A RÍA NON SE VENDE APOIA A MANIFESTACIÓN CONTRA A “LEI DE AGUAS DE GALICIA”

Contra a Lei de Aguas de GaliciaMANIFESTACIÓN CONTRA A “LEI DE AGUAS DE GALICIA”

Este domingo dia 20 de Marzo ás 12:00 na Alameda de Compostela. Convoca a Plataforma contra a Lei de Aguas.

A rede de colectivos “A Ría Non Se Vende” apoia esta mobilización e está a organizar un autobús, xunto coa Marcha Mundial de Mulleres que sairá de Vigo ás 10:00 da Praça dos Cabalos. As persoas que esteades interesadas en ir con nós debedes apuntarvos no Centro Social A Revolta, rua real nº 32.

A “Lei de Augas de Galicia”, supón o apropiamento e a privatización de todas as augas do país, fixando un prezo a auga, un canon a maiores do prezo do subministro e do canón de vertido. Todas as augas sexan de subministro público ou veciñal, da superficie ou do subsolo, nazan en finca pública ou privada, incluso a da chuvia, de aproveitarse, haberá que pagar un prezo.

Seguir lendo

Nota de prensa do colectivo Bouzas-móvete sobre as desafortunadas declaracións de Corina Porro

Corina Porro xogando na praia a aterrar a ría de VigoDesde o colectivo Bouzas-móvete, integrado na rede “A Ría Non Se Vende”, as declaracións de Corina Porro sobre a marcha contra os recheos parecennos cheas de cinismo e hipocresía.


Non hai máis que ver a páxina da Autoridade Portuaria de Vigo para comprobar que pretenden rechear 71.500 m2 en Bouzas, 26.250 m2 no porto pesqueiro e 79.190 m2 en Guixar.

 

Un total de 176.940 m2 de recheos aos que Corina chama “cero recheos”. Parece que quen non atina muito é ela:

http://www.apvigo.com/control.php?sph=a_art_iia=383%%a_iap=1385%%a_art_iaa=200

http://www.apvigo.com/control.php?sph=a_art_iia=482%%a_iap=1386%%a_art_iaa=202

http://www.apvigo.com/control.php?sph=a_art_iia=375%%a_iap=1384%%a_art_iaa=214

 

 

Parécenos dunha cara dura increibel que fale de recheos cero, cando na actualidade, están aterrando en Guixar, a zona máis contaminada da ría debido á actividade portuaria, obras que provocan a posta en suspensión particulas contaminantes que podem chegar aos bancos de peixe e marisco co perigo de que entren na cadea trófica e afecte ás persoas que consumen os productos da ría.

Seguir lendo