O tren, nas Corversas de Alén Nós

cartel_tren_copiacolor-2.JPG

A Asociación Cultural Alén Nós, de Redondela, dentro do ciclo habitual de charlas, debates, etc, organizan as próximas Conversas de Alén Nós, que co título Transporte por ferrocarril e alta velocidade, tratarán aclararnos a situación actual en Galiza, destes medios de transporte, e cal pode ser o futuro de ámbolos dous medios. Logo da conferencia establecerase, como é costume nas Conversas de Alén Nós,  un turno no que o público asistente podera plantexar as opinións, exposicións, preguntas, propostas, etc. que razonada, civica, respetuosa e ordenadamente considere.

Os conferenciantes invitados serán, Fernando Gómez Camarero, Coordinador Xeral da Plataforma Galega SALVA-LO TREN, e Rafael Camacho, representante da Sección Sindical da CXT do Ferrocarril de Pontevedra (integrante, tamén na Plataforma SALVA-LO TREN). Esperamos a vosa asistencia e participación activa, este venres, 17 de outubro, ás 20:00 hs. no Multiusos da Xunqueira (Paseo da Xunqueira, s/n) de Redondela.
 
Agradeceríase, que se sodes da Área de Vigo, imprimades o cartaz e o difundades, no voso barrio, ou nos medios (asembleas, xuntanzas, blogs, webs, xornais, radio, etc) das asociacións ou coletctivos nos que actuedes ou dos que participedes.

A RÍA NON SE VENDE EN CONCERTO

a-ria.jpg

Este sábado 18 de outubro a partir das 20:00 H. no Centro Social A Tiradoura de Cangas, concerto organizado pola rede de colectivos A RÍA NON SE VENDE coa participación de

KOGITO
Ska feito na Galiza

SOM DO GALPOM
Funky, reggae e rap dende as tebras de Compostela

LABREGOS DO TEMPO DOS SPUTNIK
Leo e Arremecajona + Gharcía (Dios ke te crew)

Pola tarde exhibición de graffiti a cargo de Sokram, Mou, Miska, Paula, Iste e Chek.
E ó remate dos concertos: Selecta in Helicopter + DJ Anthoni + Micro aberto.

Os colectivos de A RÍA NON SE VENDE queremos agradecer desde aquí a colaboración desinteresada de tódol@s participantes neste festival de loita e defensa da Ría de Vigo.
Goberne quen goberne a ría non se vende, Galiza non se vende!
Vémonos o sábado!

Visita ao proxectado parque acuícola de Nerga

oscastros02-copia.jpg
  A Ría Non Se Vende  organiza unha visita á zona designada polo recentemente aprobado Plan Galego de Acuicultura na ribeira norte da ría para a creación dun parque acuícola de 34.000 m2
    A visita será o sábado 4 de outubro. Quédase as 18 horas no bar O’Canizo, no núcleo de Nerga, na mesma baixada á praia, uns 500 mts antes dela.
Asistirá Manoel Santos, da Plataforma Medioambiental de Corrubedo, que dará unha charla sobre as implicacións da aprobación efectuada.
    Agradeceríamos a vosa presenza e que truxerades aparello fotográfico para realizar unha pequena exposición gráfica sobre a importancia paisaxística e medioambiental da zona.
Saúdos
tel.contacto:652848942