociaise e ecoloxistas, que facían garda no Salgueirón, como cada mañá, para impedir as obras ilegais do porto deportivo de Massó, foron agredidos violentamente e detidos pola Garda Civil.
A rede Galiza Non Se Vende amosa a súa indignación por este novo acto autoritario, que criminaliza toda protesta lexítima en defensa dos valores da ría, e denuncia que, unha vez máis, a Garda Civil está a protexer intereses privados, protexendo unha obra ilegal con enorme impacto sociambiental, en vez de protexer e tutelar o interés xeral e colectivo e o respecto á legalidade vixente.
O luns 20 de Xullo á mañá efectivos da Garda Civil detiveron a 16 activistas pertencentes á rede Galiza Non Se Vende cando se atopaban nas inmediacións das obras do porto deportivo que se están a desenvolver na antiga fábrica de Massó. Algúnhas das persoas detidas foron golpeados polas forzas da orde e posteriormente trasaladad@s a dependencias policiais. Seis d@s detid@s tiveron que pasar a noite no cuartelillo.