Campaña Bandeiras Negras 2008 iniciarase na Ría de Vigo

1809019749_1f5bace352.jpgCoa chegada do veleiro Deusa Maat a Vigo, o próximo 23 de xullo, Ecoloxistas en Acción, Verdegaia e a rede “A Ría Non se Vende” presentarán o informe “Bandeiras Negras 2008” sobre a alarmante situación dos ecosistemas litorais do Estado español, e concederán Bandeiras negras e Puntos Negros ás zonas máis agredidas do litoral vigués.

917218090_eafbde8001_m.jpgEste verán o veleiro Deusa Maat da confederación Ecoloxistas en Acción diríxese ao Mar Cantábrico para realizar unha análise da situación dos ecosistemas costeiros e mariños da zona e, ver como o estado destes inflúe sobre a economía e modos de vida das diferentes localidades costeiras, seleccionando algunhas das máis representativas para obter esta análise. O Deusa Maat conta con científicos mariños entre a súa tripulación que relacionarán os datos públicos dispoñibles cos datos obtidos coa instrumentación que conta o veleiro.

Ecoloxistas en Acción, a asociación ecopacifista galega Verdegaia e a rede “A Ría Non se Vende”, convocarán o mércores 23 de xullo, ás 11:00 horas, unha rolda de prensa no Porto de Vigo para dar comezo á campaña “Bandeiras Negras 2008”. Darase a coñecer en detalle a realidade do litoral español, galego e vigués.

banderas_negras.jpg Durante todo o día os colectivos ecoloxistas, veciñais e sociais colocarán Bandeiras Negras e Puntos Negros en diferentes praias e zonas litorais da Ría de Vigo ameazadas fundamentalmente pola especulación urbanística desmesurada, a ampliación de infraestruturas como o porto de Vigo e os portos deportivos, a escasa e inadecuada depuración das augas residuais, verteduras industriais, así como os recheos. Convócase a todas as persoas interesadas a participar nestas accións de denuncia. Tamén se pode visitar o veleiro Deusa Maat, durante o seu amarre en Vigo e en Cangas. Así mesmo haberá unha exposición e xogos didácticos.

Seguir lendo

MESA REDONDAsobreIMPACTO SOCIAL E AMBIENTAL DA MACRODEPURADORA EN CORUXO

venres 18 de xullo ás 8 da tarde

no Salón de Actos da A.V:V: de Coruxo

Intervirán:

Pelayo Míguez Baños
Biólogo. Director Técnico do Centro Analítico Míguez y Muiños:Situación actual da depuración na Ría de Vigo. Plans de futuro”

Diego Rodríguez
Asociación Ecoloxista Verdegaia:”Medio natural e Ubicación”

Nuria Vidal de Llobatera
Bióloga. Consultora Ambiental. Máster en ingeniería y gestión ambiental. Miembro de Ecologistas en acción:”La participación ciudadana en la toma de decisiones”

Modera:

Luis Alfonso Rodríguez
Microbiólogo. Director do departamento de microbioloxía da Universidade de Vigo. Campus de Ourense.

Organiza:
Comisión Veciñal de Afectados pola Depuradora do Lagares