O Plan Básico Autonómico publicado hoxe no DOG deixa de súpeto sen protección miles de hectáreas de chan natural protexido.

Coa aprobación definitiva do Plan Básico Autonómico, publicado hoxe no DOG, consumouse a perda de especial protección como espazos naturais en solo rústico para miles de hectáreas de chan natural galego que figuraban no Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia.

A entrada en vigor do PBA aparellará a desaparición das Normas Complementarias e Subsidiarias de planeamento das provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, que era onde figuraban os espazos naturais afectados e non se substitúen por outras, simplemente fanas desaparecer…

O PBA fuxe incluso de citar a existencia de espazos naturais a protexer. No seu caso só cabe xa a posibilidade de que por mandato explícito das propias Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento, segundo o artigo 28.1.3, se manteñan os espazos naturais no planeamento municipal que as substitúan que obriga á definición e tratamento do ámbito destes, para a súa ordenación a través dos correspondentes plans especiais.

60 Seguir lendo