SABADO 26 DE SETEMBRO EN CANGAS “CONCERTO SOLIDARIO” S.O.S MASSÓ

sos-masso.jpg

ESTE SABADO 26 DE SETEMBRO “CONCERTO SOLIDARIO” SOLIDARIZATE COS MARIÑEIROS E VECIÑ@S QUE LEVAN CATRO ANOS IMPEDINDO A CONSTRUCIÓN DO PORTO DEPORTIVO DE MASSÓ E A DEFENSA DA RIA E DA PESCA DE BAIXURA.

CONCERTO SOLIDARIO S.O.S MASSÓ

SABADO 26 DE SETEMBRO AS 21:30 hh

CAMPO DE FUTBOL DO MONTE CARRASCO – CANGAS
ACTUARÁN OS GRUPOS:

O SONORO MAXIN
DIOS KE TE CREW
STUPENDA JONES
DAKIDARRIA 

ENTRADA – 5€ (a entrada de este concerto  destinarase para facer fente as multas postas pola guardia civil e a Subdelegación de goberno de Pontevedra contra @s veciñ@s e mariñeiros)

ESTA VEZ  NON PASARÁN ¡¡BASTA XA DE AGRESIONS Á RÍA!!

POLA CANCELACIÓN DA CONCESIÓN DE MASSÓ

Represión en MassóNa pasada semana asistimos a unha nova mascarada política no Parlamento de Galicia en relación co conflito de Massó.


Mentres o PP aseguraba que o Concello de Cangas pode parar as obras do porto deportivo “cando queira”, o BNG sostiña que tal decisión debe tomala a Autoridade Portuaria, dirixida pola popular Corina Porro. Nesta ocasión pensamos que os dous teñen razón. Calquera deles pode parar dunha vez por todas esa desfeita.

 

A alcaldesa de Cangas (BNG) ten na súa man paralizar de xeito inmediato unhas obras que carecen da pertinente licencia municipal, licencia que os promotores do porto deportivo nin tan sequera se dignaron solicitar, e que hai contundentes razóns xurídicas para non conceder. Neste asunto o BNG practica unha dobre política cargada de hipocrisía: Oponse á realización das obras nas instancias onde carece de poder para paralas (no parlamento galego e no español) e deixa facer onde si ten esa capacidade: no Concello de Cangas. Eles saberán por que…

Seguir lendo

comunicado de ARNSV sobre o novo proxecto do paseo de Samil

samil.jpgAnte a nova tolemia de Abel Caballero sobre a praia de Samil, non podemos quedar calados, polo que queremos expresar a nosa opinión por medio deste comunicado:

As dunas son ecosistemas vivos moi dinámicos e fráxiles, mais á vez de grande importancia para a conservación da biodiversidade, para a rexeneración das praias, e como proteción da costa contra o embate do mar.

Nos lugares onde existe o cordón de dunas costeiras, este garante a existencia de praias anchas, porque son o almacén natural de area que asegura prontamente unha recomposición da praia despois de cada temporal. Se non se respetan as dunas, por moito que se quera ampliar unha praia cara atras a praia seguiria co mesmo tamanho, porque cando o embate do mar leve as areas, non estarán as dunas para recuperar a praia de xeito natural.

Seguir lendo

Comunicado de apoio a Zelia, reporteira de GZvideos

flyer.pngA rede de colectivos “A Ría Non Se Vende” solidarizámonos coa compañeira Zelia G., reporteira de “GZvideos” procesada este xoves 17 de setembro nos xulgados de Fontiñas, en Compostela, por filmar unha cadea humana pola liberdade dos presos independentistas o pasado 24 de Xullo.

Consideramos este xuizo como unha farsa e un ataque á liberdade de expresión, baseado en falsas acusacións saidas dunha minuscula imaxinación policial, e un paso mais na persecución a este medio de información alternativa, que xa leva duas persoas procesadas.

Queremos destacar a grande valia de este colectivo de contrainformación audiovisual e do seu excelente traballo, que con moi poucos medios, son capaces de fazer visíbeis as luitas populares, de denunuciar a represión e de difundir as reivindicacións e as problemáticas sociais que tratan de silenciar os medios de comunicación tradicionais.

Consideramos que “Gzvideos” é un imprescindíbel medio de información alternativa, de pensamento crítico, feito desde e para os movimentos sociais que traballan para cambiar este mundo, por fazelo mais xusto, igualitario e equilibrado social e ecoloxicamente.

ZELIA ESTAMOS CONTIGO.

LIBERDADE DE EXPRESIÓN XA!!!

A Ría Non Se Vende

11 de setembro: Trascendental xornada de loita en defensa do Salgueirón

flota_bajura_ria_vigo_puerto_masso.jpgPARO TOTAL DA FLOTA DE BAIXURA E DAS LONXAS DA RÍA DE VIGO

CENTOS DE BARCOS SE CONCENTRARON NO SALGUEIRÓN E UNHA MANIFESTACIÓN PERCORREU AS RÚAS DE CANGAS

O de onte foi outro día importante na longa loita de Cangas en defensa do Salgueirón. Unha loita que xa non é só de Cangas senón de toda a ría, porque onte toda a Ría de Vigo estivo alí, diante da antiga fábrica de Massó.

