FESTA FIN DE ANO SOLIDARIA CON “A RÍA NON SE VENDE”

cartaz-festa-fin-de-ano.jpg

FESTA SOLIDARIA DE FIM DE ANO EM VIGODesde “A Ria Non Se Vende” queremos convidar-vos à festa que estamos a organiçar no Centro Social “A cova dos Ratos”, na rúa Romil nº 3, o dia 31 a partires das 12 da noite, com entrada de balde e os preços de sempre.

Umha festa de fim de ano e bem vida do ano novo, um ano que se presenta escuro para a Ría de Vigo, com muitos projectos de destrucçom do litoral como recheos, portos deportivos, umha macrodepuradora que nom vai solucionar o problema de contaminaçom, urbanismo selvagem, infrastruturas de transporte irracionais baseadas no vehiculo privado…

Os quartos que se recadem em esta festa serviram para seguir organizando mobilizaçons contra os culpaveis destas desfeitas que som os responsaveis das seguintes institucçons e empresas privadas: Autoridade Portuaria de Vigo,  Xunta de Galiza, Concelhos de Vigo e das vilas banhadas pola ría, Caixanova, Citroën, Pescanova…. que nom lhes preocupa nada destruir a ría con tal de sacar grandes beneficios para os seus petos.

Boas festas
A Ría Non Se Vende

A RÍA NON SE VENDE PRESENTA DENUNCIA PENAL CONTRA OS RESPONSABEIS DO PORTO POLAS OBRAS DE RECHEO DO AREAL

2009-1vig2puerto.jpg

  A rede de colectivos A RÍA NON SE VENDE ven de presentar, este vernes 11, no Xulgado de Instrución de Garda de Vigo (nº7) unha denuncia penal contra os responsables da Autoridade Portuaria de Vigo (Corina Porro, e Luís Lara Rubido, entre outros) pola comisión dun delito contra os recursos naturais e o medio ambiente, contemplado nos artigos 325 a 331 do Código Penal, e outro de prevaricación, segundo o estipulado no artigo 404 do mesmo Código, ambos relacionados coas obras iniciadas no Areal.  

 

  A denuncia baséase na falta de cobertura legal dunhas obras que se están  executando sen que o proxecto das mesmas fora tramitado e aprobado debidamente segundo a lexislación vixente, sen terse tampouco sometido á preceptiva exposición pública,  claramente prexudiciais para o medio ambiente e os recursos naturais, e que se están realizando sen que se conte co indispensablePlan de Utilización dos Espazos Portuarios do Porto de Vigo. De todo o dito son coñecedores os citados responsables da Autoridade Portuaria de Vigo, polo que están incurrindo nun delito de prevaricación.

Seguir lendo

Ceia solidária com A Ria Non Se Vende

A Ria Non Se Vende organiza o próximo 18 de Dezembro umha ceia solidária no C.S. A Faísca (Rua Toledo 9, Calvário). O acto dará começo às 21 horas com várias projecçons sobre o trabalho da RNSV e um acto poético. O menú da ceia será vegetariano e vegano. Podedes anotar-vos bem nos centros sociais A Revolta, A Faísca, O Guindastre e A Cova dos Ratos ou bem através do correio electrónico de A Ria Non Se Vende: arianonsevende@gmail.com arnsv2.jpg

CAMPANHA DE BOICOTE A CAIXANOVA

caixaroba-culpavel-da-desfeita-de-masso.jpg

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Caixanova especula e destrue a Ria de Vigo

RETIRA OS TEUS CARTOS DE CAIXANOVA

FECHA AS TUAS CONTAS


NON COLABORES CON ESTA DESFEITA NO LITORAL!


CAIXANOVA, socio maioritario da promotora Marina Atlántica, pretende dar o maior pelotazo urbanístico de Galicia na zona do Salgueirón a Punta Balea, en Cangas. Este proxecto busca especular con 200.000 m2 en terra para a construción de vivendas de luxo, hoteis e un centro comercial na zona onde se sitúan os restos da antiga factoría conserveira de Massó, catalogada como Patrimonio Industrial. Moitos deses metros cadrados son de dominio público e unha boa parte está cualificada como Espazo Natural Protexido (Espazo Natural Barra – Cabo Home).

No mar pretenden facer un recheo de 40.000 m2, ocupando unha lámina de auga de 212.348 m2. Esta obra afectaría unha das zonas de maior riqueza biolóxica da Ría de Vigo. Os seus fondos de maërl, protexidos pola UE, son especialmente ricos en biodiversidade e constitúen unha zona de crianza de alevíns de moitas especies. A banda sur da Ria de Vigo, de Bouzas a Rande, está bioloxicamente morta. A ribeira norte, o Morrazo, constitúe o corredor biolóxico que permite o equilibrio do fráxil ecosistema natural da ría. O proxecto de Massó cortaría este corredor e suporía un paso máis na degradación da marabilla natural que é a ría. Á parte disto, na área faenan arredor de 500 persoas e dalí tense sacado máis dunha tonelada de ameixa nun só día. Tamén é rica en polbo, camarón, navalla, ostra, centola, ourizos…