Sabado 18, Roteiro contra o parque eólico no Morrazo

A Ría Non Se VendeEste sábado 18 de xuño a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza un roteiro para dar a coñecer a zona afectada polo proxecto de parque eólico que a multinacional italiana Enel Green Power España, pretende construir no Morrazo.

O roteiro que será circular sairá as 10 da mañá desde o parque forestal de Chan de Arquiña unha zona de enorme valor social, ecolóxico e patrimonial e transcorrerá durante 5 quilómetros por pistas forestais cun bo pavimento e unha dificultade baixa. Partirase desde unha altura de mais de 500 metros para ir subindo pouco a pouco até os altos de Monte Faro de Domaio, a mais de 600 desde onde se observarán unhas extraodinarias panorámicas da Ría de Vigo ata as Illas Cíes e tamén se poderá ver monte Formigoso onde poderían ir unha parte dos muíños proxectados.

O roteiro seguirá cara o Coto do Home, o punto máis alto da peninsula do Morrazo, cos seus 624 metros de altitude e permitiranos contemplar as Rías de Pontevedra, Arousa ata o Barbanza e tamén poderemos ver a serra de Domego onde irían outra parte dos muíños proxectados. Do outro lado tamén observaremos en toda a súa plenitude a enseada de San Simón.
Voltaremos pola zona afectada de Pedras Negras, con amplas vistas da ría de Vigo e a serra do Galiñeiro en fronte, tamén ameazada por un proxecto de parque eólico.
Durante o percorrido ademais das vistas cara as rías galegas os e as asistentes poderán observar tamén o enorme impacto visual doutros parques eólicos xa instalados na serra do Barbanza, serra do Suído e monte Faro de Avión. Seguir lendo

ESTE SÁBADO 11 DE XUNHO, MARCHA CONTRA CELULOSAS, SAIDA ÀS 19:30 DAS ALAMEDAS DE MARÍN E PONTEVEDRA.

Marcha contra as celulosasHAI RAZÓNS ABONDO PARA PARTICIPAR NA MARCHA CONTRA CELULOSAS
AAI razóns abondo!. Así reza o lema escollido este ano para dar publicidade á Marcha contra CELULOSAS, en clara referencia ás razóns que asisten á Xunta para non renovar as autorizacións ambientais a ENCE e a ELNOSA. E botamos man do noso lema para chamar á poboación da comarca a participar activamente na nova Marcha, porque son moitas as razóns para esixir a saída do complexo da Ría.

Lonxe de ser certo o que di ENCE (e o Comité de empresa) ENCE (e ELNOSA) segue contaminando a Ría e a atmosfera, segue destruíndo os recursos naturais, a economía da comarca e a calidade de vida da poboación. Impiden a posta en práctica dun modelo económico sustentábel no tempo, baseado na explotación racional do marisqueo, a pesca de baixura, os recursos forestais e turísticos, e seguen sendo dúas empresas ilegais pois non cumpren co establecido na lexislación en materia de medio ambiente. Seguir lendo

Comunicado da rede ARNSV en solidariedade co compañeiro Salva Gomes

A Ría Non Se VendeSolidariedade co compañeiro da RNSV, Salva Gomes

A rede de colectivos “A Ría Non Se Vende” manifestamos a nosa total e ampla solidariedade e respaldo ao noso compañeiro Salva Gomes que ingresou o pasado sábado 4 na prisión de A Lama para cumprir unha semana enteira privado de liberdade, como pago dunha multa de 90 € imposta por asistir a unha concentración pacífica e sen incidentes.

 

Esta medida tan enormemente desproporcionada e abusiva forma parte da escalada represiva, por parte do estado, contra os movementos sociais que traballan por cambiar esta sociedade policial e corrupta ao servizo dos poderes económicos, baseada na inxustiza, e mantida a base de manipulación e represión.

 

Neste caso foi o secretario do xulgado nº6 de Vigo o encargado de encarcerar ao noso compañeiro Salva, cunha escura manobra,  declarando que se negou a pagar a multa e afirmando que optou polo ingreso voluntario na cadea, cando iso é totalmente falso.

 

A xustiza segue como sempre baseándose na lei do funil, moi estreita para uns e moi ancha para outros.

 

Non lles chega con encher de multas abusivas de xeito indiscriminado e mallar coas porras dos seus antidisturbios a quen osa manifestarse contra este sistema, senón que meten a quen lles peta na cadea sen ningún motivo, mentres os corruptos e especuladores campan as súas anchas, impunes, por todas as institucións do estado.

 

LIBERDADE INMEDIATA PARA SALVA GOMES

DEPURACIÓN DE RESPONSABILIDADES

BASTA DE REPRESIÓN

 

A Ría Non Se Vende

Domingo 5 de Xunho MANIFESTACIÓN EN MUROS contra o cultivo industrial de Salmón

Galiza Non Se Vende  5 de xuño.  “Coas nosas rías non se xoga!”

Este vindeiro 5 de xuño, a “Coordenadora en defensa da ría de Muros e Noia contra o cultivo intensivo de salmón nas súas augas”, integrada por máis de 40 colectivos entre confrarías, organización de produtores/as, ecoloxistas, sindicatos, etc. convocamos unha manifestación en Muros baixo o lema “COAS NOSAS RÍAS NON SE XOGA”. O percurso reivindicativo partirá ás 12h dende do porto de Muros e rematará tras a lectura do manifesto cunha xornada de convivio e lecer. Facemos un chamado a todas as organizacións sociais sensibilizadas coa problemática do mar e do litoral para acudir a Muros este vindeiro domingo e reivindicar conxuntamente un futuro sustentábel para as nosas rías.