30 de outubro no Courel: Roteiro e magosto reivindicativos

A rede de coCartaz Magosto reivindicativo no Courellectivos “Galiza Non Se Vende” e a Asociación SOS Courel, convídanvos  a un roteiro e un magosto reivindicativos.

Só tedes que avisar de cantos/as vides para calcular o viño e as castañas que precisamos, soscourel@mundo-r.com, ou telf. 607225887

PROGRAMA:

  • Ata as 11:00 concentración dos participantes do roteiro no desvío de Ferreirós de Arriba, na estrada principal do Courel, a LU -651, entre os quilómetros 27 e 28, a un quilómetro de Ferreirós de Abaixo (Bar Pontón). Pódese aparcar no campo de fútbol que está a 200 metros do desvío.
  • O roteiro, comeza as 11:00, ten un percorrido circular de 10 quilómetros, cunha dificultade media baixa, salvo o quilómetro de subida o corno do Pico do Côto que ten algo de pendente, pero teremos moito tempo para chegar por un amplo camiño, mentres os/as heroes/oinas esperan abraiados, no cumio, ollando dende o medio e medio do courel. Logo, paseniño, polo Muimento, iremos baixando cara Ferreirós de Arriba, e despois Ferreirós de Abaixo. Seguir lendo

Entrega de premios do concurso fotográfico “O antes e o agora do humidal do Lagares”

O vindeiro Sábado 16 de Outubro as 16:00 horas, inaugararase a exposición fotográfica no salón de actos do CRACC, estrada Camposancos, 226 – Coruxo.

267.jpg

As 17:30 horas se entregarán os premios as/os premiadas e premiados.

O seguinte sábado, 23 de Outubro, as 22:00 horas celebraremos unha cea conmemoración na POUSADA DO COUTO (Muiños).
Se queredes asistir, apuntádevos no teléfono 600-730885 (Jose Antonio). O prezo será 20 euros.

Para máis información preme aquí.

Resultado do concurso fotográfico “O antes e o agora do humidal do Lagares 2010”

Queridos amigos:

 Aquí está o resultado do concurso fotográfico “O antes e o agora do humidal do Lagares 2010”.

267.jpg

Posto Foto Nome
267 Alberte Mosquera Lorenzo
509 Ismael Ferradás Iglesias
766 Raquel Gómez Teijeira
641 Francisco Hidalgo Riveiro
510 Daniel González Folgueira
460 Óscar Gomes Crespo
378 Noa Concepción Pozo
241 Rubén Blanco Martínez
301 Belén Rodríguez Arufe
10º 328 Adrián Moral Goberna

Moitos parabéns aos gañadores e gañadoras en especial, e a todas e todos os participantes en xeral. O nivel e a participación ten sido moi alta. En breve a organización se poñerá en contacto con vos para proceder a entrega dos premios.

Grazas a todas e a todos.