O seguimento da folga convocada esixindo a paralización inmediata das obras do porto deportivo foi total. Tódalas lonxas da ría permaneceron pechadas, coa excepción da de Vigo onde só se descargou pesca de altura. A flota pesqueira, bateeira e marisqueira permaneceu amarrada ou concentrouse na zona do Salgueirón, onde máis de duascentas embarcacións procedentes de tódolos portos da ría, e algúns de fora dela, fixeron sonar as súas sirenas insistentemente desde as 11 da mañá. Mesmo había un barco da Garda Civil que tamén se quixo sumar á xornada reivindicativa. Menos este, todos os demais lucían bandeiras nas que se podía ler “Caixa rouba: Stop Massó” e moitos portaban grandes faixas con distintas consignas.

11sa.jpg
En terra centos de persoas acudiron a recibilos entre aplausos e berros de “goberne quen goberne Massó non se vende”, respondendo así á convocatoria de A RÍA NON SE VENDE a pesar de tratarse dun día laborable.

Seguir lendo

Comunicado de “A Ría Non Se Vende” sobre a ilegalidade da construción dos Silos no recheo de Bouzas

almacen-de-vehiculos-no-recheo-de-bouzas.jpeg

A construción dos silos para vehiculos no recheo de Bouzas é unha obra ilegal.

Desde a rede de colectivos A Ría Non Se Vende lembramos que as administracións públicas deben ser as primeiras en cumplir a lei, mais é inaceptabel que a Autoridade Portuaria de Vigo sexa a primeira en infrinxila, ademais coa conivencia de todos os partidos con representación no Concello de Vigo.

A construción dos silos en altura para almacén de vehiculos no recheo de Bouzas carece da obrigada licencia municipal de obras, polo tanto esiximos aos responsabeis do Concello de Vigo que paralicen estas obras de inmediato.

Seguir lendo

Concentración en apoio ao paro da pesca de baixura contra o porto deportivo de Massó en Cangas

cartaz200909111.jpg
Este vernes dia 11, a confraria de marinheiros de Cangas, junto com as outras confrarias da ria de Vigo, vam fazer um paro de toda a pesca de baixura, em protesta polas obras do porto desportivo de Massó, que de levar-se a cabo estragariam umhadas zonas de maior riqueza biológica da Ria de Vigoespecialmente rica em biodiversidade. Nela faenam arredor de 500 pessoase delatem-se sacado mais dumha tonelada de ameixa num só dia. Mas também polbo, camarom, navalha, ostra, centola, ourizos…

Alem desse paro vai haver umha concentraçom
às 11:00, diante das obras, em Massó, Cangas. No mar estaram concentrados os marinheiros com as suas embarcaçons, e em terra toda a gente que quera apoiar a sua luita. Participa!!!
NOM AO PORTO DEPORTIVO DE MASSÓ

Concentracións diarias diante de Caixanova polas obras de Massó

Concentración diante de Caixanova en Vigo

A rede de colectivos “A Ría Non Se Vende”, ven de organizar, durante todos os dias da pasada semana, concetracións informativas diante da oficina central de Caixanova, en Vigo, pola implicación que ten esta empresa financieira nas obras do porto deportivo de Massó en Cangas.

O PORTO DEPORTIVO DE MASSÓ é un atentado contra a ría de vigo promovido porCaixanova, socio maioritario de Marina Atlántica.

Ocupación lámina de auga: 212.348 m2; Recheos: 40.000 m2

CAIXANOVA, accionista maioritaria, pretende aquí o maior pelotazo urbanístico de Galicia Os beneficios netos para os promotores estarían entre 250 e 300 millóns de euros (entre 40.000 e 50.000 millóns de pesetas). Así se explica o cúmulo de irregularidades, ilegalidades e o escurantismo administrativo de todo este proxecto desde o seu inicio. E tamén a manipulación informativa e a durísima represión contra quen amosa a súa oposición ao mesmo.

Seguir lendo

O PXOM DE MOAÑA

NOTA DE PRENSA DE “A RÍA NON SE VENDE”

A RÍA NON SE VENDE PRESENTARÁ RECURSO
CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO CONTRA O PXOM DE MOAÑA

foto591.jpg

A Ría Non Se Vende é totalmente contraria á aprobación provisional do novo PXOM de Moaña, elaborado pola empresa Arteplan e aprobado o pasado 14 de agosto en pleno municipal cos votos a favor de BNG, PSOE, InMo e PP, xa que:

Este novo PXOM aprobado provisionalmente non foi exposto a unha nova información pública a pesares das modificacións substanciais realizadas. O 6 de maio de 2008 mediante resolución a Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Transporte (CPTOPT) denegáballe ó concello de Moaña a aprobación definitiva do PXOM aprobado inicialmente o 29 de setembro do 2005 e ordenáballe corrixilo.

Non contou unha vez máis coa participación democrática efectiva e real da cidadanía na súa elaboración, non cumpre coas necesidades reais do municipio e d@s seus veciñ@s e menos aínda coa protección e conservación do medio ambiente e os seus recursos.

Seguir lendo