Un concerto autorizado nas Illas Cíes (Parque Nacional) trasládase a Illa de San Simón (Rede Natura 2000)

O desleixo das nosas autoridades, o seu desprezo pola natureza e a súa visión do territorio como simple recurso económico ou como simple soporte dun lecer indiscriminado provocan dous efectos perversos:

  • Por unha parte, a Rede Galega de Espazos Naturais protexidos ten unhas dimensións ridículas. A pesar dos convenios internacionais e das directivas europeas, Galicia só protexe o 11,6% do seu territorio, e isto sitúa ao noso País no último lugar do Estado (Media estatal: 27%; Asturias: 35 %; Madrid: 40%).
  • Por outra parte, o retraso na elaboración dos Plans de Ordenación, Uso e Xestión dos espazos naturais, e o propio modo de xestionar estes espazos, provocan que a exigua Rede Galega de Espazos Naturais careza dunha protección eficaz.

 Este desgraciado contexto é propicio a noticias como a que nos ocupa. Alguén decidiu, non sabemos con qué grado de inconsciencia, organizar un concerto nas Illas Cíes… nun Parque Nacional!. Un concerto non precisamente de suave e íntima música de cámara, diante dun público non precisamente reducido, calado e apacible, e nun horario non precisamente diurno. E alguén decidiu, ése sí, con plena consciencia, outougar o permiso.

 

Por se isto non abondase, ante a inmediata reacción das asociacións ecoloxistas os organizadores decidiron trasladar o concerto, e as autoridades decidiron trasladar o permiso, á illa de San Simón… no medio e medio dun Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA) e Zona Especial de Conservación (ZEC) da Rede NaturaSeguir lendo