O ASFALTO NON E PROGRESO: Manifestación contrao Plan Vigo Íntegra

cartelvi.jpg

Un Plan que arruinaría o territorio, a paisaxe, a natureza, a biodiversidade e o noso patrimonio material e inmaterial.
Un Plan que destruiría a nosa identidade.
Para saber ben o que pretende podedes ver este vídeo.

vervideo.jpg

Agardámosvos a tod@s o domingo ás 12 na Gran Vía de Vigo (Praza dos Cabalos) para camiñar xunt@s cara á retirada do Plan Vigo Íntegra, nunha manifestación convocada por 30 colectivos sociais, culturais e ecoloxistas de todas as vilas e comercas afectadas.
O Vigo Íntegra é un Plan baseado nun modelo obsoleto de transporte e mobilidade que esquece totalmente o transporte público e estimula a utilización do vehículo privado, xerando aínda máis contaminación e incrementando o consumo de petróleo.
Provocaría un enorme e irreversible impacto ambiental, social e económico, e a destrución do noso patrimonio cultural e arqueolóxico.
Malgastaría 2.000 millóns de euros de diñeiro público na construción de 243,8 quilómetros de novas autovías, asfaltando máis de sete millóns de metros cadrados de territorio, afectando gravemente ó concello de Vigo e ás comarcas do Morrazo, Baixo Miño, O Rosal, Val Miñor, Condado-Paradanta, A Louriña, Redondela e área sur de Pontevedra.
Este Plan pretende converter toda a área afectada nunha gran máquina económica: producir máis para consumir máis.
E para iso non dubida en destruír o territorio, a paisaxe, a natureza, a biodiversidade e o noso patrimonio material e inmaterial… Non dubida, polo tanto, en destruír a nosa identidade.
Non está feito para ti, senón contra ti.

Domingo 30 de novembro, ás 12:00
Pola retirada do Plan Vigo Íntegra
O ASFALTO NON É PROGRESO

Goberne quen goberne
A RÍA NON SE VENDE
GALIZA NON SE VENDE

Repressom contra a Ria Non se VendeQuem discrepa: paga

Defín Fernandez Álvarez (Subdelegado do governo em Pontevedra)Estes dias escomeçam a chegar as multas polo feche nas dependências da Xunta de Galiza em Vigo o dia 13 de Novembro, no aniversário da catástrofe do Prestige. Este acto totalmente pacífico foi reprimido pola polícia, sacando à gente que participou em el a empurrons e sem sequer permitir-lhes entregar o manifesto no registro. Pois bem, agora chegam multas às pessoas que participarom no acto, por: “Provocar reacçons no público que podam alterar a seguridade cidadam e desobedecer os mandatos dos agentes da autoridade na Plaça da Estrela…” multas por valor de 650 euros cada umha que entre todas somam varios miles de euros. Nom é a primeira vez que passa, já na toma simbólica da ilha de Toralha chgegarom varias multas e, hoje mesmo, um membro da Ria tivo um juiço por participar num acto pacífico contra a regata dos formula 1 do mar onde foi acusado de “Insultar, ameazar, amedrentar a dous polícias que tiverom que abandonar a zona e de impedir o passo às autoridades e participantes no acto”, acusaçons totalmente falsas.

Parece ser que o PSOE quere implantar o pensamento único na Galiza e nom vam permitir ningumha discrepancia com a sua nefasta política. Esta represom tem nome e apelidos de quem assina as multas que é o Sr. Delfin Fernandez Alvarez Subdelegado do Governo em Pontevedra

Charlas informativas pola retirada do Plano Vigo Íntegra, en Redondela e Mos

Os colectivos redondeláns integrados na Rede A Ría Non se Vende, quen suscribe, Organización Activista de Redondela (OAR), e a Plataforma Cidadá de Redondela Contra a Autovía, coorganizan en colaboración con Salvemos Monteferro e a Rede, unha charla informativa, previa a manifestación pola retirada do Plano Vigo Íntegra, que se celebrará, con saída ás 12:00 hs., dende a Praza de España, o vinderio 30 de novembro, na cidade olívica.

 Máis Info: http://oaredondela.blog.com/

MANIFESTACIÓN CONTRA O PLANO VIGO ÍNTEGRA.

mailgooglecom.jpeg30 colectivos, convocan unha manifestación Contra o Plano Vigo Íntegra co lema “O asfalto non é progreso”, o domingo 30 de Novembro ás 12, que sairá desde a Praza dos Cabalos e rematará na Porta do Sol.

O ASFALTO NON É PROGRESO

10 RAZÓNS PARA DICIR NON AO PLAN VIGO ÍNTEGRA

1.-
Está baseado nun modelo obsoleto de transporte e mobilidade, esquecendo totalmente o transporte público, estimulando a utilización do vehículo privado, xerando aínda máis contaminación (atmosférica e acústica) e incrementando o consumo de petróleo.

2.-As vías de alta capacidade provocan un enorme e irreversible impacto ambiental (erosión do solo, fragmentación do territorio, recheo de vales e leitos fluviais, perda de masa forestal e de biodiversidade, ocupación de solo rústico, etc.) e a destrución do patrimonio cultural e arqueolóxico.

