SÁBADO 29 DE MAIO ÁS 11::00h ROTEIRO POLA XUNQUEIRA DO LAGARES

Desde a RNSV (rede formada por máis de 15 colectivos entre os que se atopa a Comisión viciñal de afectados pola depuradora do Lagares) queremos invitaros a tod@s a un roteiro polo humidal da Xunqueira do Lagares, paraxe natural valioso,que leva anos degradándose debido a instalación da depuradora na súa contorna. Hoxe en día está proxectado para o mesmo sitio unha macrodepuradora que lonxe de arranxar os problemas de contaminación da ría de Vigo o que vai facer é amplificalos.A nova macro-EDAR completaría a destrución irreversible da Xunqueira e dos seus valores naturais, ocuparía territorio e propiedades de xeito innecesario e inútil, e seguiría afectando á saúde e á calidade de vida dos veciños.

A ampliación e modernización da E.D.A.R. do Lagares xerará un impacto paisaxístico na zona afectada en xeral e xerará un impacto paisaxístico gravísimo no amial dá Carrasqueira xa que este desaparecerá para ser substituído pola nova E.D.A.R.

A zona da Xunqueira do Lagares conta con 5 hábitats de interés comunitario. No propio anteproxecto cítase a importancia destes cinco hábitats en diferentes parágrafos. Nun deles coméntase o seguinte: “Á marxe da flora catalogada, as especies e poboacións de maior interese son aquelas asociadas ás marismas, bosques pantanosos e ambientes doce-acuícolas pola súa relativa escaseza nel contexto xeográfico”. Noutro se incide sobre o mesmo argumento: “Os cinco Hábitats de Interese Comunitario localizados na área de estudo son hábitats escasos no contexto xeográfico rexional, por estar vinculados a ambientes de extensión reducida como son os marismeños, lagunares e pantanosos. Aínda que de todos eles existen mellores representacións na contorna da ría de Vigo, o seu interese é elevado pola súa relativa escaseza”. Estes hábitats sofrerán un grande impacto:

  • Terá un impacto severo coa consecuencia da extinción local do Hábitat de Interese Comunitario e considerado Prioritario denominado Bosques aluviaisAlnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)
    En concreto, o bosque aluvial ou amial dá Carrasqueira desaparecerá por completo baixo as obras proxectadas a pesar de posuír a catalogación citada no parágrafo anterior e a pesar de que esta formación vexetal ten unhas características únicas no Concello de Vigo.
    O propio anteproxecto di nun dos seus apartados “El anteproxecto da E.D.A.R. afectará maioritariamente a a unidade de vexetación dos bosques pantanosos” asumindo así os graves danos que se infrinxirán a este valioso hábitat, aínda que tamén cita a súa gran importancia ecolóxica: “Os bosques pantanosos terían maior relevancia pola súa rareza e a súa consideración de Hábitat de Interese Prioritario, e probablemente erixiríanse nas formacións vexetais de maior interese nel área de estudo”.
  • A ampliación e modernización da E.D.A.R. do Lagares afectará ao Hábitat de Interese Comunitario denominado Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas lamacentas ou areosas e afectará ao Hábitat de Interese Comunitario denominado Pasteiros de Spartina (Spartinion) e ao Hábitat de Interese Comunitario denominado Matogueiras halófitos mediterráneas e termoatlánticas e, tamén ao Hábitat de Interese Comunitario denominado Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition.
  • Afectará a unha comunidade de aves conformada por máis de 100 especies diferentes entre estivais , invernantes e sedentarias; tamén se verán afectadas once especies de aves presentes na zona afectada e que figuran no Anexo I da Directiva 79/409/CEE, do Consello, de 2 de abril de 1979, relativa á conservación das aves silvestres.

Consideramos alarmante e grave que, tanto a Consellería de Medio Ambiente , como a Consellería de Política territorial e o propio concello de Vigo, a pesar da lexislación vixente, consideren o emprazamento actual da EDAR do río Lagares como localización ideal e definitiva da nova depuradora (macrodepuradora) que ten de solucionar o problema de saneamento integral da Ría. O saber que isto significa a destrución total da marisma e por suposto, a comisión con pleno coñecemento de causa de infraccións graves contra a Lei de Costas e contra o Regulamento de Actividades Clasificadas, así como os delitos tipificados no Código Penal contra a ordenación do territorio.

POR TODO ISO E PORQUE É URXENTE DEFENDER UNHA PARAXE ÚNICA NO SUL DO PAÍS COMO É ESTA

ANÍMATE A PARTICIPAR CON NÓS NO ROTEIRO O SÁBADO DÍA 29 DE MAIO

Saída ás 11:00h desde a última ponte do Lagares (fronte ao polideportivo de Samil)

roteirolagares.jpg

MANIFESTO DE VIGO: A sociedade civil por unha relación sustentable co mar

programa.jpg Reproducimos a continuación o MANIFESTO DE VIGO, onde se recollen as Conclusións do Encontro Paralelo celebrado nesa cidade entre os días 27 de abril e 4 de maio, con motivo da reunión de ministr@s de pesca da Unión Europea.

O Encontro Paralelo á reunión ministerial foi unha iniciativa da Rede A Ría Non se Vende que contou coa participación de distintos colectivos de Galicia e do resto do Estado, con organizacións ecoloxistas estatais e internacionais (Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, WWF Adena, Océana) con movementos sociais, como a Marcha Mundial das Mulleres, así como representantes do sector marisqueiro e confrarías de pesca locais.

O Manifesto, asinado por máis de 70 colectivos, recolle os puntos fundamentais do documento elaborado ao longo do encontro (cuxo contido íntegro podedes ver aquí) que foi entregado por rexistro na Axencia Europea de Pesca, no Ministerio español de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e na Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

Para ler o manifesto preme en Ler máis

Seguir lendo

Xoves 13 de Maio: 2º Charla-debate sobre saneamento na ría

Escartazdepuradora-1.JPGta vez será en Vigo, ás 20:00, no auditorio do antigo reitorado, na rúa Areal.

Falarán:

  • Paco Diaz, do colectivo Salvemos Pontevedra, sobre a administración e as desfeitas na ría.
  • Pelayo Miguez, biólogo, sobre saneamento integral e efeitos da contaminación nos sectores produtivos.
  • Luis Alfonso Rodriguez, microbiólogo, sobre a contaminación microbiológica na ría.

Organiza: A Ría Non Se Vende

O DISCURSO DO MESTRE: Enrique Banet, Premio de Honra Fernado Rey nos Premios Mestre Mateo

O pasado xoves 15 de abril a Academia Galega do Audiovisual tivo o acerto de entregar o Premio de Honra Mestre Mateo ao noso querido compañeiro Enrique Banet en recoñecemento a toda unha vida profesional marcada polo compromiso. Un compromiso que, como el deixou ben claro, foi e vai sempre máis alá do que normalmente se entende por defensa da paisaxe e da biodiversidade para chegar a ser defensa do territorio, da vida, e da dignidade: Terra viva e vida digna para tod@s.

As palabras que pronunciou tras recibir o premio tiveron unha gran repercusión no país. Seguramente porque a súa firmeza e o seu contido quedaban moi lonxe do estilo habitual deste tipo de actos. Mesmo sorprendía escoitalas emitidas por unha canle de televisión. Por iso queremos ofrecelas hoxe aquí a todas e todos os que non tiveron a oportunidade de escoitalas aquel día.

Podedes velo aquí: Vídeo 1 e Vídeo 2
Parabéns e moitas grazas por todo, Enrique.