3.-Tamén provocan un enorme impacto social e económico (expropiación de terreos privados, afección de vivendas, efecto barreira que racha e divide vilas e parroquias,etc.).

4.- O uso abusivo do vehículo privado é un dos principais responsables de emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera, causantes do cambio climático global.

Que o CHAN siga sendo DAS PIPAS

logo-nonopoligono.png A Continuación editamos unha carta dirixida aos políticos titulares da Presidencia, Vicepresidencia, Medo Rural, Medo Ambiente e Vivenda da Xunta, polo novo colectivo activista antipolígono de Mos-Redondela, nado recentemente na parróquia redondelá de Saxamonde, que se opón a un de tantos polígonos industriais que proliferan na contorna da cidade de Vigo, e da man do Plan Vigo Íntegra. O chan industrial, situaríase nun lugar conocido polo topónimo Chan das Pipas (Saxamonde) donde ocuparía 16 hectareas de monte comunal, pero tamén afecta a veciña parroquia de Vilar de Infesta e ao mosense, lugar de Arrufana (Loureiro-Mos). Podedes copiala carta e presentala ó voso nome no rexistro en calquera edificio administrativo da Xunta ou administración local pública (Casa do Concello) dotada do famoso portelo único. Máis información:

http://nonopoligono.blogspot.com/

http://oaredondela.blog.com/

Seguir lendo

AREA METROPOLITANA DE VIGO NON !!

Luita Verde en relación coa área metropolitana de Vigo, expón públicamente:

1) A área metropolitana de Vigo non foi consultada coa poboación en xeral.

2)Centraliza o urbanismo, servizos e o transporte cara a unha cidade, que promove especulativamente 140.000 vivendas novas, cando hai na actualidade máis de 20.000 valeiras, non se axusta co seu crecemento demográfico das últimas décadas e propón obras faraónicas moi custosas (macrohospital, macrodepuradora, macroporto, etc.), que supoñen un enorme impacto ambiental e hipotecan as inversións no resto da propia cidade e na área de influencia (O Rosal, Baixo Miño, Condado-Paradanta, Val Miñor, A Louriña, Redondela, O Morrazo e a área de Pontevedra) en materia social, de servizos e de infraestruturas.

3)Está directamente ligada co Plan Vigo Íntegra (250 kms. de novas autovías, e 85 kms. máis de estradas convencionais mal diseñadas, que supoñen a maior agresión ó territorio arriba citado en materia viaria na súa historia), pois necesita imperiosamente vías de alta capacidade para centralizar o transporte cara a tremendo crecemento da cidade, dentro do denominado transporte de mobilidade, que promove máis utilización do vehículo privado, altamente contaminante; e infraestruturas viarias asimesmo moi custosas, impactantes e desestruturadoras do territorio, incluido o AVE, que ademáis non resolven os problemas do transporte, senón que polo contrario, o agravan.

4)Pretende convertir o seu contorno xeográfico en pobos de segunda residencia, de reserva industrial e de ocio para a cidade, sin ter en conta o medio físico, a autonomía, a identidade e a socioeconomía de cada concello, comarca e/ ou mancomunidade. Suporá asimesmo a acta de defunción para o rural.

5)Cun área poboacional moi extensa ao seu servizo e uns presupostos millonarios vai crear grandes desigualdades sociais, ó concentrar tamén a economía nunhas poucas élites políticas e empresariais, e asimesmo falla de cohesión territorial, xa que chegará non só a competir en poder político e económico coa administración dos concellos e as comarcas senón coa mesma Xunta, sendo incluso unha lacra para o resto de Galicia.

6)Está baseada nun contexto mundial de globalización, libre mercado e privatización dos servizos públicos, que está a provocar un expolio dos recursos naturais e enerxéticos e a externalización da economía, de directa influencia co cambio climático, o éxodo masivo de inmigrantes e a crise enerxética planetaria.

Polo exposto, rexeita a creación da área metropolitana de Vigo, sexa de 14 ou de 28 concellos e por derivación o Plan Vigo Íntegra (xa alegado na súa contra en setembro), como asimesmo o AVE, por responder a un desenrolo a todas claras insostíble, máxime cando estamos entrando nunha fase de crise económica e financieira profunda, provocada precisamente por ese modelo centralizador e vinculado á economía do sector construtor e inmobiliario.
Como alternativa esixe un modelo de desenrolo urbanístico descentralizado, baseado no decrecemento e nas proximidades, que sexa axustado ás necesidades reais de habitabilidade, nas infraestruturas máis modestas e zonais (depuradoras, centros de abastecemento de augas, plantas de tratamento dos RSU, hospitais comarcais, locais educativos, sociais e deportivos, etc.) mínimamente impactantes e que cheguen a toda a poboación, como asimesmo no fomento do transporte de accesibilidade e colectivo, e a súa combinación (bus, barco e tren de proximidades); na creación dunha rede de carrís bici e sendas peatonais; e tamén fundamentalmente na eficiencia e o aforro hídrico e enerxético. Para iso ten que haber un fortalecemento e mellora da xestión dos concellos e , baseado nos conceptos mencionados e que se rixa polo concepto de solidariedade e complementariedade e non polo de “competitividade”.

Grupo Ecoloxista LUITA VERDE
O MORRAZO novembro de 2008